respira2024.jpg

Unha vez rematado o prazo de inscrición do programa do Campamento Urbano Respira e reunido o persoal do Centro de Información ás Mulleres do Concello de Negreira, procédese a publicar a listaxe definitiva de admitidos/as e excluídos/as para as quendas deste verán.

 

O Campamento Urbano Respira contará nesta edición cun total de 96 participantes entre xullo e agosto que estarán integrados nun servizo que serve para axudar a pais e nais a conciliar no ámbito laboral.

 

Ademais o concello dispón tamén doutros servizos como o Diververán, dirixido a rapaces e rapazas con idades comprendidas entre 4 e 12 anos que a partir do luns día 1 de xullo, se incorporan as sesións de manualidades e xogos programadas polos monitores.

 

powered by social2s

Negreira_Expo_cadrada.png

A exposición achega á cidadanía as políticas da Unión Europea para conseguir a neutralidade climática nas vindeiras décadas. A nosa vila tamén acolle unha actuación de malabares, equilibrios e acrobacias na rúa, con motivo da súa inauguración, este venres 28 de xuño ás 20:00 horas no Parque do Coto.

 

Esta mostra sobre as políticas verdes da Comisión Europea poderá visitarse durante dúas semanas, ata o 12 de xullo, no Parque do Coto, na capital do Val de Barcala.

 

O Pacto Verde Europeo é a folla de ruta da Unión Europea para avanzar cara un sistema económico sostible, moderno e competitivo que sexa capaz de facer un uso eficiente dos recursos. Como se explica de maneira accesible nos paneis, o obxectivo inicial é reducir as emisións nun 55% ata 2023 como primeiro paso para acadar a neutralidade climática no ano 2050.

 

A mostra está acompañada dunha actuación artística que introducirá ao público na temática medioambiental a través de malabares, acrobacias e equilibrios. A cita é o venres 28 de xuño ás 20 horas na pista polideportiva do Parque do Coto.

 

Despois da parada en Negreira, esta expo itinerante, que xa pasou por Carral, visitará os concellos de Rianxo e Lousame.

 

Experiencia interactiva

A mostra busca tamén a participación do público asistente a través de dúas experiencias interactivas ás que se pode acceder dende o teléfono móbil. A primeira delas é Estación Verde, un entorno virtual en 3D no que se aloxan vídeos realizados polo alumnado de centros galegos con consellos sobre sostibilidade, contidos didácticos, unha versión virtual da mostra e un punto informativo sobre as funcións do centro EUROPE DIRECT A Coruña, aos que se pode acceder escaneando códigos QR.

 

Tamén está dispoñible o xogo Pacto Verde Europeo, un escape room online deseñado para poñer a proba os coñecementos sobre o coidado do medio ambiente do público de todas as idades. Pódese acceder ao mesmo a través da páxina web: https://www.dacoruna.gal/europedirect/escaperoom/

 

EUROPE DIRECT A Coruña é un centro de información oficial da Comisión Europea que pertence á Deputación da Coruña. A misión do centro, que iniciou a súa traxectoria no ano 1996, é traballar coa cidadanía, os medios de comunicación e as entidades locais cos obxectivos de implicar á poboación en temas europeos, así como proporcionar contidos sobre as políticas e as prioridades da UE. Tamén axudar á Comisión Europea a adquirir unha visión xeral das sensibilidades locais relacionadas coas súas políticas e promover a cidadanía europea activa nas escolas.

 

Para información complementaria, pódese contactar a través do correo electrónico Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo., ou ben, no número de teléfono 981 080 331.

 

Hai tamén máis información dispoñible na seguinte web: https://www.dacoruna.gal/europedirect/europe-direct-coruna/agenda/2024/exposicion-itinerante-pacto-verde-europeo/

 

powered by social2s

Concello2

DECRETO DE CONVOCATORIA DE SESIÓN EXTRAORDINARIA DO PLENO DA CORPORACIÓN

Don Manuel Ángel Leis Míguez, Alcalde-Presidente do Concello de Negreira (A Coruña);

En virtude do disposto no artigo 21 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das Bases do Réxime Local así como nos artigo 41 e no artigo 77 e seguintes do Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais, aprobado por Real Decreto 2568/1986, de 28 de novembro,

 

RESOLVO

PRIMEIRO.- Convocar ó Pleno da Corporación en sesión extraordinaria, o día 14 de xuño de 2024, ás 10:00 horas, no Salón de Plenos da Casa do Concello coa seguinte:

 

Orde do día

Único.- Toma de razón da renuncia presentada polo Concelleiro don Iván Guardado Porto.

 

SEGUNDO.- Que pola Secretaría se leven a cabo os trámites legais oportunos para a convocatoria e notificación dos Señores/as Concelleiros/as e para a súa publicación no Taboleiro de anuncios do Concello.

 

powered by social2s

LOGO 1-07.png

A Escola Municipal de Música de Negreira (EMMN), presenta o horario das materias grupais do curso 2024-2025 e os días en que están na escola os profesores de instrumento para as clases individuais.

 

O horario exacto das clases de instrumento darase o venres, día 20 de setembro, ás 18:00 horas, sendo a data fixada para a presentación do curso no auditorio Afonso Eanes do Cotón.

 

Matrícula

O prazo para renovar a matrícula comprende dende o 24 de xuño ao 8 de xullo de 2024. E para o novo alumnado, vai dende o 9 de xullo ao 13 de setembro de 2024. De forma presencial no Rexistro Xeral do Concello, ou de forma telemática, a través da sede electrónica do Concello de Negreira.

 

powered by social2s

foto natacion 24.jpg

O Concello de Negreira informa que o sábado, día 15 de xuño, abrirán ó público para a tempada estival, as dúas piscinas municipais ao aire libre do Parque do Coto, prolongándose a tempada ata o día 15 de setembro.

 

O seu horario de apertura durante os meses de xuño e setembro será de 16:00 a 20:30 horas; e durante os meses de xullo e agosto, de 10:00 a 15:00, e de 16:00 a 20:30 horas. O prezo da entrada será de 1 euro.

 

Abonos

- Mensual: 10 €
- Tempada: 20 €
- Familiar: 30 €
- Familia numerosa: 40 €

 

Cursos de natación

Durante os meses de xullo e agosto, de luns a venres, e en horario de mañá, haberá cursos intensivos de todos os niveis dende os 2 anos, mediante o pago dunha cota de 8 euros, entregándose o xustificante do ingreso bancario e maila solicitude cuberta, na Delegación de Deportes, na primeira pranta da Casa da Cultura (Carreira de San Mauro, 11), ou ben remitindo o impreso e mailo xustificante á seguinte dirección de enderezo electrónico: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

 

powered by social2s