A Escola de familias do instituto Xulián Magariños celebrou o pasado venres 2 de febreiro, unha charla sobre: Condutas de risco online e ciberdelincuencia, a cargo do experto en ciberseguridade, José Torres, responsable do Equipo de Investigación Tecnolóxica da Policía Xudicial da Guardia Civil de Pontevedra.
Esta acción foi promovida polo servizo de Orientación do centro, en colaboración coa asociación de nais e pais A Barcalesa e mailo Concello de Negreira, asistindo á mesma a concelleira de Educación, María del Mar García Vidal.
Ao encontro asistiron preto de 50 nais e pais. Entre os asuntos abordados, de máximo interese para as familias, a seguridade nos dispositivos móbiles e protección da información, a xeolocalización e redes wifi, e mesmo a mensaxería instantánea móbil como whatsapp ou telegram. A temática tamén abordou o ciberacoso, desde os tipos, o tratamento e a prevención, así como a protección da intimidade e da privacidade, redes sociais, videoxogos, o metaverso e maila intelixencia artificial.
José Torres é experto universitario en investigación da ciberdelincuencia. É diplomado polo Instituto Nacional de Ciberseguridade (INCIBE) como especialista en privacidade e seguridade nas RRSS. Tamén é diplomado polo Centro Nacional de Excelencia en Ciberseguridade (CNEC) como especialista na análise de evidencias dixitais. Ademais, foi membro do Consello Asesor do estudo de Unicerf sobre o impacto da tecnoloxía na adoslescencia.
Convocada a sesión extraordinaria e urxente do Pleno da Corporación municipal do Concello de Negreira, o mércores, día 7 de febreiro de 2024 ás 20:00 horas, de acordo á seguinte orde do día:
- Primeiro.- Xustificación da urxencia da convocatoria
- Segundo.- Plan provincial de cooperación ás obras e servizos de competencia municipal (Plan Único de Concellos) “POS+ 2024”
- Terceiro.- Plan provincial de cooperación ás obras e servizos de competencia municipal (Plan Único de Concellos) “POS+ ADICIONAL 1/2024 Gastos sociais extraordinarios do exercicio 2024”.
- Cuarto.- Aprobación, se procede, do informe de auditoría do Plan de Acción polo Clima e a enerxía sostíbel.
O Concello de Negreira presentou a súa programación das festas de Entroido 2024 que o sábado, día 10 de febreiro, vivirán o seu día grande co Desfile e concurso de carrozas e comparsas. A concentración será a partir das 16:00 horas no Campo da Feira, e o comezo do desfile está fixado para as 17:00 horas, a través da Carreira de San Mauro, rúa da Cachurra, avenida das Brañas, rúa Rosalía de Castro, rúa de Castelao e remate, na rúa do Carme, diante da Casa do Concello.
A agrupación musical Tíralle do aire abrirá o desfile e unha vez rematado, comezará a actuación musical do grupo Unión y Fuerza, na carpa da praza do Concello, lugar para a posterior entrega de 5.000 euros en premios. O prazo de inscrición permanece aberto ata o xoves, día 8 de febreiro, na Oficina de Cultura (Casa da Cultura).
Festa infantil
A segunda parada das festas terá lugar o luns, día 12 de febreiro, a partir das 17:30 horas no pavillón do colexio O Coto, coa Festa infantil de disfraces. Non faltará a animación musical, os xogos inchables, talleres de maquillaxe e un sorteo de agasallos entre toda a rapazada disfrazada.
Consulta as bases do concurso: https://concellodenegreira.gal/pdf/slider/programacion-entroido-barcales-2024.pdf
Convocatoria de sesión extraordinaria do Pleno da Corporación municipal do Concello de Negreira, o luns, día 22 de xaneiro de 2024 ás 14.00 horas, de acordo coa seguinte orde do día:
Punto único.- Sorteo para a formación das Mesas Electorais a constituir con ocasión das Eleccións ao Parlamento de Galicia que se celebrarán con data de 18 de febreiro de 2024.
Todo está xa preparado para a recepción dos Reis Magos e a cabalgata que durante a tarde de hoxe venres 5 de xaneiro discurrirá polas rúas da vila.
O desfile arrincará si o tempo o permite ás 5 da tarde dende o Campo da Feira, e está previsto que neste ano o percorrido sexa máis amplo que en anteriores ocasións.
Pasarán pola Carreira de San Mauro, avenida de Santiago, Rúa Fonte do Carme, Castelao, Rosalía de Castro, Teresa Fabeiro, rúa X.M. Ardeiro, avenida das Brañas, Cachurra, Rúa do Carme, Camiño Vello e Rúa do Corzán ata chegar ao pavillón do Colexio O Coto que estará engalanado para a recepción. No traxecto estarán acompañados por un grupo de música tradicional galega.
Durante o percorrido da cabalgata, vaise a cortar ao tráfico as rúas afectadas, polo que prégase a colaboración veciñal.
Os nenos e nenas que visiten aos Reis Magos durante a festa no pavillón escolar, recibirán un agasallo e poderán divertirse con tódalas actividades programadas polo Concello de Negreira.
Páxina 11 de 264