Covid G

Dende o Concello quérese agradecer á cidadanía de Negreira a responsabilidade e cumprimento das medidas de prevención para reducir o número de contaxios da Covid-19, e que a día de hoxe, venres 11 de setembro, sitúanse en 21 casos activos, logo de comezar a presente semana con 27 casos, segundo a información facilitada polas autoridades sanitarias.

 

Lembramos que seguen vixentes as medidas de prevención que, con carácter xeral, se estableceron no acordo do Consello da Xunta de Galicia do 12 de xuño de 2020, de cara a facer fronte á crise sanitaria desatada pola nova enfermidade, polo que cómpre seguir nesta mesma liña de responsabilidade, prevención e moita prudencia no noso día a día.

 

 

Dende a Alcaldía, Manuel Ángel Leis Míguez apela á "responsabilidade e sentidiño á hora de facer as cousas", recalcando que a situación "é a que é, e isto non rematou, polo que temos que aprender a convivir co virus", manifestou o alcalde.

powered by social2s