O keniano Titus Kipjumba Mbishei, subcampión do mundo na distancia de 10.000 metros, na categoría xúnior en 2008, e o seu compatriota Emanuel Bor, non decepcionaron nos pronósticos, nunha carreira que dominaron dende o principio, descolgándose dos outros catro corredores que formaron un grupo de seis atletas nos primeiros dous quilómetros. A partir do primeiro paso por Pedra Mámoa, os dous kenianos fóronse ata compretar as dúas voltas ao circuito.

 

Kipjumba e Bor cruzaron a liña de meta con só dous segundos de diferencia cun crono de 29:01 e 29:03, respeitivamente, mentres que o marroquí Hadout, finalizaba a carreira cun tempo de 30:12. Cuarto foi o portugués Nuno Filipe Ribeiro, recente vencedor na Pedestre de Santiago e afincado en Oroso.

 

O mellor atletas galego da xornada foi o marroquí afincado en Ourense, Hassan Lekhili, quinto con 31:21, e a continuación entrou o leonés, Iván Cánovas, con 31:59. Do sétimo ao décimo posto chegaron os corredores galegos: Luis Iglesias Raña; Iván Docampo; Rubén Caamaño e Cristián Muiño. No apartado local así quedou o pódium final: Luis Calvo; Rubén Martínez Mayo e Jorge Crespo Arias.

 

Tampouco houbo grandes sorpresas entre as féminas. Kaoutar Boulaid, atleta keniana proclamouse campiona cun tempo de 34:22. Nazha Machrouh e a olímpica portuguesa, Marisa Barros, compretaron o podium con tempos de 34:53 e 35:30, respeitivamente.

 

Joselyn Brea, venezolana afincada en Pontevedra foi cuarta e, a lusa Clarisse Cruz, quinta. A sexta praza foi para Daniela Sousa. A primeira galega foi Rocío Alvite, de Mazaricos, seguida de Raquel Suárez. No apartado local: Irma Oroña; Laura Liñares e Mercedes Freire.

 

Por categorías, na sénior os vencedores foron Iván Docampo e Raquel Suárez. Na categoría promesa, destacou o triunfo do corredor negreirés Youssek Kouaou, e Carla Penabaz no apartado feminino. En xúnior foi Borja Castro e, na categoría de veteranos proclamabase vencedor un atleta veciño de Negreira como e Luis Calvo Castro, xunto a Johana Torres.

 

Na clasificación final por equipos resultou vencedor o Atletismo Sar Vermú Petroni, seguido do Atletismo Arenteiro, e en terceiro lugar o Atletismo Milladoiro.

 

Máis de 1.000 atletas escolares disfrutaron de unha mañá deportiva polas rúas dunha vila ateigada de espectadores que non deixaron de animar a tódolos participantes durante a xornada marcada pola excelente climatoloxía e un gran ambiente de público en todo o circuito.

powered by social2s