Fondo.JPG

O Alcalde de Negreira, Manuel Ángel Leis Míguez, en nome da Corporación Municipal do Concello de Negreira, quere expresar as máis profundas condolencias e o fondo pesar polo triste pasamento de Luís Calviño Pueyo, quen fora concelleiro da Corporación entre os anos 2011 e 2015, sendo concelleiro de Cultura no Goberno.

O Concello de Negreira comunica que gardará un minuto de silencio na súa memoria, na vindeira sesión plenaria da Corporación, ao tempo que quere mostrar o seu pésame a familiares e achegados por tan triste perda dunha persoa moi vinculada con Negreira, municipio no que naceu no ano 1949.

powered by social2s

Concello2

 

Mediante acordo de 5 de abril de 2022, da Xefatura Territorial de A Coruña da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación, sométese a información pública a solicitude de declaración de utilidade pública para a urxente ocupación de bens, do proxecto da Solución de evacuación conxunta dos parques eólicos Maragouto e Banzas, nos municipios de Mazaricos, Brión, Lousame, Negreira, Outes e Rois (expediente IN408A 2020/144).


O acordo foi publicado no Diario Oficial de Galicia (DOG), do pasado día 5 de maio de 2022, polo que ábrese un período de 30 días para a exposición pública en cada concello, para a presentación de alegacións, contados a partir do día seguinte a súa publicación.


Prema na seguinte ligazón para acceder a toda a documentación relativa ó proxecto de de declaración de utilidade pública e urxente ocupación de bens e dereitos.

Attachments:
Download this file (Anuncio.pdf)Anuncio.pdf

powered by social2s

Foto teatro.jpg

 

Entre os meses de maio e xuño, o Auditorio Centro Sociocultural acolle un total de cinco representacións polo Ciclo de Teatro deseñado dende a Delegación de Cultura.


A primeira representación corre a cargo do grupo Sen Cancelas Teatro, de Santa Comba, o sábado 14 de maio. Trátase dun especial Tennessee Williams, de pezas curtas: Fálame como a chuvia, e A habitación escura; a partir das 20:30 horas. E o sábado 21 será a compañía Atequerreté, coa obra: O enredo; ás 20:30 horas.
As tres últimas representacións serán protagonizadas polo alumnado da Escola Municipal de Teatro. A primeira delas con: Crónicas de alí e acolá; o venres 27 de maio, ás 21:00 horas. E o venres 3 de xuño será coa obra: Jo, qué historia, a cargo do grupo universitario, ás 19:00 horas. E xa o domingo 19 co Festival de Teatro Infantil e de Primaria, dende as seis da tarde.


Máis información: www.concellodenegreira.gal

powered by social2s

pleno-negreira1.png

Coa ausencia do alcalde, Manuel Ángel Leis Míguez, debido a un problema de saúde, foi a primeira tenente de alcalde, María del Mar García Vidal, quen asumiu a presidencia da Corporación Municipal no transcurso do Pleno ordinario de maio, no que este luns 9 aprobáronse por unanimidade, un total de catro ratificacións sobre modificacións técnicas a proxectos recollidos no Plan de Obras e Servizos POS+2022.

Os proxectos corresponden a: Aglomerado de vía entre a DP 5603 en Vilaserío e a DP 5604 en Pesadoira; Humanización do entorno da igrexa de San Martiño de Liñaio; Pavimentación e recollida de pluviais nas rúas Campos e Xulián Magariños; Aglomerado de vía entre A Chancela e a AC 447 na Barquiña, e maila reurbanización do camiño de Cancelo a Cobas.


Doutra banda, deuse luz verde ao proxecto de segregación de parcela onde se atopa o Centro de Saúde, na zona do Coto. O Partido Popular expresou o seu voto en contra por «dúbidas», entendendo que debería segregarse tamén a parcela onde se atopa o aparcadoiro aledaño ó centro sanitario. María del Mar García convidounos a despexar tales dúbidas na consulta cos técnicos municipais.


Por unanimidade, acordouse a cesión de caudal procedente de dous mananciais en Fonte Silvar, na parroquia de Cobas, a favor da Comunidade de Usuarios Agua de Fonte Silvar, e no punto 9º da orde do día, a solicitude de financiación á Deputación da Coruña para a execución da obra de saneamento e humanización da rúa Rosalía de Castro. O Partido Popular interesouse pola posibilidade de que o proxecto leve consigo, unha proposta para a adopción dun sentido único da circulación de vehículos, debido a que é unha zona escolar.


