Velaquí o cartel oficial da XVI edición da Noite Folk de Negreira. Coma noutras ocasións, o encargado de plasmar en imaxes todo o que representa esta celebración foi Xosé Vizoso. O ilustrador mindoniense tamén se encargou este ano do deseño do cartel das Festas do Apóstolo de Santiago, entre outras.

A combinación de violetas, azuis e vermellos semellan transmitir xa o eco das músicas de Xabier Díaz, Caxade e Malvela, protagonistas desta edición. Así, o vindeiro sábado 18 de agosto o Refuxio de Pescadores de Covas encherase de música folk a partir das 22:00h cuns concertos que serán completamente de balde.

powered by social2s

Cáese da programación do presente Ciclo de Teatro, a actuación da compañía Animundis Artes, co seu espectáculo de teatro infantil e musical ¨Animundis¨, que inicialmente fora programada para este domingo 10 de abril, ás seis do serán, no Auditorio do Centro Sociocultural.

 

Os motivos da súa anulación non trascenderon, pero dende a organización apuntan a unha desavenencia sobre o acordado inicialmente entre o Concello e a axencia que representa a devandita compañía de teatro infantil que debería actuar este domingo pola tarde.

powered by social2s

Venres 1 abril: : Compañía Caramuxo, 18:00 h.
Obra: "Pavillón Lino"
Duración: 45 min. PÚBLICO: Infantil
FICHA TÉCNICA

The momento Impro, 23:00 h.
Obra: "Entreliñas"
Duración: 50 min. PÚBLICO: + 18 anos
CAFE BAR O COTÓN
FICHA TÉCNICA

Sábado 2 abril: : Metátese Teatro (Palas de Rei), 21:00 h.
Obra: "A Saco!"
Duración: 60 min. PÚBLICO: T.P.
FICHA TÉCNICA

Sábado 9 abril: The Momento Impro, 21:00 h.
Obra: "Maquinando"
Duración: 60 min. PÚBLICO: +18 anos
FICHA TÉCNICA

Domingo 10 abril: Animundis Artes, 18:00 h.
Obra: "Animundis"
Duración: 60 min. PÚBLICO: Infantil
FICHA TÉCNICA

Venres 15 abril: Andaravía Teatro (Vedra), 21:00 h.
Obra: "Maniféstate"
Duración: 60 min. PÚBLICO: T.P.
FICHA TÉCNICA

Sábado 16 abril: Cayetano Lledó, 18:00 h.
Obra: "Sherlock Holmes"
Duración: 50 min. PÚBLICO: Infantil
FICHA TÉCNICA

Venres 22 abril: Aquelando Teatro (Muros), 21:00 h.
Obra: "No Día a Día"
Duración: 60 min. PÚBLICO: T.P.
FICHA TÉCNICA

Carlos Meixide Monólogo, 23:00 h.
Obra: "No Pensar"
Duración: 60 min. PÚBLICO: + 18 anos
BAR FONTANA
FICHA TÉCNICA

Sábado 23 abril: Debullando Teatro (E.M.T.N.), 21:00 h.
Obra: "Old Town"
Duración: 80 min. PÚBLICO: + 12 anos
FICHA TÉCNICA

Venres 29 abril: Compañía Voadora, 21:00 h.
Obra: "Calypso"
Duración: 60 min. PÚBLICO: + 18 anos
FICHA TÉCNICA

Sábado 30 abril: Ainé Producións, 20:30 h. / 22:30 h.
Obra: "Curtis & Teixeiro"
Duración: 90 min. PÚBLICO: + 18 anos
FICHA TÉCNICA

powered by social2s

 

Hoxe dáse o pistoletazo de saída a unha nova edición do Ciclo de Teatro, do Concello de Negreira, o cal traerá representacións a nosa vila durante as cinco fins de semana do mes de abril, nunha mistura de grupos afeccioados e profesionais, cuxo colofón pórano o sábado día 30 as dúas funcións de Curtis&Teixeiro, con Xosé A. Touriñán e Federico Pérez.

