A concesión de axudas ao aluguer, mediante adxudicación directa, están dirixidas ás persoas arrendatarias de vivenda habitual que, como consecuencia do impacto económico e social da Covid-19 teñan problemas transitorios para atender ao pago parcial ou total do aluguer.

 

Especificamente, o programa inclúe no seu obxecto a concesión de axudas para facer fronte á devolución das axudas transitorias de financiamento recollidas no artigo 9 da Real Decreto-Lei 11/2020, polo que se adoptan medidas urxentes complementarias no ámbito social e económico para facer fronte ao COVID-19 e contraídas por arrendatarios de vivenda habitual, a cuxa devolución non puidesen facer fronte.

 

As axudas teñen carácter finalista, e por tanto non poderán aplicarse a outro destino que o pago da renda do aluguer, ou a cancelación, total ou parcial, das axudas transitorias de financiamento reguladas no artigo 9 do Real Decreto-Lei 11/2020.

 

Para máis información e presentación de solicitudes, poden poñerse en contacto co departamento de Servizos Sociais do Concello de Negreira, a través do número de teléfono: 981 885 381.

powered by social2s