Dentro da potenciación do deporte e a vida saudable no noso concello, este mércores 25 levouse a cabo unha xornada de achegamento ó tenis de mesa entre os estudantes do instituto Xulián Magariños, xornada promovida polo Concello de Negreira, a cargo de membros do club Oroso Tenis de Mesa.

A idea municipal é a de impulsar unha futura escola municipal de tenis de mesa, a cal xa foi ofertada ós veciños/as a comezos do presente curso, pero ca non cuaxou entre a veciñanza, de aí, a idea de facer esta xornada de exhibición no IES de Negreira.

powered by social2s

A veciñanza de Negreira respondeu ó chamamento da Asociación de Empresarios (ENe), e mailo Concello de Negreira, mediante unha concentración diante da Casa do Concello este mércores pola noite, onde gardáronse cinco minutos de silencio en memoria de tódalas vítimas da violencia de xénero, durante os cales soou a canción Negra Sombra, do poema de Rosalía de Castro, interpretada por Luz Casal.

O acto que incluíu a lectura dun texto por parte de membros de ENe, pechouno o alcalde de Negreira, Jorge Jesús Tuñas Caamaño, agradecendo a presenza da veciñanza, e animándoos a denunciar calquer tipo de violencia sobre as persoas, así como a participar nos actos que desenvolve o Concello co gallo da conmemoración do Día Internacional para a Eliminación da Violencia sobre as Mulleres, cuxa continuidade terá lugar este venres e sábado.

O venres, coa proxección da curtametraxe Amar é sinónimo de respeto, realizada por alumnos do IES Xulián Magariños, ás 21.30 horas, no Auditorio do Centro Sociocultural, e acto seguido proxectarse o filme Amor, de Michael Haenacke.

O sábado, coa cuarta Andaina ¨Negreira camiña contra a violencia de xénero¨, que partirá ás 10:00 horas dende o Centro Sociocultural ata o Refuxio de Covas, e regreso ó mesmo punto polo paseo fluvial do río Barcala. Logo, ademáis dunha chocolatada que servirase para tódolos participantes, realizarase a entrega de premios do V Concurso Loita contra a Violencia de Xénero, aberto aos centros educativos do noso concello, establecéndose dúas modalidades: Relato curto e Cartaz gráfico.

powered by social2s