Servizos Tributarios 2

Ata o momento o pagamento de impostos coma o Imposto de Bens Inmobles (IBI) e o Imposto sobre Vehículos de Tracción Mecánica (IVTM), que os concellos delegan na administración provincial, realizábase nun único prazo de forma xeral. Ademais, tamén se establece a opción de pagar en dous prazos en período voluntario, para os contribuíntes que o prefiran.

 

Os contribuíntes interesados en acollerse ao pago a prazos poden solicitalo en liña ata o 30 de abril na Oficina Virtual Tributaria (OVT) ou de forma presencial en calquera das oficinas tributarias da Deputación da Coruña

Co obxectivo de facilitar o cumprimento das obrigas tributarias, establécese este sistema especial de pagamento de cotas por recibo que permitirá a quen se acolla flexibilizar os ingresos correspondentes ao periodo voluntario, puidendo dividir o pagamento en 10 mensualidades a partir de 2022 e 7 prazos durante este primeiro ano de vixencia.

 

As e os contribuíntes interesados/as en acollerse a este plan individualizado deberán presentar a súa solicitude antes do día 30 de abril de 2021. Poderán solicitalo a través da web da Deputación www.dacoruna.gal (Servizos Tributarios/Impresos), da Oficina Virtual Tributaria (OVT) ou en persoa a través de calquera das oficinas tributarias da Deputación da Coruña.

 

Os modelos de solicitude poden solicitarse tamén a través do teléfono gratuíto 900 132 204 ou do correo electrónico: Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.

 

Dous períodos de pagamento en período voluntario

Entre as novas medidas tamén se establecen dúas datas de pagamento voluntario, o que permitirá á cidadanía que prefira pagar os seus recibos dentro do período voluntario, facelo en dúas metades.

 

Para calquera dúbida ou consulta, a Deputación mantén aberto o Servizo de Atención ao Contribuínte a través do teléfono gratuíto 900 132 204 e do correo electrónico Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo., así como a Oficina Virtual Tributaria (https://www.dacoruna.gal/servizos-tributarios/oficina-virtual/) na que se poden realizar trámites, consultas e xestións as 24 horas do día, os 365 días do ano.

powered by social2s