Dous anos despois, volve o Encontro dos maiores de Negreira, o sábado, día 7 de maio, cun completo programa de actividades para os nosos maiores que se van celebrar como é habitual, baixo unha gran carpa no recinto do Campo da Feira, na zona do Cotón.

 

Trátase da 25ª edición deste encontro que reúne aos maiores de Negreira nun xantar popular, e para o cal xa se poden retirar os convites ata o martes 3 de maio, no departamento municipal de Servizos Sociais.

 

Tamén haberá un servizo gratuito de autobuses que percorrerán as distintas parroquias, a partir das 12:00 horas e con regreso a partir das 19:30 horas.

 

Programa

 

• Misa ás 13:30h na Capela do Cotón
• Actuación da charanga Tíralle do aire
Xantar popular a partir das 14:30 horas
• Sobremesa amenizada polo Dúo Entrevoces

powered by social2s

O Concello de Negreira pon en marcha a súa segunda campaña de prevención co reparto de trampas para as vespas velutinas, orientadas a toda a veciñanza interesada. Poderán facerse con elas chamando ao número de teléfono 664 074 674, ou ben pasándose pola oficina do Voluntariado, na Casa do Concello, en horario de mañá.

 

En todo caso, inciden en que as trampas entregadas o pasado ano deberán reutilizalas, engadindo líquido atraínte que tamén será dispensado, ou mesmo caseiro, isto é, mesturando un refresco ou cervexa con azucre.

 

A campaña de prevención da vespa velutina está realizada a través do Servizo de Voluntariado e da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil.

powered by social2s

escola-infantil-negreira.png

A Escola Infantil Municipal de Negreira informa da apertura do prazo para a renovación de matrícula, e para a solicitude de novo ingreso para o curso 2022-2023.


Este prazo vai dende o 1 ao 15 de abril, no caso de renovación de matrícula, e do 1 ó 30 de abril, para as solicitudes de novo ingreso. En ambos casos, o lugar para a súa presentación é a Escola Infantil Municipal, en horario de 9.00 a 14.00 horas, de luns a venres.


A información coa documentación requerida e as follas de solicitude, pódense descargar no apartado de Publicacións oficiais, ou nos documentos adxuntos debaixo desta nova; na web municipal: concellodenegreira.gal

Attachments:
Download this file (Bando informativo.pdf)Bando informativo.pdf

powered by social2s

Martes 5 e mércores 6 de abril, son as dúas datas escollidas para a celebración no Auditorio de Negreira, das dúas fases previa do Club de Debate 2022 que organizan os Servizos de Normalización Lingüística (SNL), dunha serie de concellos galegos, entre eles, os de Negreira, Ames, Teo, Dodro, ou Pontevedra.

 

Na primeira fase, hoxe martes, participan ao longo do día, os equipos de mozos e mozas dos seguintes centros educativos: IES do Milladoiro (equipos A e B); CPI Eusebio Lorenzo Baleirón (Dodro); IES de Cacheiras (equipo Papagaios de Cacheiras); e CPI Punta Candieira (Cedeira). A actividade comeza ás dez da mañá e até as dúas da tarde. Tralo descanso para o xantar, a partir das 16:30 horas comeza a segunda parte. O fallo final e entrega de premios terá lugar a partir das 18:45 horas.

 

Xa na xornada deste mércores 6 de abril teremos a oportunidade de ver sobre o escenario, ao equipo Peripatéticos, do IES Xulián Magariños. Participa na segunda fase previa de Negreira cando aos equipos Abrapalabra, do IES de Ames; IES Sagrado Corazón de Praceres (Pontevedra); IES Milladoiro C, e IES Sánchez Cantón (Pontevedra). Haberá un descanso para o xantar de 14:00 a 16:00 horas, e a partir das 18:15 horas celebrarase a entrega de premios.

powered by social2s

Aprobada definitivamente a nova Ordenanza municipal para a protección e conservación dos camiños e vías públicas municipais en relación coas operacións de saca de madeira, compre informar á veciñanza e empresas madeireiras.

 

Ten por obxecto a protección e conservación dos camiños e vías públicas municipais, fronte os danos que se poidan producir como consecuencia da saca de madeira. Así, é obrigatoria a comunicación previa no Rexistro Xeral do Concello, cunha serie de requisitos que poden consultarse na propia ordenanza ou na web do Concello de Negreira, tales como: datos da empresa; datos da finca; SRC, ou mesmo a data de inicio e fin da operación.

 

Dita comunicación farase como mínimo 15 días hábiles antes do día que os madeireiros teñan pensado comezar coa corta e extracción da madeira. Ademais, farase a comprobación da documentación, e unha vez que esté todo correcto, as empresas terán que depositar un aval ou garantía.

 

De non cumprir estes requisitos, poderán ser sancionados con multas dun importe de ata 3.000 euros, así como a obrigación de reparar os danos causados, unha vez emitidos os informes pertinentes

powered by social2s