carreira san mauro 51

 

O programa de asesoramento xurídico especializado en estranxeriría, que ofrece o Concello de Negreira para promover a igualdade, a saúde e a inclusión social, financiado con fondos REACT pola Unión Europea (UE) como parte da resposta á pandemia da Covid 19; ofrece tres talleres de interese que terán lugar no auditorio da Casa da Cultura:

 

- Xoves 24 de novembro: O sistema de protección internacional en España: actualidade e desafíos.

- Xoves 1 de decembro: Os principais cambios no regulamento de estranxeiría trala súa reforma.

- Xoves 15 de decembro: A nacionalidade española: modalidade de adquisición.

 

Horario: de 16:00 a 18:00 horas.

 

powered by social2s

negreira e val do dubra renovan o convenio de atencion tempera

 

Os alcaldes de Negreira e Val do Dubra, Manuel Ángel Leis Míguez e José Manuel Varela Rodríguez, respectivamente, cando ás concelleiras de Servizos Sociais, María del Mar García Vidal e Rosa Parafita Romero, respectivamente, asinaron un novo convenio para o mantemento da Unidade de Atención Temperá para o periodo 2022-2024, xa que ambos concellos comparten este servizo que dende marzo de 2022 forma parte da Rede Galega de Atención Temperá, con financiación da Xunta de Galicia e fondos da Unión Europea.

 

A UAT concíbese coma un espazo biopsicosanitario que realiza intervencións dirixidas á rapazada de 0 a 6 anos, a súa familia e o seu entorno. Na actualidade, atende a 63 nenos e nenas. Os luns, martes e mércores, nas instalacións de Negreira, na rúa de Castelao. Os xoves e os venres, en Val do Dubra.

 

A Unidade de Atención Temperá de Negreira e Val do Dubra confórmana catro especialistas que se distribúen nas áreas: conductal; cognitiva, linguaxe e psicomotora. Trátase dun equipo interdisciplinar no cal se realizan tarefas de acción nas intervencións e de coordinación tanto a nivel interno coma en outros organismos da contorna.

 

Manuel Ángel Leis Míguez, alcalde de Negreira, subraiaba que é un servizo “fundamental” e que seguirán “nesta liña de colaboración pola boa valoración que fan os técnicos do servizo e sobre todo as familias, que son as que realmente teñen que decir se están contentos coa prestación”, sinalou. Pola súa banda, José Manuel Varela Rodríguez, alcalde de Val do Dubra, salientou o feito de que comparten a mesma filosofía que Negreira, de que é “un servizo esencial que naceu froito da colaboración entre os dous concellos e de que debemos dar todo o noso apoio ás familias”, precisou.

 

En continuidade coa atención dos menores con diversidade, dende o Concello de Negreira xerouse un espazo de traballo para menores de 6 a 14 anos, a través do Servizo Terapéutico Municipal, cuxa profesional encargada de coordinar a UAT e o servizo, é a logopeda, María Jesús Cao Meitín. O servizo municipal ofrece unha atención especializada para atender as necesidades específicas, dándolle continuidade á atención realizada ata os seis anos.

powered by social2s

un nadal sen diferenzas agasalla co voluntariado

 

O Concello de Negreira, a través do Servizo de Voluntariado, lanza a súa campaña anual de Reis para que ningún nen@ de Negreira quede este Nadal sen o seu agasallo por tan importante celebración para as crianzas.

Queres axudar aos Reis Magos?

Pois é moi sinxelo. No mes de decembro recibirás na túa conta de correo electrónico, unha carta na que un neno ou nena de Negreira pedirá varios agasallos, dos cales, as persoas participantes mercarán só un, de valor igual ou inferior a 30 €, e así, poder facel feliz o día de Reis.

