clausura07 1.jpgO Pavillón Municipal de Pedra Mámoa acolleu onte a xornada de clausura da tempada 2016-17 das Escolas Deportivas Municipais cunha mostra dun bo número de disciplinas deportivas que son impartidas para os rapaces e rapazas do noso concello, entre os meses de outubro e maio, e nas cales participaron máis de 400 alumnos/as.

 

Fútbol sala, patinaxe, baloncesto, kárate, tenis, ciclismo, atletismo e ximnasia rítmica, xunto coas actividades de predeporte e multideporte que se imparten no CEIP O Coto, así como as de ximnasia de mantemento, conforman a ampla variedade de disciplinas que oferta anualmente o Concello de Negreira.

 clausura07 3.jpg

 

O acto de clausura contou coa participación do alcalde, Manuel Ángel Leis Míguez, e mailo concelleiro de Deportes, José Daniel Casal Leis, xunto cos monitores/as das diferentes escolas deportivas que realizaron exhibicións sobre a pista de xogo e cunha bancada ateigada de xente que desfrutou coas demostracións levadas a cabo ao longo de toda a tarde.

 

clausura07 2.jpg

 

Os alumnos/as recibiron un agasallo do Concello de Negreira unha vez que foron rematando as súas exhibicións.

powered by social2s