Foto Actívate.jpg

 

Neste mes de xuño o Concello de Negreira presenta distintas actividades culturais e lúdicas para o desfrute da veciñanza, sobre todo pensando na rapazada antes do verán. Teatro, música infantil, apertura da piscina e moitas sorpresas nunha programación que vai a continuar co Verán Cultural, a partir do mes de xullo.

 

A primeira actividade e o Miniciclo de Teatro coa Escola de Teatro de Santa Comba o sábado 12 e a Escola de Teatro Municipal de Negreira que fará a súa estrea o venres 18 e mailo sábado 19. Ambas citas serán no Auditorio de Negreira.

 

Para os máis pequenos, o martes 15 e o venres 26 teñen unha cita ineludible coas actuacións de Mamá Cabra no novo auditorio ao aire libre da rúa Teresa Fabeiro (19:00h), o primeiro día, e coa Festa do Apego, na área recreativa Agra de Chans, na Baña, o día 26.

 

O martes 15 terá lugar a apertura da tempada das Piscinas ao aire libre do Coto que se extenderá até o 15 de setembro, e o último sábado de mes terá lugar o evento da Noite Romántica, onde os restaurantes de Negreira participantes farán menús especias e haberá actuacións musicais.

 

Para o domingo 27 o programa #Actívate péchase coa clausura da Escola Municipal de Baile Tradicional, coa celebración do Día da Muiñeira nunha versión reducida, a partir do mediodía na praza do Concello.

 

Attachments:
Download this file (Programa Actívate.pdf)Programa Actívate.pdf

 

 

powered by social2s

Foto Diververán.jpg

Este luns 7 de xuño ábrese o prazo para solicitar a participación nos obradoiros Diververán 2021. A inscrición pode realizarse presencialmente na Delegación de Cultura e Deportes, na primeira planta da Casa da Cultura, en horario de 9 a 14 horas, para o cal pódese descargar a ficha de inscrición que aparece ao final desta información.


Ofértanse 20 prazas en cada quenda, por orde de anotación, durante os meses de xullo e agosto polas mañás no Centro Sociocultural.

- Nados do 2016 a 2018, de 10:30 a 12:00 horas

 

- Nados de 2012 a 2015, de 12:00 a 13:30 horas

 

As familias interesadas deben anotarse antes do 29 de xuño, debendo entregar as fichas cubertas e mailo importe xusto de 16 euros por cada participante.

 

powered by social2s

O Telecentro de Negreira acollerá o venres, día 18 de xuño, unha xornada formativa sobre a loita contra doenzas do castiñeiro coma "O chancro", ou Cryphonectria parasítica, e a "Avespa do castiñeiro", ou Drycosmus kuriphilus. O horario desta actividade formativa será 10:00 a 14:00 horas.

 

Esta xornada será impartida polo Centro de Desenvolvemento Agroforestal de Riós, na provincia de Ourense, coa colaboración da Consellería de Medio Rural, e maila Axencia Galega de Calidade Alimentaria.

 

Para participar, xa que as prazas son limitadas, hai que inscribirse no número de teléfono: 673 249 477, ou enviando un correo cos datos da ficha de inscrición que figura abaixo, ao seguinte enderezo: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo..

 

Adxunto encóntrase o formulario de inscripción. 

powered by social2s

Foto fogueira.jpg

 

Debido á pandemia da covid-19, neste ano non estarán permitidas as cacharelas en terreos públicos. Soamente será posible facelas en terreos de titularidade privada.


As persoas interesadas en realizar unha cacharela en terreos privados deberán presentar a solicitude correspondente, con data límite o día 21 de xuño, por algunha das seguintes vías:

- Rexistro telemático, na Sede Electrónica do Concello: https://sede.concellodenegreira.es

- Rexistro Xeral do Concello (horario de 8:00 a 14:00h).

 
O número máximo de persoas que se poidan reunir en grupo axustarase ao disposto na normativa vixente o día 23 de xuño de 2021 reguladora da situación de emerxencia sanitaria, así como das demáis recomendacións establecidas polas autoridades sanitarias.


A separación de cacharelas entre os edificios, fincas forestais, árbores e demáis obxectos que poidan resultar danados será coma mínimo de 20 metros. Poñerase especial coidado de non situalas debaixo de tendidos eléctricos ou telefónicos, así como que nos arredores non exista ningún local no que se almacen produtos inflamables nin vehículos.