 

Para abrir o Ciclo de Teatro, hoxe ás 18:00 horas temos no Auditorio de Negreira á compañía Caramuxo Teatro, coa obra ¨Pavillón Lino¨. Trátase dunha proposta escénica para toda a familia, que nace para homenaxear ao desaparecido ¨Pavillón Lino¨, da Coruña, un espazo cultural de estética modernista adicado a todo tipo de actividades artísticas. Esta obra ten unha duración de 45 minutos.

E pola noite, ás 23:00 horas, o Café Bar O Cotón acolle un espectáculo baseado na improvisación, onde ninguén sabe o que vai a ocorrer en cada representación. Trátase de ¨Entreliñas¨, a cargo da compañía The Moment Impro.

E compretando a primeira fin de semana do Ciclo de Teatro, o sábado é a quenda para Metátese Teatro, de Palas de Rei, coa obra ¨A saco¨. A cita é ás 21:00 horas no Auditorio para ver un espectáculo creado a través do xogo e da improvisación que se achega a diferentes universos temáticos: a violencia de xénero, a opresión dos máis febles á ludopatía, ou as relación sentimentais. É unha obra coral que combina linguaxe corporal, física e verbal, adicada a aqueles que non teñen voz. Ten unha duración de 60 minutos, sendo apta para tódolos públicos. 

Resto do mes

Nove citas máis compretan o Ciclo de Teatro, os venres e sábados do mes de abril, coa excepción do domingo 10 coa compañía Animundis Artes, e a obra musical do mesmo nome dirixida a toda a familia, a partir das seis do serán no Auditorio. O resto son: ¨Maquinando¨, o sábado 9 con The Moment Impro (21:00);  Maniféstate, de Andaravía Teatro, o venres 15 (21:00); Sherlock Holmes, teatro infantil con Cayetano Lledó, o día 16 (18:00); No día a día, de Aquelando Teatro, de Muros, o venres 22 (21:00), e ¨No pensar¨, un monólogo de Carlos Meixide (23:00), no Bar Fontana (23:00); ¨Old Town¨, coa Escola Municipal de Teatro, o sábado 23 (21:00); Calypso, coa compañía Voadora, o venres 29 (21:00), e para rematar, Curtis&Teixeiro, o sábado 30 de abril.

powered by social2s

Conscientes da importancia dun servizo das características da Escola Infantil Municipal, unha das prioridades do Concello é renovar o seu funcionamento e maila calidade do servizo en sí. De aí, que a Concellaría de Servizos Sociais e Educación remitíse ás familias, unha carta anunciándolle a intención de facer unha modificación do Regulamento de Organización e Funcionamento da Escola Infantil Municipal, a fin de adaptalo ás necesidades dos/as usuarios/as e que sexa o máis beneficioso posible tanto para as nais e pais como para os nenos e nenas.

 

Esta labor de modificación acometerase á maior brevidade posible coa intención de que os cambios efectuados entren en vigor este mesmo curso, e xa que logo, considerando de interese as propostas que as familias usuarias poidan aportar, solicítase a participación de tal xeito que acádase o mellor resultado para o bó funcionamento da Escola, especialmente en todo o relacionado coas súas necesidades do servizo respecto ós horarios e os cambios destos, tanto á hora de apertura como de peche, o funcionamento da instalación durante o mes de xullo e, a posibilidade de que a Escola permaneza aberta durante todo o mes de agosto, así como calquera outra cuestión que lle resulte de interese ás familias.

Tódalas suxerencias, propostas e inquedanzas, pódenas entregar mediante escrito presentado no Rexistro Xeral do Concello de Negreira, á atención da concelleira de Servizos Sociais e Educación, María Jesús Veiga Hortas, tendo como data límite para elo, o mércores 23 de marzo.

powered by social2s