Piano.jpgA Escola Municipal de Música de Negreira ten actualmente aberta a matrícula para o alumnado que cursou estudos musicais durante o presente curso, e cuxa audición de fin de curso terá lugar o venres 22 de xuño, ás 19:00 horas no Auditorio do Centro Sociocultural.

 

O día 2 de xullo ábrese o periodo de matrícula para o novo alumnado, ata o día 6 de setembro, polas tardes na Casa da Cultura, para un curso 2018-2019 que comezará no mes de outubro, e segundo informa o seu director, Raúl Martín Niñerola, este ano adiántase a presentación e asignación de horarios, concretamente ao venres 7 de setembro, ás seis da tarde, na Casa da Cultura, para que as familias poidan organizarse co resto de actividades deportivas e culturais.

 

Saxos.jpg

 

Entre as novidades para o vindeiro curso, Raúl Martín Niñerola avanza que en breve «tendremos una web propia», donde o alumnado, familias e público en xeral terán acceso a todo tipo de novas sobre a escola, as súas especialidades e os eventos que desenvolven durante curso. Polo de pronto, a Escola Municipal de Música vén de presentar o que é o seu novo logotipo.

 

escolamusicalogo.png

As especialidades que son impartidas na Escola Municipal de Música son as que seguen: Frauta; clarinete; saxofón; trompeta; trombón; trompa; bombardino; tuba; percusión; guitarra; piano; violín e gaita.

powered by social2s