monologos_041017.jpgEste venres arrinca a quinta edición do Ciclo de Monólogos. Durante os catro venres do mes de outubro pasarán polo escenario do Auditorio de Negreira, algúns dos mellores monologuistas do panorama galego: Lois Pérez (venres 6); Pepo Suevos (venres 13); Xosé A. Touriñán (venres 20), e Pedro Brandaríz (venres 27).

 

Tódalas funcións serán ás 21:30 horas e con entrada xeral a 5 euros, agás nas funcións de Xosé A. Touriñán, as cales custarán 10 euros. A retirada de entradas pódese efectuar a partir dos lúns anteriores a cada función, na Delegación de Cultura, na primeira planta da Casa da Cultura, en horario de mañá.

 

O 5º Ciclo de Monólogos de Negreira comeza este venres con Lois Pérez, un contrabandista de historias e narrador oral, humorista, cronista de rock and roll, poeta e dramaturgo. Comezou a contar subido a unha caixa de cervexas e actuou en escolas de idiomas, institutos e universidades, presentacións de novelas, teatros, bares, cárceres, museos, feiras do libro e demáis antros de perdición e desenfreo.

 

Presenta Lois Pérez en Negreira, a súa proposta Historia da fronteira, que ten un pé no humor e outro na tradición oral, pero tamén na gargallada, na literatura e nas historias da Raia mollada (e da seca). 

 

powered by social2s

futsal_07_08.jpgDende o día 3 ata o 18 de outubro está aberto o prazo de inscrición da Liga de Fútbol sala do Concello de Negreira 2016/17.Unha tempada no que se espera haxa unha gran competición con novos equipos e novos retos.

 

Para este ano mantense as mesmas condicións do ano pasado que se indica a continuación:

 

1.- Categoría para xogadores Senior (maiores de 16 anos)

En caso de ser menores de idade deberán presentar unha autorización dos seus pais, para poder disputar a liga.

 

2.- Poderán participar todos os equipos, sexan federados ou non e do Concello de Negreira ou de fora del.

 

3.- A inscrición deberán formalizala na oficina de Cultura e Deportes do Concello de Negreira ata o 18 de outubro de 2017.

 

4.- O prezo para poder participar na Liga é de 270 € + 38 €/xogador (Seguro Obrigatorio)

 

4.- Os equipos deberán entregar a  folla de inscrición que contará cun máximo de 12 xogadores, e deberán aboar a cota de inscrición na seguinte conta: Abanca /  ES33 2008-0305-01-3110000021

 

5.- A reunión terá lugar o xoves 19 de outubro no Telecentro da Casa da Cultura as 21:00 h. nesta reunión os equipos entregarán a ficha de inscrición debidamente cuberta e darase a primeira xornada de liga.

 

6.- Os partidos disputaranse os luns, mércores, xoves e venres, xogándose tres partidos cada día: as 21.00 h., 21:45 h. e 22:30 h. 

 

7.- A competición iniciarase o luns 30 de outubro.

 

O teléfono de información é o 981 885 886 tamén podes enviar un correo electrónico a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

 

powered by social2s

nenosconcilia.jpgAs familias de Negreira teñen a oportunidade de participar no programa Concilia merendas, que se vai poñer en marcha a partir do mes de outubro, no CEIP O Coto, polas tardes.

 

Ata este venres 29 de setembro pódense formalizar as inscricións e recibir máis información, no Centro de Información ás Mulleres (C.I.M.), na planta baixa da Casa do Concello, ou por teléfono no 981 886 320.

 

Este programa desenvólvese coa colaboración da Secretaría Xeral da Igualdade, da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza. 

powered by social2s

fundacion270917.jpgO alcalde de Negreira, Manuel Ángel Leis Míguez, na súa condición de presidente do Padroado da Fundación de Discapacitados psíquicos de Barcala, e Filomena Casal Gómez, coma presidenta do Padroado da Fundación María Esperanza Rubido Romero, xunto coa presenza do alcalde de A Baña, José Andrés García Cardeso, en calidade de vogal do Padroado da Fundación María Esperanza Rubido Romero, asinaron hoxe na Casa do Concello, o convenio de colaboración polo que a segunda outorga á primeira, unha subvención de 10.000 euros para o desenvolvemento do Programa de mellora do benestar persoal e social. As actividades desenvolveranse durante o ano 2017.

 

A Fundación María Esperanza Rubido Romero ten por obxeto, entre outras, promove-la plena integración escolar, laboral e social das persoas máis desfavorecidas, ademáis de promover actitudes sociais positivas cara as persoas con discapacidade, a través do desenvolvemento de programas e actividades, dirixidos especificamente á atención da infancia e xuventude, ou a calquera outro colectivo en risco de exclusión social.

 

O programa de mellora do benestar persoal e social entre os usuarios/as da Fundación de Discapacitados psíquicos de Barcala ofrece actividades para o desenvolvemento das habilidades sociais e de vida no fogar, fomentando a participación na comunidade e integración social dos propios usuarios do seu centro ocupacional. 

powered by social2s

CartelNegreira.pngA edición número 38 da Carreira Popular de Negreira xa ten aberta a inscrición de participantes na web da empresa EmeSport. Celébrase o domingo 12 de novembro, con importantes novidades por canto por primeira vez incorpora  un circuito homologado pola Real Federación Española de Atletismo, dunha distancia de cinco quilómetros, polo que a organización pretende dar máis facilidades aos participantes que poderán optar por dúas distancias: 5 quilómetros ou a clásica de 10 quilómetros.

 

A xornada do 12 de novembro comezará coa Carreira de 5 quilómetros, a partir das 10.00h sobre unha distancia de 5.000 metros será para as categorías cadete, xuvenil, xúnior, promesa, sénior, veteranos e superveteranos.

A segunda e principal proba, seguirán sendo os 10.000 metros, cunha dobre volta ao circuito xa implantado na pasada edición, dende a categorías: Xúnior, promesa, sénior, veteranos M35- F35, M40-F40, M45–F45, M50–F50, e superveteranos. A saída dárase ás 10.50 horas.

 

Os atletas deberán aboar a cantidade de 6 euros unha vez fagan a solicitude de inscrición, ata o 15 de outubro, xa que a partir desa data, sobe un euro ata o 31 de outubro, e dende o día 1 de novembro ata o peche de inscricións fixado para o día 8 de novembro, a cantidade a aboar polos participantes será de 10 euros.

 

Os participantes poden facer efectiva a inscrición nunha sóa carreira (5K ou 10K).

 

Resto de probas

 

3ª Carreira: Benxamín, alevín e infantil sobre unha distancia de 1.200 metros. A hora de saída será ás 12:05h.

4ª Carreira: Prebenxamín. Distancia de 250 metros e saída ás 12.30 horas.

5ª Carreira: Chupete sobre unha distancia de 200 metros e saída ás 12.50 horas.

Poderán tomar parte nas mesmas todas as personas que queiran sexan federados ou non. A Carreira de Negreira está inscrita no Calendario Nacional de carreiras en ruta.

 

As inscricións e consultas do regulamento da 38ª Carreira Popular de Negreira pódense realizar na seguinte ligazón: http://emesports.es/event/xxxviii-carreira-popular-de-negreira/

powered by social2s