Diseño sin título (17).png

 

Catro días completan o programa da semana grande do verán na vila de Negreira, do xoves 7 ao domingo 10 de xullo, cun dos mellores programas que se lembran, e promovido pola Asociación de Festexos de Negreira coa colaboración do Concello de Negreira.


Xoves 7.- Verbena amenizada pola orquestra Olympus de Negreira, e maila formación New York, a partir das 11 da noite na praza do Concello.
Venres 8.– Pasacalles coa charanga Tíralle do aire e pola noite, espectacular verbena coas orquestras París de Noia e Finisterre.
Sábado 9.- Pasacalles cos Gaiteiros da Baña, quenes acompañarán a procesión motorizada que inclúe concentración no campo da feira, ás 11:30 horas, e misa solemne ás 12 horas na capela do Cotón, e a partir das 13:30 horas o comezo da procesión polas principais rúas da vila.


A partir das 15:00 horas sesión vermú co dúo Rosán, no Refuxio de Cobas, seguida do xantar de confraternidade, con xogos inchables, festa da escuma e toro mecánico. Organizado pola Asociación de Transportistas de Negreira.


E ás 15:30 horas, no campo de fútbol Jesús García Calvo terémola proba da Liga Autonómica de Agility, mentres que pola noite haberá o concerto do grupo De Vacas na praza do Concello, seguido da disco móbil Chocolate.


Domingo 10.- Ás 9:30 horas comezo da segunda xornada da Liga Autonómica de Agility no campo Jesús García Calvo, e celebración do Día do Neno nas atraccións da festa (prezos reducidos). Ás 19:30 horas chega o fin de festa co concerto na praza do Concello a cargo da Banda de Música Ateneo de Negreira.

powered by social2s

Imaxe escola-1.jpg

A Escola Municipal de Música de Negreira (EMMN), presenta o horario das materias grupais do curso 2022-2023 e os días en que están na escola os profesores de instrumento para as clases individuais.


O horario exacto das clases de instrumento darase o venres, día 16 de setembro, ás 18:00 horas, na data fixada para a presentación do curso no Auditorio do Centro Sociocultural.
Matrícula novo alumnado


O prazo de matrícula para novo alumnado da Escola Municipal de Música comprende dende o día 1 de xullo ata o 9 de setembro de 2022. De forma presencial no Rexistro Xeral do Concello, e de forma telemática, a través da sede electrónica.

 

powered by social2s

Diseño sin título (3).png

De cara a divulgar información sobre o parque eólico de Alvite, o Concello de Negreira programou unha xuntanza informativa para o martes, día 21 de xuño, ás nove da noite, no Local social de Pesadoira, na parroquia de Alvite.

A solicitude de autorización administrativa previa, a declaración de utilidade pública, xunto coa necesidade da urxente ocupación dos terreos, e a autorización administrativa de construcción; e mailo estudo de impacto ambiental, e o proxecto sectorial, atópanse en prazo de exposición pública para presentar alegacións por un periodo de 30 días hábiles, contados dende o venres, día 10 de xuño.

Trátase dun novo proxecto eólico promovido pola madrileña Green Capital Power en Negreira e arredores. Afecta a fincas dos concellos de Negreira, Mazaricos e Santa Comba. Toda a documentación atópase exposta nos tres concellos, e maila Xefatura Territorial de Economía, Empresa e Innovación, así como na rede.

O parque eólico de Alvite prevé que se instalen 12 aeroxeradores de 3,45 megawatios de potencia unitaria. Conta cun orzamento de execución de 32.587.955 euros.

 

Toda a documentación pódese comprobar premando na seguinte ligazón da publicación no Diario Oficial de Galicia (DOG), número 110 de 2022, con data do xoves 9 de xuño: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20220609/AnuncioG0596-160522-0004_es.html?fbclid=IwAR2aoRd4taC7IKRVKkHbPXSid03PpqAc1zNCVBUbwRyuCqW1vhn52oWkq5o

 

powered by social2s

Corte.jpg

O Servizo Municipal de Augas do Concello de Negreira, a través da empresa concesionaria Espina e Delfín, informa que procederá a efectuar un corte de subministración que afectará a toda a rede de abastecemento de Negreira, debido aos traballos de limpeza anual do depósito xeral.


Devandito corte terá lugar dende as 23:00 horas do mércores 22 de xuño ata as 06:00 horas do xoves 23 de xuño.


Debido a estes traballos, a rede considérase en presión a tódolos efectos. Para calquera dúbida ou aclaración ao respecto, poden chamar aos números seguintes: 981 881 569 ou 626 986 941.

powered by social2s

duendeneta.jpg

 

Co obxectivo de dar a coñecer dun xeito ameno e didáctico a música feita en galego, presentouse a xira Os Camiños das Músicas Galegas que ofrecerá A Duendeneta, unha orixinal music truck que percorrerá o Camiño de Fisterra e Muxía, o francés e a Vía da Prata durante os meses de xuño e xullo.

 

Trátase dun proxecto de difusión cultural que naceu o ano pasado e que percorre concellos do Camiño de Santiago co obxectivo de dar a coñecer a música galega e feita en galego. Nesta nova edición, a furgoneta móbil viaxará ao longo do meses de xuño e xullo por diversas prazas e vilas, ofrecendo ata 32 sesións musicais de carácter didáctico, que mostrará a historia da música da nosa comunidade.

 

O encargado de exercer como DJ de esta iniciativa é o xornalista Carlos Crespo, quen estará a cargo das sesións musicais, cunha duración aproximada de hora e media ou dúas horas de duración, coas que achega a música de galegos e en galego aos peregrinos que percorren o Camiño, cunha selección musical coa que percorrerá toda a historia musical galega, desde Andrés Dobarro ata as Tanxugueiras.

 

A Duendeneta percorrerá os concellos de Fisterra, Muxía, Corcubión, Cee, Negreira no Camiño de Fisterra, o que permitirá que a veciñanza de Negreira poida desfrutar desta orixinal discoteca móbil vintage, mesturándose durante as sesións cos propios peregrinos.

powered by social2s