Prohíbese a queima de pneumáticos, plásticos, espumas de poliuretano, aceites e en xeral calquera substancia que ao arder desprenda fume tóxico. En ningún caso se botarán ao lume recipentes que conteñan líquidos inflamables ou gases a presión (sprais), aínda que estean baleiros. Sobre terreos con vexetación herbacea, previo ó inicio do lume, farase unha devesa do material combustible nunha franxa de polo menos 9 metros de ancho, rodeando o perímetro.


A fogueira permanecerá vixiada polas persoas responsables ata a súa extinción, que deberá ser asegurada empapando os restos con auga, e asegurándose de que as cinzas queden totalmente apagadas. No caso de que se levante o vento, e poida dificultarse a vixilancia e extinción da fogueira, esta deberá suspenderse.

 

Attachments:
Download this file (Solicitude.pdf)Solicitude.pdf

powered by social2s

 youtubeiras-negreira.jpeg

Os Premios Youtubeiras, organizados polos servizos de normalización lingüística de dez concellos, entre eles e dende esta edición, o Concello de Negreira; das tres universidades e da Deputación da Coruña, lanzan a súa quinta edición cos obxectivos de fomentar a creación e mantemento de canles en Youtube, así como de afondar na formación técnica para as persoas creadoras de contidos en lingua galega na Rede. Baixo o lema Magnetismo en liña, a iniciativa volverá repartir un total de 7.500 euros en premios nas doce categorías nas que se divide o certame. O concurso estará aberto a todas as persoas maiores de 14 anos con canles de Youtube en galego, autoproducidas e que teñan polo menos cinco vídeos publicados con data posterior ao 23 de outubro de 2020. O prazo de inscrición abrirase o 10 de setembro e as bases deste ano pódense consultar xa na web: www.youtubeiras.gal.

 

Os Premios Youtubeiras, que teñen como finalidade ser acicate da creación en Youtube con temáticas e formatos diversos, así como promover e visibilizar as/os youtubeiras/os en galego, ofrecerán unha serie de sesións formativas para procurar a mellora da calidade técnica dos vídeos por unha banda e, pola outra, para dotar as persoas creadoras de ferramentas globais para a súa actividade. Deste xeito, a formación será nesta quinta edición máis especializada que en anos anteriores.

 

O primeiro dos cursos en liña chegará o vindeiro 18 de xuño e correrá a cargo de Xoán Escudero, técnico de son e realizador audiovisual, que compartirá co alumnado diferentes mecanismos para perfeccionar a técnica sonora e as gravacións dos vídeos no Youtube. Ademais, ao longo do ano realizaranse outras sesións nas que se abordarán cuestións de diferente índole, como son os aspectos legais e os dereitos de propiedade intelectual ou de posicionamento da creación dixital nesta rede. A inscrición para a sesión de Son e Youtube, xa está aberta a través do formulario que se atopa na web www.youtubeiras.gal. Os cursos terán as prazas limitadas e impartiranse de forma telemática para adaptarse á situación sanitaria.

  

Primar as canles

 

Nesta quinta edición dos Premios Youtubeiras, a organización quere fomentar a creación e o mantemento de canles, polo que neste 2021 só se poderán presentar canles e non vídeos illados como en anos anteriores. Esa será a gran novidade nas bases destes V Premios Youtubeiras que, por segundo ano consecutivo, se dividen en 12 categorías: canle, vídeo, youtubeir@, calidade lingüística, impacto, calidade técnica, comunicación, creatividade, musical, didáctico, pioneiro e premio do público. Os tres primeiros acompañaranse cunha dotación económica de 1.000 euros, mentres que os nove restantes chegarán aos 500 euros.

 

Un xurado profesional escollerá as propostas premiadas, agás no caso do premio do público. Neste apartado, os/as seguidores/as serán quen propoñan os seus vídeos preferidos para concorrer neste apartado. As suxestións poderanse facer só a través do formulario habilitado na páxina web do proxecto Youtubeir@s>, cumprirán cos mesmos requirimentos das bases xerais e realizaranse antes do 22 de outubro de 2021. 

 

powered by social2s