O Concello de Negreira oferta máis de 30 actividades para nenos/as e adultos/as no novo curso das Escolas Deportivas e Culturais municipais.

Entre as actividades culturais inclúese informática, teatro, pintura e gravado, danza tradicional e pandeireta.

Dentro das escolas deportivas ofértanse para nenos e nenas actividades polideportivas, atletismo, baloncesto, balonmán, ciclismo, fútbol sala masculino e feminino, judo, kárate, multideporte, patinaxe, tenis, voleibol, xadrez e ximnasia rítmica.

Para as persoas adultas haberá aerobic, atletismo, ioga, pádel, patinaxe, tenis, tenis de mesa, ximnasia de mantemento e ximnasia para maiores.

As clases, polo xeral, comezan na primeira semana de outubro, aínda que hai algunhas excepcións.

As persoas interesadas deben anotarse na Delegación de Cultura e Deportes antes do 11 de outubro. Nalgúns casos as prazas son limitadas e iranse cubrindo por orde de anotación.

O prezo estándar por curso é de 40€, con descontos para familias ou persoas que participan en máis dunha escola.

Pódese consultar toda a información a través desta ligazón:

https://escolasdeportivasmunicipais.blogspot.com.es/

powered by social2s

Dende este luns pode visitarse na sala de exposicións do Centro Sociocultural, unha mostra de pinturas e gravados dos artistas noieses Jesús Costa, Rosana Calvo e Nacho C. Beiro.

Compoñen esta exposición un total de 24 obras realizadas mediante técnicas coma o gravado ou a acuarela.

Pódese visitar ata o vindeiro 30 de setembro, en horario de 9h a 15h e de 16h a 21h. Os diferentes cadros están ademais á venda para aquelas persoas que queiran adquirir algún deles.

 

powered by social2s

diadabici20172.jpgO sábado, 16 de setembro, celebrarase na nosa vila a 11ª edición do Día da Bicicleta, organizado polo Concello e o Club Ciclista Negreira.

 

As persoas participanetes concentraranse ás dez da maña xunto á explanada do instituto Xulián Magariños. Media hora máis tarde terá lugar a saída infantil, cun percorrido de 1,2km, e ás once sairán os adultos, que percorrerán unha distancia de 10km.

 

Trátase, polo tanto, dunha actividade dirixida a todas as idades na que ademais haberá un agasallo e un refrixerio para cada participante. Iso si: o uso de casco será obrigatorio.

 

Así mesmo, coincidindo con este evento, sortearanse dúas mountain bike cedidas por Motos Antelo e Comercial Vigo, dúas das entidades colaboradoras.

 

As persoas interesadas poden anotarse na Delegación de Cultura e Deportes, na 1ª planta da Casa da Cultura, ou ben a través do teléfono 981885886.

 

powered by social2s

feriarronamico2017_310817.jpgEste venres, 1 de setembro, arrinca a XI Feira do Románico de Negreira con múltiples propostas que inclúen representacións teatrais, obradoiros infantís, exhibicións de cetrería, animación de rúa e espectáculos musicais, ademais do tradicional mercado medieval.

 

A contorna da Carreira de San Mauro e do Pazo do Cotón acollerá este evento, cun programa de actividades que dará comezo o venres arredor das 18h. Ese primeiro día haberá músicos e bufóns percorrendo a feira, unha exhibición de voio e un espectáculo de acrobacia e lume.

 

A inauguración oficial por parte das autoridadades e da corporación local será o sábado ás 12 do mediodía. Nesa xornada principal volverá haber animación de rúa e exhibicións de cetrería xa dende pola mañá, así como obradoiros infantís. Para as 13:30h está prevista unha representación teatral da man da Escola de Teatro de Negreira na zona da praza do Cotón, coa peza 'A lenda de Xenoveva e Barbante'.

 

 As actividades continúan pola tarde e pola noite, destacando un espectáculo de lume ás 23h e outro pirotécnico á medianoite, seguido dun concerto do grupo Wyrdamur.

 

Xa o domingo actuarán grupos coma Os Monifates, que se suman ás intervencións musicais dos Gascones, Losinfuste, Fire Dragons e Wyrdamur, presentes durante  os tres días de feira. A cita pecharase cun novo espectáculo da Troula Animación, que desta volta substitúe o seu 'Errantes' pola proposta 'Subumbra'.

 

Pódese consultar o programa completo na seguin ligazón:

Folleto XI Feira do Románico

 

Cortes de tráfico

Lembramos que con motivo desta celebración o tráfico estará cortado na zona da Carreira de San Mauro xa dende o xoves pola tarde e ata o domingo á noite.

powered by social2s

casetas290817.jpgO Concello de Negreira vén de proceder a distribuír os espazos dispoñibles para que as diferentes persoas e entidades que o solicitaron poidan montar un posto ou cantina na XI Feira do Románico.

 

Desta volta, tan só se conta con catro casetas do pazo do Cotón, que serán utilizadas pola Asociación Cultural Afonso Eanes, a Comisión de Festas de Aro, a SD Negreira e a agrupación local do BNG. Pola súa banda, tamén disporán dun espazo na rúa a Asociación de Amas de Casa, a Comisión de Festas de Viceso e o Agrón CF.

 

Tal e como indicou o alcalde na reunión celebrada este luns, á hora do reparto déuselle prioridade ás asociacións fronte aos particulares. Ademais, tívose en conta a data de solicitude, a antigüidade en canto a participación na feira e a vontade colaborativa co Concello ao longo do ano.

 

No encontro insistiuse no cumprimento dos horarios de apertura, especialmente o venres pola tarde, para evitar que haxa postos aínda sen montar cando xa comezou a feira. Así mesmo, ao proceder á lectura de normas, recordouse entre outras cuestións que tanto os postos como as persoas que traballan neles deben seguir unhas pautas estéticas acordes coa recreación histórica na que se basea esta festa. 

 

A XI Feira do Románico arrincará este venres a partir das seis da tarde con postos de artesanía, representacións teatrais, exhibicións de cetrería e música durante de toda a fin de semana.

 

Máis sobre a XI Feira do Romanico.

powered by social2s