jorgetuñas200417.jpgO Alcalde do Concello de Negreira, Jorge Tuñas Caamaño, vén de presentar hoxe a súa renuncia ó cargo, en virtude do acordo alcanzado no ano 2015 co partido Ciudadanos de Negreira, pola celebración do xuízo no que figura como investigado por unha suposta apropiación indebida de teléfonos móviles da súa anterior etapa como alcalde de Negreira, tralo anuncio realizado hoxe á veciñanza, a través da emisora municipal Radio Negreira.

 

Este venres 21 de abril, ás 20:00 horas, celebrarase un Pleno Extraordinario e Urxente para dar conta da súa renuncia. O proceso para a elección de novo alcalde contempla un prazo máximo de 10 días para a convocatoria dun Pleno.

 

Asume a Alcaldía en funcións, o segundo tenente de alcalde, Manuel Ángel Leis Míguez, do Partido Socialista. O ata agora rexedor municipal, Jorge Tuñas Caamaño, seguirá formando parte da Corporación Municipal como concelleiro electo do PSOE.

powered by social2s