Xa podes consultar neste enlace https://goo.gl/kWmjbn o mapa en liña dos recursos turísticos do concello de Negreira.

Dende a sección de turismo do concello estamos a tirarlle proveito ás novas tecnoloxías e empezamos este ano a xeolocalizar os elementos máis senlleiros do noso concello, para facer un mapa en liña fácil de consultar e tamén de actualizar. Este mapa en lina quere recoller os sitios máis fermosos para visitar do noso concello, as rutas para percorrer, pero tamén a información básica e localización dos servicios e equipamentos do concello. Para facer máis accesible a información, agrupámola segundo varios temas: Que facer, que visitar, onde aloxarse, onde comer, onde tomar algo... así como un grupo que inclúe a información e localización dos servizos do concello, o trazado do camiño de Fisterra-Muxía e a situación das nosas parroquias.

Neste mapa en liña recollemos información útil para os que nos visiten, pero tamén para a veciñanza de Negreira que queira descubrir o noso concello. Podes activar e desactivar estes grupos de información, e deixar á vista só a información que te interese ver. Ademais podes empregar este mapa no teu móbil ou tableta, xa que o podes abrilo dende a aplicación de Google Maps e así, chegar aos sitios que te interese visitar e consultar a información asociada a cada punto, aproveitando así as capacidades de xeolocalización do teu dispositivo.

Sabemos que é un mapa incompleto, seguro que falta información, faltan fermosos sitios, recunchos singulares, historias fermosas... Para lograr facer un mapa completo e sen erros, precisamos a túa axuda. Se detectas erros ou que falta algo, por favor comunícalo no correo Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.. Integraremos a túa suxestión o antes posible.

powered by social2s