Hoxe quedou constituida a Mesa Local de Coordinación Interinstitucional contra a Violencia de Xénero, do Concello de Negreira, a cuxo acto celebrado no Salón de Plenos da Casa do Concello asistiu a secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella.

Constitúen a Mesa, o alcalde Jorge Tuñas Caamaño como presidente da mesma e, actuando como secretaria, a directora do Centro de Información á Muller, Rosa Fuentes Cambeiro, coas seguintes vogalías: A concelleira de Emprego, Muller, Medio Ambiente e Agricultura, María del Mar García Vidal; persoal do CIM, Natalia Suárez García; persoal dos Servizos Sociais municipais, María Rosario Cajuso Barbazán; representante da Policía Local, Eulogio Cives Martínez; representante da Garda Civil, o sarxento comandante do posto de Negreira, Fernando Otero Calviño; representante do IES Xulián Magariños, o seu director, Adelino Pose Reino, e representante do CEIP O Coto, Marina Natalia Fariñas de Alba.

A Mesa Local de Coordinación Interinstitucional contra a Violencia de Xénero reunirase de xeito ordinario con periodicidade semestral, e de xeito extraordinario ou con carácter de urxencia, sempre que a situación o requira.

A Mesa Local de Coordinación Interinstitucional contra a Violencia de Xénero é un instrumento operativo no que están representados todos os ámbitos municipais implicados, directa ou indirectamente, na loita contra a violencia de xénero, co obxecto de procurar unha maior eficiencia da resposta ante a grave vulneración de dereitos que supón a violencia de xénero.

powered by social2s

O primeiro Torneo e maila terceira Gala de Ximnasia Rítmica ¨Vila de Negreira¨, desenvolvidos en horario de mañá e tarde, respeitivamente no Pavillón Municipal de Pedra Mámoa, e baixo a organización do Concello de Negreira, tiveron unha gran acollida por parte de clubes e público asistente.

 

No Torneo participaron 171 ximnastas de oito clubes e escolas de Negreira, Marín, Pontevedra, A Coruña, Oroso e Santiago de Compostela, e xa de tarde, foron 188 as ximnastas participantes na exhibición da Escola de X.R. de Negreira; Compostela; Oroso; o Colexio Os Tilos e mailo club Squash Santiago.

powered by social2s

Os novos talentos do cinema galego cítanse en Ficciónate, un ciclo de cinema feito en Galicia, promovido por Andrés Rozados (Abella Creativa), e que a súa vez é o director de producción de Fálame do silencio. O ciclo chega á vila grazas á colaboración do Concello de Negreira. 

 

Este venres 27 de maio, ás 22:00 no Auditorio do Centro Sociocultural, terá lugar o segundo pase, trala estrea na Illa de Arousa, do primeiro ciclo de cinema galego Ficciónate. Neste evento estarán presentes e representando a cada filme:

+       Fálame do silencio: Lois Blanco, director e guionista.

+       El Comediante: Óscar Cruz, director e guionista; Pedro Brandariz, actor, e Jorge Boquete, cámara e encargado de postprodución.

+       Rancor: os actores Miguel Borines e Iago Novoa; o director de fotografía Xoán Morgade; o director Miguel Morales e o director de producción, Miguel Díaz.

+       Unary: Nacho Caballero, o seu produtor e o director, Luis Avilés.

powered by social2s

O Concello de Negreira promove este domingo pola mañá, un novo evento deportivo como complemento á III Gala da Ximnasia Rítmica, en xornada de tarde. Trátase do primeiro torneo desta modalidade deportiva, ambolos dous a celebrarse este domingo no Pavillón Municipal de Pedra Mámoa.

 

- 1º Torneo de Ximnasia Rítmica

A partir das 10.30 horas e coa participación de oito clubes e escolas. En total serán 171 participantes e oito adestradoras dos seguintes clubes:

Escola de Ximnasia Rítmica de Negreira

Clun In Mare, de Marín (Pontevedra)

Club As Triscas, de Pontevedra

Club Vila de Pontevedra

Club Ximnasia Coruña

Club Ximnasia Rítmica Compostela

Escola Ximnasia Rítmica Compostela

Club Ximnasia Rítmica Oroso

- 3ª Gala de Ximnasia Rítmica

A partir das 17.30 horas e coa participación de 188 ximnastas e seis adestradoras, e coa participación das seguintes escolas:

Escola de Ximnasia Rítmica de Negreira

Club Deportivo Ximnasia Rítmica Compostela

Escola Ximnasia Rítimica Compostela

Club Ximnasia Rítmica Oroso

Colexio Os Tilos, de Teo

Squash Santiago

powered by social2s

O Concello de Negreira vén de proceder á licitación da contratación dos servizos de segregación, recollida, transporte e tratamento ou vertido dos residuos depositados no Punto Limpo, propiedade municipal e sito no Parque Empresarial de Covas. Trátase dun procedemento aberto con multiplicidade de criterios, cuxo prazo de execución é de catro anos e sen opción de prórroga.

 

Os criterios de adxudicación son os contemplados nas cláusulas sexta e oitava do prego de cláusulas administrativas particulares que rexe a contratación, cun orzamento base de licitación dun importe neto de 112.000 euros, e un importe total de 123.000 euros, non esixíndose garantía provisional.

O prazo de presentación das ofertas é o de 8 días naturais dende o mércores 25 de maio, no Rexistro Xeral da Casa do Concello (rúa do Carme, 3, baixo).

powered by social2s