DSC 2899

Trátase de axudas económicas, en réxime de concorrencia non competitiva, dentro do programa Respiro familiar, para facilitar a conciliación da vida persoal, familiar e laboral das persoas coidadoras para o exercicio 2023 e convocadas pola Xunta de Galicia.

 

Modalidades

1. Respiro no fogar, para financiar a atención puntual, integral e directa no propio fogar da persoa dependente ou con discapacidade.

A axuda consistirá nunha achega para contribuír ao pagamento do servizo de atención a maiores a domicilio para atender necesidades puntuais nos supostos convenientemente acreditados. A través desta modalidade, prevista para dar resposta ás demandas concretas das familias por espazos de tempo definidos e non moi longos, prestarase unha atención integral e directa no propio fogar da persoa dependente ou con discapacidade co obxectivo de manter estas persoas no seu domicilio e ofertar ao seu coidador habitual a posibilidade de dispoñer dunhas horas para o seu descanso persoal ou ben para cubrir as súas necesidades puntuais derivadas da conciliación das obrigas laborais e persoais e as responsabilidades familiares que se produzan.

 

Contía da axuda:

Pode acadar ata o 100 % do custo das actuacións previstas na relación da epígrafe anterior cun máximo de 1.000 euros por beneficiario/ano, que se fará efectiva unha vez que se presente a documentación xustificativa

 

2. Modalidade de respiro en centro de día, para financiar os gastos da atención puntual, integral e directa en centros de día da Comunidade Autónoma de Galicia.

A axuda consistirá nunha achega para contribuír ao pagamento do servizo de atención no centro de día para atender as necesidades puntuais nos supostos convenientemente acreditados.

O obxectivo desta modalidade é atender a persoa dependente, con discapacidade ou con necesidade de terceiros para as AVD no centro de día e ofertarlle ao/á seu/súa coidador/a habitual a posibilidade de dispoñer dunhas horas para o seu descanso persoal ou ben para cubrir as súas necesidades puntuais derivadas da conciliación das obrigas laborais e persoais e as responsabilidades familiares que se produzan.

A axuda consistirá nunha achega que pode acadar ata o 100 % do custo das actuacións subvencionables, cun máximo de 1.000 euros por persoa beneficiaria/ano, que se fará efectiva unha vez que se presente a documentación xustificativa.

 

3. Respiro en residencia, para financiar estadias temporais en centros residenciais da CA de Galicia.

Axuda para contribuír ao pagamento da residencia ante unha necesidade puntual nos supostos convenientemente acreditados.

Serán as persoas coidadoras solicitantes da subvención as que aboen o importe total da estadía que hai que pagar.

Para dar resposta á necesidade de descanso da persoa coidadora, esta modalidade prevé a posibilidade de que a persoa en situación de dependencia ou con discapacidade poida acceder temporalmente a un centro residencial dotado dos recursos necesarios para prestarlle unha atención integral.

 

Contía da axuda

Consistirá nunha achega que pode acadar ata o 100 % do custo das actuacións previstas na relación anterior cun máximo de 1.500 euros por beneficiario/ano, que se fará efectiva unha vez que se presente a documentación xustificativa.

Serán subvencionables os gastos xerados no ano 2023 dos servizos constituídos polas actuacións que se desenvolvan no período comprendido entre o 1 de xaneiro e o 30 de novembro de 2023.

 

Beneficiarios 

Persoas coidadoras habituais non profesionais que atendan de forma continuada unha ou máis persoas dependentes ou con discapacidade ou en situación de necesidade de terceiros para as actividades da vida diaria, acreditada mediante informe médico e social.

 

Requisitos para acceder á subvención

Para que a persoa coidadora sexa beneficiaria da subvención é necesario que concorran os seguintes requisitos:

1. Que ben a persoa coidadora solicitante da subvención ou ben a persoa ou persoas que atenda sexan residentes na C.A. de Galicia.

2. Que a persoa a que se atende presente calquera das seguintes situacións:

1 - Discapacidade física, psíquica ou mental con necesidade de axuda de terceiras persoas para as actividades da vida diaria, e ter recoñecida polo organismo competente unha discapacidade en grao igual ou superior ao 75 %

2 - Ter recoñecida a situación de dependencia polo organismo competente; grao II ou III.

3 - Que a persoa a que se atende presente unha situación de necesidade de terceiros para as actividades da vida diaria, acreditada mediante informe médico e social.

 

Prazo

Ata o 30 de outubro de 2023

 

Solicitudes

https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?langId=es_ES&codtram=BS614B

 

powered by social2s

Servizos S

O Concello de Negreira, a través da Concellaría de Servizos Sociais, informa da convocatoria anual de concesión de axudas económicas para sufragar a compra das vacinas non financiadas polo Sistema Xeral da Seguridade Social.

