BANDO DE ALCALDÍA

 

 

DON MANUEL ÁNGEL LEIS MÍGUEZ, ALCALDE DO CONCELLO DE NEGREIRA (A Coruña)

 

Comunico a todos/as os/as veciños/as, que ante a incidencia de casos producidos nos últimos 14 días polo Covid 19 neste termo municipal, e trala xuntanza mantida coa Consellería de Sanidade, informase que a nosa situación é de risgo MEDIO-ALTO, o que conleva a:

 

-Movilidade reducida ó límite do noso Concello coa área de Santa Comba e Mazaricos.

-Peche as 17.00 da hostelería e restauración, así como un aforo de 30% interior e 50% en terrazas dos mesmos.

-Reunións de 4 persoas máximo.

 

Ademáis, o Concello decidiu adoptar as seguintes medidas a prol de ter un maior control da situación de cara a estas datas de Nadal:

 

1ª SUSPENDER TODAS AS ACTIVIDADES CULTURAIS E DEPORTIVAS PREVISTAS.

2ª SUSPENDER TODAS AS ESCOLAS DEPORTIVAS E CULTURAIS.

3ª PECHE TEMPORAL DAS INSTALACIÓNS DEPORTIVAS.

 

Este Concello de Negreira tamén quere recordar a toda a veciñanza que é imprescindible cumprir as recomendacións das autoridades sanitarias para previr e evitar a transmisión do Covid-19:

 

-        Usar máscara, que é obrigatorio en tódalas circunstancias.

-        Lavar as mans con frecuencia ou usar as solucións hidroalcohólicas.

-        Evitar as aglomeracións, reunións e actos sociais.

-        Se presenta síntomas (febre, tos, dor de cabeza, perda de olfato e gusto,…) quedar na casa e contactar vía telefónica co médico de atención primaria.

 

O concello pide á veciñanza que continúe colaborando na loita contra o virus e siga as recomendacións do Ministerio de Sanidad, Consellería de Sanidade e do Concello de Negreira.

 

No caso de ter algún síntoma contactar co teléfono de información para a cidadanía

 

 

900 400 116

 

Para máis información www.coronavirus.sergas.gal

Negreira, 17 de decembro de 2020.

O alcalde

Manuel Ángel Leis Míguez

 

Attachments:
Download this file (Bando-de-Alcaldia.pdf)Descargar bando
powered by social2s

O pasado 30 de setembro comezou o Programa de emprego Mocidade 2020, promovido polo Concello de Negreira en colaboración cos concellos da Baña, Santa Comba e Val do Dubra, ao abeiro da Orde do 27 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas e subvencións para a realización de programas de emprego para persoas mozas incluídas no ficheiro do Sistema Nacional de Garantía Xuvenil (formación e aprendizaxe) no ámbito da comunidade autónoma de Galicia.

 

Concibido como un programa mixto de emprego e formación, está dirixido a mellorar a ocupabilidade das persoas de dezaoito ou máis anos incluídas no ficheiro do Sistema Nacional de Garantía Xuvenil, a través da súa cualificación profesional en alternancia coa adquisición de experiencia laboral mediante a realización de obras ou a prestación de servizos de utilidade pública ou interese social.

 

Do 26 de outubro ao 5 de novembro, no proxecto impartiuse a formación complementaria en materia de prevención de riscos laborais por parte dunha entidade de prevención autorizada correspondente á ocupación que o alumnado traballador vai desempeñar: Fábrica de albanelería e Actividades auxiliares en viveiros, xardíns e centros de xardinería (con 8 alumnos/as traballadores/as en cada unha).

 

O curso básico de PRL, de 60 horas de duración, foille comunicado á Fundación Laboral da Construción (FLC) para que ambas especialidades obtivesen a titulación oficial. A maiores, a especialidade de albanelería recibiu o curso de 2º ciclo de Prevención de riscos laborais específico e en xardinería o curso básico de Prevención de riscos no sector forestal.

 

A entidade de prevención que impartiu o curso proporcionoulle ao alumnado traballador para facer prácticas os equipos de protección individual adecuados, de maneira que probasen diferentes tipos de arneses, cascos, conectores e liñas de vida para unha colocación correcta dos diferentes equipos así como a través de exercicios de seguridade e posición.

