A Feira Internacional de Turismo de Madrid (Fitur), que se celebra do 22 ao 26 de xaneiro no recinto de Ifema, vai servir de marco de presentación da incorporación do núcleo de A Ponte Maceira á rede dos Pobos máis fermosos de España, coa entrega de acreditacións e a presentación do vídeo das 15 novas localidades que dende o pasado día 1 de xaneiro entraron a formar parte desta asociación, na que se inclúe como terceiro pobo de Galicia e primeiro da provincia da Coruña, á localidade de Negreira.

 

 

Trátase da única incorporación galega, nun acto que terá lugar este venres 24 e que contará coa participación da vicepresidenta de Transición Ecolóxica, Teresa Ribeira. O Concello de Negreira estará representado polo seu alcalde-presidente, Manuel Ángel Leis Míguez, e mailo concelleiro de Comercio, Turismo e Industria, Juan Plata Barbazán.

 

A Ponte Maceira sumouse este ano 2020 a un conxunto de pobos recoñecidos como xoias patrimoniais de España do que xa forman parte Mondoñedo e Ponte Caldelas, polo que a localidade de Negreira vai sela terceira de Galicia.

powered by social2s