O Concello de Negreira e maila Dirección Xeral de Cultura aumentarán a coantía económica dos premios do Certame de poesía "Xosé M. López Ardeiro", que pasará de 1.000 a 3.000 euros no seu décimo aniversario, cuxa edición foi presentada hoxe mediante un acto no Auditorio que contou coa presenza do secretario xeral de Cultura, da Xunta de Galicia, Anxo M. Lorenzo.
Trátase dunha firme aposta por reforzar o certame na súa décima edición, a deste ano, a cal foi presentada hoxe. A Consellería de Cultura seguirá aportando a edición de 300 exemplares da obra gañadora como viña facendo dende a súa creación, e a maiores, porá unha cantidade en metálico para engadir aos mil euros (700 e 300) que viña aportando o Concello coma premio para os dous finalistas do certame.
O secretario xeral de Cultura cando ao alcalde de Negreira, Manuel Ángel Leis Míguez, presidiron o acto de entrega da edición do poemario gañador da última edición pola obra Teimas dun ninguén, cuxo autor é Roberto Rodríguez, baixo a edición de Medulia Editorial....e que como aconteceu durante o fallo do premio no pasado mes de marzo, non o puido recoller en persoa, pois atópase traballando en Tenerife, polo que faránselle chegar os exemplares.
O autor premiado sí agradeceu o premio a través dun vídeo durante o acto no que se leron poemas de Xela Arias, a autora homenaxeada neste 2021 polas Letras Galegas, a cargo de estudantes da ESO do instituto Xulián Magariños, asistindo un grupo deles ao acto, e cando a actuación das pandereteiras As Maianas, de Ames.