O Club de Debate xa ten os dous primeiros equipos clasificados para a final do día 6 de maio en Compostela, logo da Fase de Zona celebrada o pasado sábado en Pontevedra, onde o Equipo 2 do IES Xulián Magariños acadou a clasificación coma primeiro cunha puntuación final de 444 puntos, seguido do equipo do IES Luís Seoane, de Pontevedra, que obtivo 409 puntos, e o Equipo 1 do IES Xulián Magariños, na terceira posición con 404 puntos, a só cinco dos pontevedreses.

 

 Os nosos parabéns aos dous equipos de Negreira que participaron en Pontevedra, logo de encadear unha clasificación para a gran final do Club de Debate en Galicia, por terceiro curso consecutivo.

 

Noraboa a todas/os polo enorme traballo realizado, e ás súas coordinadoras, María Blanco e Ana Barrientos, así como ao Servizo de Normalización Lingüística que acompañounos por medio de Carme Pereiro, xunto coa concelleira de Educación e Servizos Sociais, María Jesús Veiga Hortas.

 

Parlamento xove

 

Non houbo a mesma sorte na outra fronte de debate que é o Parlamento xove no que o IES Xulián Magariños participou por primeira vez con outros dous equipos, taméne ste sábado na cidade de A Coruña. Quedaron novenos e só clasifícanse oito para a final, os que gañan os tres debates, polo que os de Negreira que perderon un deses tres debates, non optan á final, se ben as puntuacións obtidas son mellores que algúns equipos clasificados, ademais de que o alumno de 4º da ESO, Jonathan Blanco Vieites fose elixido como un dos mellores oradores do torneo e deberá recoller o seu premio no Parlamento Galego.

 

powered by social2s