A Delegación de Cultura presenta un avance dos artistas e datas confirmadas do Verán Cultural 2021 do Concello de Negreira, coa colaboración da Rede Cultural da Deputación da Coruña:

 

Andrea Pousa (sábado 10 de xullo). A cantante e actriz Andrea Pousa, nacida en Tomiño, abrirá os concertos do Verán Cultural. Con máis de 15 anos de experiencia, Andrea Pousa presenta en Negreira o seu segundo álbum en solitario titulado Retorno. Neste traballo destaca a canción “Camiñares”, cuxo vídeo promocional gravouse en localizacións do Camiño de Santiago, entre elas, a paraxe natural de A Ponte Maceira.

 

Sés (venres 16 de xullo).- Chega a Negreira o fenómeno musical dos últimos anos na escea galega. Liberar as arterias é o seu sétimo traballo discográfico co que segue evolucionando o seu particular son que a consagrou no máis alto, e no que se inclúe unha selección de cancións con letra e música composta pola propia cantautora coruñesa. En 2020 cruzou o charco nunha xira que a levou a Arxentina, Uruguai, Paraguai e O Salvador.

 

Luar na Lubre (sábado 21 de agosto).- Chega de novo a Negreira a banda máis internacional de Galicia. Levan percorrido boa parte do mundo, dende Palestina a Canadá, ou dende Arxentina a Francia. A Negreira veñen a presentar o sue último traballo: Vieiras e vieiros, historias de peregrinos, o 19 traballo discográfico da banda coruñesa, nun álbum que visualiza a pegada artística, cultural e natural do Camiño de Santiago, a través das historias de quen percorre os sendeiros: os peregrinos.

powered by social2s



O Concello de Negreira e maila Dirección Xeral de Cultura aumentarán a coantía económica dos premios do Certame de poesía
"Xosé M. López Ardeiro", que pasará de 1.000 a 3.000 euros no seu décimo aniversario, cuxa edición foi presentada hoxe mediante un acto no Auditorio que contou coa presenza do secretario xeral de Cultura, da Xunta de Galicia, Anxo M. Lorenzo.

Trátase dunha firme aposta por reforzar o certame na súa décima edición, a deste ano, a cal foi presentada hoxe. A Consellería de Cultura seguirá aportando a edición de 300 exemplares da obra gañadora como viña facendo dende a súa creación, e a maiores, porá unha cantidade en metálico para engadir aos mil euros (700 e 300) que viña aportando o Concello coma premio para os dous finalistas do certame.

certame poesía ardeiro

 

O secretario xeral de Cultura cando ao alcalde de Negreira, Manuel Ángel Leis Míguez, presidiron o acto de entrega da edición do poemario gañador da última edición pola obra Teimas dun ninguén, cuxo autor é Roberto Rodríguez, baixo a edición de Medulia Editorial....e que como aconteceu durante o fallo do premio no pasado mes de marzo, non o puido recoller en persoa, pois atópase traballando en Tenerife, polo que faránselle chegar os exemplares.

O autor premiado sí agradeceu o premio a través dun vídeo durante o acto no que se leron poemas de Xela Arias, a autora homenaxeada neste 2021 polas Letras Galegas, a cargo de estudantes da ESO do instituto Xulián Magariños, asistindo un grupo deles ao acto, e cando a actuación das pandereteiras As Maianas, de Ames.

powered by social2s

ponte maceira

Dende a Asociación de "Los Pueblos más bonitos de España" e mailo Concello de Negreira, queremos celebrar a "Noite romántica", que terá lugar o sábado 19 de setembro, un evento que se fará conxuntamente en todos os pobos que conforman devandita entidade.

 

En Negreira os actos son:

 

- Haberá unha cea romántica nos establecementos adheridos a dito evento, na que a xente participante entrará no sorteo dun premio consistente nunha noite no albergue con encanto da Granxa Escola Medioambiental de Bergando.

 

- Os establecementos participantes terán unha actuación musical no exterior durante a Noite romántica e prepararán pratos especiais para a cita. Os locais participantes son: restaurante Casa Barqueiro; restaurante A Mezquita; cafetería O Cotón; tapería A Esmorga; parrillada A Nosa Taberna e o restaurante Casa Néboa.

 

- Tamén se realizará un concurso nas RRSS, no que as persoas que envíen unha foto posando en A Ponte Maceira, entrarán no sorteo de unha xoia conmemorativa.

 

- Os sorteos terán lugar o martes 22 de setembro, en Radio Negreira, a partir das 13:00 horas.

