Sométese a información pública a solicitude de declaración de utilidade pública, da urxente ocupación de bens e dereitos afectados polo proxecto LAT 132kV SET do parque eólico Troitomil ao parque eólico Banzas, coa SET colectora de Lousame, que afecta aos concellos da Baña e Negreira, tralo acordó do 8 de setembro de 2022 da Xefatura Territorial da Coruña da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación.
O promotor é a empresa Green Capital Power, S.L., e o proxecto cun orzamento de execución de 1.982.045,17 € conta cun prazo de execución de seis meses.
As alegacións pódense presentar nun prazo de 30 días, a contar dende o día seguinte ao da última publicación deste acordo no Diario Oficial de Galicia, e que comeza a partir do martes, día 4 de outubro de 2022. Toda a documentación do proxecto pódese consultar no Concello de Negreira, o una web da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación, a través da seguinte ligazón:
https://bit.ly/3SoJubT
Celebrouse no Auditorio Afonso Eanes, a reunión preparatoria para as viaxes do Imserso do ano 2023 coa participación dun cento de veciños e veciñas de Negreira.
Como novidade, dende o departamento municipal de Servizos Sociais destacan o feito dun cambio na normativa da Dirección Xeral do Imserso segundo a cal, todas as persoas seleccionadas para cada viaxe deben pagar unha reserva de 40 euros, antes deste venres 30 de setembro no número de conta do Concello no Banco Sabadell Gallego… e que logo serán descontados do prezo final que deberán abonar a Mundiplan, a axencia organizadora das viaxes.
En total, a Negreira correspóndenlle 120 prazas –coarenta por cada unha das tres viaxes-, aos seguintes destinos:
1ª- HUELVA: saída o 18 de febreiro, durante dez días. O custo é de 242 euros por persoa.
2ª- TENERIFE: saída o 3 de marzo, durante dez días. O custo é de 364 euros por persoa.
3ª- MALLORCA: saída o 17 de abril, durante dez días, e o custo é de 277 euros por persoa.
Hoxe efectuouse ademáis, o sorteo entre aquelas persoas ás que non lle foi asignada praza fixa, poloque quedarán nunha listaxe de agarda por si se producen baixas en cada unha das tres viaxes.
A Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación, a través da Xefatura Territorial da Coruña, informa da data e hora para o pagamento dos prezos xustos e xuros no expediente de expropiación IN407A 2010/269-1, nos concellos de Mazaricos, Outes e Negreira.
Mediante o anuncio convócase a todas as persoas interesadas para o acto de pagamento dos prezos xustos e xuros, derivados do procedemento expropitario sobre os bens e dereitos afectados pola instalación elñectrica denominada LAT 220 kV DC Lousame-Mazaricos, e que terá lugar nas dependencias dos referidos concellos.
No caso de Negreira, a data sinalada é o xoves 27 de outubro de 2022 ás 10.40 horas.
O alcalde-presidente do Concello de Negreira, Manuel Ángel Leis Míguez vén de convocar unha sesión do Pleno que terá lugar, con carácter extraordinario e urxente, o mércores, día 28 de setembro de 2022 ás 14:00 horas, no Salón de Plenos da Casa do Concello, conforme á seguinte orde do día:
1º.- Xustificación da urxencia da convocatoria.
2º.- Conta Xeral correspondente ao exercicio 2021. Aprobación.
O alcalde de Negreira, Manuel Ángel Leis Míguez, a través dun Bando da Alcaldía fai saber que a Delegación Provincial da Coruña da Oficina do Censo Electoral celebrará o próximo 27 de setembro de 2022, ás 12.00 horas, o sorteo para a formación das listas de candidatos/as a Xurado.
Xa que logo, e en cumprimento do artigo 13 da Lei Orgánica 5/1995, de 22 de maio, do Tribunal do Xurado, exponse ao público a lista do CENSO ELECTORAL no departamento de Estatística deste Concello de Negreira dende o día 16 ata o 26 de setembro, ambos incluídos.
Páxina 19 de 248