Infórmate da campaña no número de teléfono: 664 074 674, ou no seguinte enderezo electrónico: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

Grazas de antemán pola vosa colaboración.

powered by social2s

evacuacion dos ppee alvite e alvite ii

A Xefatura Territorial da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación da Coruña, mediante acordo do 14 de outubro do 2022, somete a información pública a solicitude de autorización administrativa previa, á autorización administrativa de construcción, o estudo de impacto ambiental (EIA), e o proxecto de interese autonómico (PIA) do proxecto: Solución de evacuación conxunta dos parques eólicos Alvite e Alvite II, nos concellos de Negreira e Mazaricos (exp. IN408A 2020/161).

http://descargas.xunta.es/6341c3cd-e4d7-43dd-919e-fb5ff11bd3a21665739383494

O prazo de exposición pública é de 30 días contados a partir do día seguinte ao 14 de novembro de 2022, trala publicación do acordo no Diario Oficial de Galicia (DOG). A documentación pódese comprobar nos concellos de Negreira e Mazaricos, ou mesmo no portal web da Consellería de Economía, Empresa e Innovación, a través da seguinte ligazón:

https://economia.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-de-xeracion

 

DOCUMENTACIÓN TÉCNICA

Proxecto de execución: 

http://descargas.xunta.es/aef4cac1-7f4e-4ac5-92af-9c1187ee04261665739528164

Plano Xeral do proxecto do Parque Eólico: 

http://descargas.xunta.es/70ad9138-28ec-40af-884e-d1aeeb9a28151665739545643

Estudo de Impacto Ambiental: 

http://descargas.xunta.es/b17f761c-a256-43fb-b74f-f059de615f7a1665743536441

Proxecto de Interese Autonómico: 

http://descargas.xunta.es/2ad9c8a5-e640-4adc-afdf-765ed1738fe21665739526219  

powered by social2s

Loita contra violencia de xenero 2

 

A presente convocatoria ten por obxecto a concesión dos premios do XII Concurso de relatos curtos e carteis gráficos “Loita contra a violencia de Xénero”, organizado polo Concello de Negreira a través do Centro de Información á Muller (CIM), co fin de sensibilizar á poboación sobre desta lacra social.

Bases de participación

.Poderán participar tódalas persoas menores de 18 anos.    

                                                      

2ª.Os traballos presentados deberán ser entregados no Centro de Información á Muller no Concello de Negreira, nun sobre pechado. Deberá constar un número de teléfono de contacto e en ningún caso deberá aparecer o nome da persoa participante. A identificación da persoa levarase a cabo mediante o uso dun pseudónimo.

3ª.O concurso constará de tres modalidades: relato curto ,cartel gráfico e curtametraxes. A temática a que deben axustarse os traballos é a Loita contra a Violencia de Xénero en tódalas súas manifestacións: física, psicolóxica, sexual, económica, estrutural… así como os efectos e consecuencias da mesma en tódalas persoas que a sofren.

4ª.Os traballos presentaranse en galego ou castelán. No caso dos relatos terán como extensión máxima 5 folios (DIN-A4).

 

.Tódolos traballos que se presenten deberán ser orixinais, inéditos e non presentados en anteriores concursos neste ou noutro concello. De non ser así, quedarán inmediatamente excluídos do concurso.

6ª.Os criterios de valoración para elixir ós traballos premiados serán os seguintes: contido e tratamento do tema, orixinalidade, expresión e presentación en xeral.

7ª. O prazo para a presentación dos traballos é do 16 ó 24 de novembro.

8ª.Os traballos orixinais quedarán en poder do CIM de Negreira que se reserva o dereito para a súa publicación, exposición, doazón ou calquera outro uso posterior, sempre sen ánimo de lucro.

9ª.Entre tódolos traballos recibidos un xurado independente seleccionará os gañadores de cada modalidade e concederá os seguintes agasallos :

            -Premio ó mellor relato curto: vale regalo por importe de 100 Euros a utilizar nunha tenda da vila.

            -Premio ó mellor cartel gráfico: vale regalo por importe de 100 Euros a utilizar nunha tenda da vila.

 

-Premio ó mellor curtametraxe: vale regalo por importe de 100 Euros a utilizar nunha tenda da vila.

 

10ª. A entrega de premios levarase a cabo de maneira individual en data a concretar entre a organización e as persoas premiadas.

11ª.Os traballos gañadores poderán divulgarse a través dos medios de comunicación locais.

12ª.As persoas participantes serán as únicas responsables do contido respectando as esixencias legais de dereitos, de autoría ou plaxio, segundo as leis vixentes.

13ª.Tódolos participantes están obrigados a cumprir estas bases. Calquera outra circunstancia non prevista nas mesmas, será resolta polo xurado e as súas decisións serán inapelables.

powered by social2s