 

A formación en prevención de riscos laborais é obrigatoria e imprescindible para que o alumnado traballador poida saír a realizar as obras. En concreto, son 45 as actuacións previstas nos catro concellos participantes do Programa de emprego mocidade 2020.

 

Realizada xa unha parte dos módulos de formación teórica de ambos certificados de profesionalidade, o equipo de Fábrica de albanelería comezou as prácticas de formigón e tabicado no campo de fútbol de Pedra Mámoa e o de Actividades auxiliares en viveiros, xardíns e centros de xardinería está a renovar o invernadoiro no terreo da rúa Tedelle da Baña e tamén con actuacións de xardinería na zona do Parque do Coto, en Negreira.

 

O Programa de emprego Mocidade 2020 está subvencionado pola Consellería de Economía, Emprego e Industria, e cofinanciado pola Unión Europea, a través do Fondo Social Europeo, Programa Operativo de Emprego Xuvenil.

 

powered by social2s

A Área de Turismo do Concello de Negreira presenta o novo logo de Turismo de Negreira, co patrimonio e a natureza como valores destacados. Trátase dunha imaxe composta por varios elementos. O máis destacado é o nome da vila e do Concello en cor negra. Por debaixo e con menor tamaño, a palabra “turismo” en cor verde. Acompañando as dúas palabras do logo, sitúase a imaxe, tamén coas cores verde e negra. Un conxunto que semella unha folla de carballo, coa parte superior representando o patrimonio negreirés, xa que pode intuírse o pazo do Cotón, protagonista e xerme da vila, ou a Ponte Maceira, flamante porta de entrada do Camiño no Concello de Negreira. A sombra do elemento superior en verde completa o conxunto nunha folla dunha típica árbore galega como é o carballo, que marca a importancia da natureza.

powered by social2s

Rede Araña, en colaboración co Grupo de Desenvolvemento Rural Terras de Compostela e mailo Centro de Información á Muller do Concello de Negreira, iniciaron hoxe unha acción formativa de emprendemento para mulleres dentro do programa "Adiante rural", coa participación dunha ducia de veciñas da comarca de Barcala.

 

Este curso vaise desenvolver ata o venres 18 de decembro, tódalas mañás, en horario de nove da mañá ás dúas da tarde, na Casa da Cultura, e incluirá este xoves 17 a participación de Beatriz García Cibreiro, vicepresidenta de AJE para Santiago de Compostela, para un estimulante Networking.

 

A devandita acción formativa inclúe dúas partes diferenciadas: Unha primeira de motivación para a búsqueda de emprego, dunha duración de 5 horas, que inclúe motivación e reforzo, coaching motivacional, e habilidades sociais de aplicación no ámbito profesional; e unha segunda acción dunha duración de 20 horas en tres módulos: Liderado feminino; marketing online e axudas e subvencións para o emprendemento feminino no medio rural.

 

O acto de inauguración contou coa presenza da concelleira da Muller e Igualdade, María del Mar García Vidal, e maila directora do CIM, Rosa Fuentes Cambeiro.

 

powered by social2s

Segundo a información publicada polo Servizo Galego de Saúde (Sergas), o número de novos contaxios diagnosticados por Probas Diagnósticas de Infección Activa (PDIA), nos últimos 14 días no noso concello é de 26 casos. En canto ao número de casos activos a día de hoxe, venres 11 de decembro é de 29 contaxios.

 

O Concello de Negreira pídelle á cidadanía o cumprimento das medidas hixiénicas e de protección fronte á pandemia, e que son as recomendadas polas autoridades sanitarias que no caso da Consellería de Sanidade, e tras analizar o subcomité clínico a situación epidemiolóxica na nosa comarca, acordou implementar unha vixilancia especial cando a outros 15 concellos galegos, e entre eles figuran os veciños municipios da Baña, Mazaricos e Santa Comba. Todos estes municipios continuarán, polo de agora, co mesmo nivel de restricións actual.

 

É moi importante seguir respectando as medidas sanitarias e de seguridade para poder continuar reducindo a cifra de contaxios no noso concello como xa sucedeu en ocasións anteriores durante a pandemia.

powered by social2s