Os requisitos de acceso son os seguintes:

- Persoas con escasez de recursos económicos

- Levar un mínimo de 6 meses de empadroamento en Negreira

As vacinas contempladas son as seguintes:

- Bexsero

- Rotavirus

- Virus papiloma humano

O prazo de solicitude permanece aberto durante todo o ano e as solicitudes deben presentarse no departamento de Servizos Sociais.

 

powered by social2s

a deputacion financia con 112000

A institución provincial ven de publicar a concesión do programa de Servizos Sociais Comunitarios 2023, que no conxunto da provincia presenta un investimento de 8,3 millóns de euros para os concellos de menos de vinte mil habitantes. Este ano increméntanse 24.000 horas máis de atención.

 

En Negreira fináncianse 3.525 horas do Servizo de Axuda no Fogar (SAF), cuxo investimento é de 112.300 euros. Isto permite contratar a tres traballadoras nos Servizos Sociais Comunitarios.

powered by social2s

DSC 2897

A Corporación Municipal de Negreira celebrará unha sesión extraordinaria do Pleno municipal, o martes día 2 de maio, a partir das 10:00 horas no salón de plenos da Casa do Concello, conforme á seguinte Orde do día:

Punto único.- Sorteo para a formación das mesas electorais a constituir con ocasión das Eleccións Municipais que se celebrarán con data de 28 de maio de 2023.

Attachments:
Download this file (Convocatoria.pdf)Convocatoria.pdf
powered by social2s

vcn23 artistasconfirmados optimized 1

 A Delegación de Cultura presenta un avance dos artistas e datas confirmadas do Verán Cultural 2023 do Concello de Negreira, coa colaboración da Rede Cultural da Deputación da Coruña:

 

AILÁ (sábado 13 de maio) Este cuartero de música tradicional presenta unha proposta artística inspirada na recollida dos cantos de transmisión oral de Galicia. As súas cancións están pensadas para bailar e disfrutar da música galega dende un prisma moderno e contemporaneo.

 

Foron seleccionados para representar a Galicia no “Celtic Connection 2020” e ese mesmo ano gañaron o premio Interritmos.

En Negreira estarán acompañados pola BANDA MUNICIPAL ATENEO cun repertorio preparado para celebrar a Semana das Letras Galegas

 

SÉS (16 de xuño) Chega a Negreira o fenómeno musical dos últimos anos na escea galega. Diante un eco é o oitavo traballo discográfico da cantautora galega. Un título que fai referencia á concepción cíclica da historia, tristemente avalada pola deriva sociopolítica dos nosos días.

 

Diante un eco é tamén para SÉS unha volta aos inicios, pero desde o oficio e a madurez, e sobre todo desde unha visión alternativa da sofisticación, horizontal e intercultural. Unha sólida reafirmación na estética popular da que a cantora se considera amante e deudora, sen complexos e sen renunciar á calidade poética que a caracteriza.

 

SÉS, acompañada de toda a súa banda, voltará pisar as táboas dos principais escenarios de Galicia, do estado español e de Latinoamérica para presentar ao vivo este novo disco.

 

TREIXADURA (sábado 19 de agosto)  O grupo Redondelán formado en 1990 presenta un espectáculo musical único e sorprendente.

A música tradicional observada desde dúas concepcións ben arraigadas: o canto e a gaita. No seu percorrido  foi transformando o seu estilo, sen renunciar ao seu son característico. Fieis ao compromiso co seu público, tentando  elevar a música tradicional ao máximo nivel.

 

Ao longo da súa traxectoria son moitas as melodías que rescataron do anonimato e outras tantas creadas para que a cadea de transmisión da música tradicional continúe viva.

 

LEILÍA (sábado 19 de agosto)  Foron as pioneiras en tocar a pandeireteira nos seus concertos desde os seus inicios alá polo verán de 1989. Dende os anos oitenta percorreron as aldeas galegas recompilando músicas e bailes tradicionais. Mercedes Rodríguez, Montse Rivera e Felisa Segade facían parte da agrupación compostelá Cantigas e Agarimos. Felisa impartía, ademais, aulas de canto e pandeireta en Cacheiras. Alí entrou en contacto coas irmáns Ana e Rosario Rodríguez, e con elas configurouse o grupo.

 

En 1994, cos froitos das recollas de campo, publicaron o seu primeiro disco: Leilía. Un álbum de pouso etnográfico que mudou o panorama da música galega de raíz, pois até daquela esta asociábase principalmente á gaita, e non existían grupos de pandeireteiras que actuasen por si propias, separadas das formacións folclóricas.

 

A este primeiro traballo discográfico seguíronlle outros catro, e multitude de concertos, espectáculos e recoñecementos, nunha longa carreira de máis de trinta anos.

 

Neste ano coa xira Vidas Cantadas, anunciaron a súa despedida dos escenarios, polo que Negreira será unha das últimas ocasións para disfrutar dun dos grandes referentes da nosa música tradicional.

 

powered by social2s