Co gallo da celebración da IV Trofeo Ciclista ¨Concello de Negreira¨, o sábado 25 de xuño, dende as 15:00 ás 21:00 horas, permanecerán pechadas ao tráfico as seguintes rúas:

 

Avenida das Brañas; rúa Real Club Deportivo da Coruña; rúa Carballiños; rúa Xosé Manuel López Ardeiro; rúa Castelao; rúa Rosalía de Castro e rúa do Tambre.

Para que o evento deportivo se poida desenvolver con normalidade e a máxima seguridade, o Concello de Negreira solicita a colaboración veciñal facendo o menor uso posíbel dos vehículos durante o desenvolvemento da proba.

powered by social2s

Con prioridade para as persoas que teñan participado ou estean a facelo, nas acción específicas impartidas no marco do proxecto RedeXiana2, promovida pola Deputación da Coruña, os mozos e mozas maiores de 18 anos, inscritos como demandantes de emprego e con certificado de escolaridade ou nivel básico e comprensión lectora, poden beneficiarse da acción formativa, de balde, de cara á preparación para a obtención dos permisos de conducir tipo B e do CAP, este último que habilita para a conducción de vehículos de mercancías.

 

Dita preparación vai ter lugar en Santiago de Compostela, e os interesados de Negreira débense anotar antes do 22 de xuño, no Servizo Local de Emprego, na primeira pranta da Casa do Concello, na rúa do Carme, 3.

Asemesmo, está previsto o inicio para o luns 27 de xuño do curso sobre Montaxe e mantemento de instalacións solares e fotovoltaicas que se vai a realizar no municipio de Ames.

Ábrese a convocatoria a todas as zonas, posto que hai prazas vacantes neste curso cunha duración de 900 horas. O prazo péchase este xoves de xuño. O curso non é acreditado polo que non leva aparellada a obtención do certificado de profesionalidade.

powered by social2s

O Concello de Negreira informa que o luns 20 de xuño abrirán ó público para a tempada estival, as dúas piscinas municipais ao aire libre do Parque do Coto, prolongándose a tempada até o día 15 de setembro.

 

O seu horario de apertura durante os meses de xuño e setembro é de 16:00 a 20:30 horas; e durante os meses de xullo e agosto, de 10:00 a 15:00, e de 16:00 a 20:30 horas.

Abonos

Retirar na Delegación de Cultura e Deportes. Prezos:

Mensual: 10 euros

Tempada: 20 euros

Familiar: 30 euros

Familia numerosa: 40 euros

Cursos

Do 1 de xullo ó 30 de agosto, mediante pago dunha cota de 8 euros, entregándose o xustificante do ingreso bancario e maila solicitude cuberta, na Delegación de Cultura e Deportes.

Grupo 1: do 1 ó 29 de xullo, de 10 a 13 horas, de luns a venres (100 prazas)

Grupo 2: do 1 ó 30 de agosto, de 10 a 13 horas, de luns a venres (100 prazas)

Natación para bebés: do 1 de xullo ó 30 de agosto, de 13 a 13:30 horas. De luns a venres.

Natación para adultos e Terceira Idade: de 14 a 15 horas.

powered by social2s

O Centro Sociocultural acolle a exposición dos traballos realizados nos diferentes Obradoiros de manualidades e creatividade ¨Animando as parroquias¨, desenvolvidos polo  Concello de Negreira, creacións que van permanecer expostas até o mércores día 29 de xuño na planta baixa.

 

Durante acto de clausura, tanto o alcalde, Jorge Tuñas Caamaño como a concelleira de Servizos Sociais, María Jesús Veiga Hortas, animaron ás usuarias a continuar o vindeiro curso coas súas actividades, as cales dixo «estimulan as capacidades de creación de fermosos traballos en pintura ou tela».

Parroquias participantes:

Alvite; Aro; Arzón; Bugallido; Gonte; Landeira; Portor; Xallas; A Pena; Liñaio; Logrosa e Negreira (grupos 1 e 2).

powered by social2s

O último sábado do mes de xuño celébrase en Negreira a décima edición do Día da bicicleta, dende as dez da mañá coa concentración no final da rúa de Castelao, a carón das instalacións do instituto Xulián Magariños. Como tódolos anos haberá dous percorridos, coa saída infantil ás 10.30 horas, de 1,2 quilómetros ata o campo dá feira, mentras ca saída de adultos será ás 11:00 horas cun percorrido de 11 quilómetros. É obrigado o uso de casco protector.

 

Tódolos inscritos/as recibirán un refrixerio e unha camiseta conmemorativas, ademáis de entrar no sorteo de agasallos doados polas firmas colaboradoras, así coma o sorteo dunha bicicleta de mountain bike cedida por Comercial Vigo.

Inscricións: Delegación de Cultura e Deportes, ou no número de teléfono 981 88 58 86. É necesario o número do DNI.

Colaboran: Garport; Autocares López; Coca Cola; Breogán Deportes e Comercial Vigo.

powered by social2s