A sesión plenaria completouse coa aprobación inicial do proxecto de Orzamento municipal para o exercicio 2022 por un importe de 5.202.164,7 euros, cuxo incremento con respecto ao de 2021 é do 3,7%. O total de ingresos correntes ascende a 5.055.561,24 euros, do que en transferencias correntes o Concello prevé ingresar 2.556.721 euros. No apartado de gastos, os de persoal representan a maior partida con 2,6 millóns, mentres que en bens correntes e servizos representan 1.830.200 euros.

 

pleno-negreira2.png

O Orzamento municipal foi aprobado cos seis votos a favor do equipo de goberno do Partido Socialista, e os cinco votos en contra, do grupo municipal do Partido Popular, que tras un amplo debate entorno á subvención do IDAE para a eficiencia enerxética do alumeado público, solicitou a través da edila, María José Carballo, que o orzamento quedase sobre a mesa para ser aprobado mais adiante, cando sexa aprobada a Conta Xeral de 2021 para coñecer con exactitude o montante de remanante financieiro co que o goberno pretende facer fronte ao desembolso económico derivado da subvención.


Pola súa banda, Rubén Suárez Carballo, portavoz do Partido Popular, teme que Negreira vaia a ter que agardar moito tempo en recibir o 80 por cento da subvención polo que debería pagar xuros se finalmente se decanta por solicitar un préstamo bancario para facer fronte a unha parte do montante.

 

No apartado de rogos, os populares solicitaron ao equipo de goberno que se acometan con urxencia, melloras no paso de peóns da rúa Fonte do Carme, escenario recentemente dun atropelo cunha veciña ferida, así como que na vindeira Semana Santa haxa unha proposta de actividades de conciliación para as familias.

 

En canto ás mocións, presentouse unha única polo PP para que se faga unha actuación de mellora da contorna da igrexa parroquial de San Xulián, sobre todo, recalcaron, nos seus accesos e á vista da complexidade e falta de aparcamento cando se celebran actos relixiosos ou festivos. A proposta foi aprobada por unanimidade.

powered by social2s

Diseño sin título (6).png

 

A Corporación Municipal de Negreira celebra un Pleno, con carácter ordinario, o luns día 9 de maio de 2022 ás 20:00 horas no Salón de Plenos do Concello, conforme á seguinte Orde do Día que se relaciona a continuación:

1º Dar conta dos Decretos de Alcaldía emitidos dende o último Pleno Ordinario: do nº 96/2022 ó nº 132/2022, ambos inclusive.

2º POS +2022. Ratificación, se procede, dos Decretos de Alcaldía número 116/2022, de data 13 de abril de 2022 e número 132/2022, de data 27 de abril de 2022 relativos ao proxecto “Aglomerado de vía pública municipal: DP-5603 (Vilaserío) a DP 5604 (Pesadoira)”.

3º POS +2022. Ratificación, se procede, do Decreto de Alcaldía número 117/2022, de data 13 de abril de 2022 relativo ao proxecto: “Humanización del entorno de la iglesia de San Martiño en Liñaio (Negreira). Situación: Lugar de Liñaio. Concello de Negreira. A Coruña”

4º POS +2022. Ratificación, se procede, do Decreto de Alcaldía número 118/2022, de data 13 de abril de 2022 relativo ao proxecto “Pavimentación y recogida de pluviales en las calles Campos/Rúa Xulián Magariños. Situación:C/Campos y R/Xulián Magariños. Negreira. A Coruña”

5º POS +2022. Ratificación, se procede, do Decreto de Alcaldía número 119/2022, de data 13 de abril de 2022 relativo ao proxecto “Aglomerado de vía pública municipal; Chancela - A Barquiña (AC447)”

6º POS +2022. Ratificación, se procede, do Decreto de Alcaldía número 120/2022, de data 13 de abril de 2022 relativo ao proxecto “Reurbanización del camino de Cancelo a Cobas”.

7º Segregación parcela Centro de Saúde.

8º Cesión da concesión de caudal procedente de dous mananciais en Fonte Silvar- Covas.

9º Solicitude de financiación á Deputación Provincial da Coruña para a execución da obra “Saneamiento y humanización de la R/Rosalía de Castro”.

10º Orzamento municipal exercicio 2022.

11º Rogos e preguntas.

Attachments:
Download this file (Convocatoria.pdf)Convocatoria.pdf

 

powered by social2s