 

powered by social2s

 Portada

 

A Delegación de Cultura programou as actividades das Letras Galegas 2021 con especial fincapé no apartado da música coma o agardado regreso das actuacións ao vivo da Banda de Música Ateneo de Negreira, baixo a dirección do mestre Raúl Martín Niñerola, na que vai sela primeira actuación dende que comezou a pandemia en marzo do ano pasado. A cita vai selo sábado 15 dende as 19:00 horas na carpa instalada na Praza do Concello, con aforo limitado e medidas de control sanitario pola covid-19.


Ao día seguinte, o domingo, regresa o programa #Feireando cunha nova entrega no mesmo escenario de sempre, na carpa da Praza do Concello, onde a partir do mediodía sucederánse as actuacións da Escola Municipal de Pandeireta e inmediatamente despois, e a modo de sesión vermú, a agrupación Faíscas dá Pontraga.


Faíscas dá Pontraga fundouse en xullo de 2002, tras unirse catro amigos para participar nun concurso de cuartetos tradicionais. Esta primeira reunión deveu noutras e permitiu a incorporación de novos integrantes e instrumentos ata constituírse na “charanga tradicional” que son. En decembro de 2015 gravan o seu primeiro traballo discográfico chamado “ Velaí vén!”, que sae á luz en abril de 2016. Este disco gravouse co pretexto de seguir divulgando a cultura tradicional e sobre todo deixar constancia do seu traballo nun soporte que asegure a súa supervivencia co paso do tempo.


Aínda que Faíscas dá Pontraga son un grupo que fai música de corte tradicional, con gusto pola investigación e recuperación de temas populares recollidos a través da trasmisión oral, que logo expoñen en concerto cunha presenza principalmente instrumental e vocal, aderezan os seus directos cunha pequena mostra de baile tradicional. Recuperan e manteñen sons e melodías que nos transportan no tempo, que non no espazo, pois a súa raíz é inconfundible. Atrévesen incluso cunha cumbia.


O exército das Paxariñas


O martes 18 de maio, a partir das 18:00 horas contaremos no Centro Sociocultural da vila coa actuación de narración oral de Soraya Lema e música en directo interpretada por Adela Dios. Trátase do espectaculo "O exército das Paxariñas", recomendado para o público familiar, a partir dos catro anos. É necesario facer a reserva de praza no número: 607 153 604.

 

Entrega do libro "Teimas dun ninguén"

O xoves 20 de maio, ás 11:00 horas e coa presenza do alcalde de Negreira, Manuel Ángel Leis Míguez; o director xeral de Políticas Culturais, Anxo M. Lorenzo, e o presidente do xurado do noveno Certame de Poesía "Xosé M. López Ardeiro, José Antonio Ponte Far, faráse entrega da edición do poemario ao gañador da edición do ano 2020, Roberto Rodríguez González. Neste acto a celebrarse no Auditorio do Centro Sociocultural contarase coa presenza de alumnado do IES Xulián Magariños, coa lectura de poemas e a actuación musical do grupo As Maianas.

 

 FOTO 1 4

 

Entre outras actividades desenvolvidas pola festividade das Letras Galegas salientamos a celebración dunha charla divulgativa sobre a figura de Xela Arias, a escritora, poetisa e tradutora homenaxeada neste 2021, promovida dende o Departamento de Galego do IES Xulián Magariños, a cargo do profesor Carlos Negro, escritor e poeta, de cuxa autoría é o libro: Xela Arias, quedás en nós, editado por Edicións Xerais, no ano 2004. Cando a esta actividade, dende o Departamento de Galego levouse a cabo unha lectura radiofónica de poemas de Xela Arias e unha entrevista con Carlos Negro, emitidas a través dun especial cos estudantes en Radio Negreira, o mércores 12 de maio.

powered by social2s

Velaquí o cartel oficial da XVI edición da Noite Folk de Negreira. Coma noutras ocasións, o encargado de plasmar en imaxes todo o que representa esta celebración foi Xosé Vizoso. O ilustrador mindoniense tamén se encargou este ano do deseño do cartel das Festas do Apóstolo de Santiago, entre outras.

A combinación de violetas, azuis e vermellos semellan transmitir xa o eco das músicas de Xabier Díaz, Caxade e Malvela, protagonistas desta edición. Así, o vindeiro sábado 18 de agosto o Refuxio de Pescadores de Covas encherase de música folk a partir das 22:00h cuns concertos que serán completamente de balde.

powered by social2s