peregrinos070817.jpgOs datos recollidos dende a Oficina Información ao Peregrino revelan que no pasado mes pasaron pola nosa vila máis de 1.116 camiñantes.  

 

Curiosamente, o número de visitantes reduciuse levemente con respecto ao mes de xuño, no que a cifra era de 1.130. Aínda así, hai que ter en conta que non todas as persoas que chegan á nosa vila quedan rexistradas nos datos da caseta de información, polo que o número é superior.


En canto á súa procedencia, a maioría foron españois, seguidos de italianos, franceses, alemáns, ingleses e estadounidenses. Tamén houbo persoas que chegaron dende lugares como Eslovenia, Letonia, Taiwan ou Malasia.

 

A maioría deles foron homes e a franxa de idade máis común foi a dos 35 aos 60 anos. Ademais, o 98% facían o Camiño de Fisterra por primeira vez, mestres que un 2% optou por repetir.

 

Entre as principais motivacións, a que máis trunfa é a ociosa, combinada coa deportiva e coa espiritual.

powered by social2s

verancultural010817.jpgRemata o mes de xullo pero continúa o Verán Cultural do Concello de Negreira. Logo da clausura da primeira tanda dos cursiños de natación, hoxe comezan os dos mes de agosto nas instalacións da Piscina Municipal.

 

Así mesmo, continúan no Centro Sociocultural os obradoiros de manualidades e xogos Diververán e no colexio do Coto o campamento urbano Respira.

 

Dentro das citas para os vindeiros días, o venres haberá de novo cultura a pé de rúa, co espectáculo de equilibrismo "WELCOME, Cía. Duelirium". Será ás 21:00h na praza do Concello.

 

Pola súa banda, o sábado terá lugar unha ruta de sendeirismo que subirá ao mirador do Cotro, en Campolongo. Esta andaina, que conta cun percorrido de 10km de dificultade media, sairá ás 9:30 da mañá e o retorno, que será en autobús, está previsto para as 13h.

 

O Verán Cultural inclúe como principal actividade neste mes de agosto a Noite Folk, programada para o día 19 no Refuxio dos Pescadores de Cobas coas actuacions de Uxía Senlle, Treixadura e Tiruleque.

powered by social2s

O Concello de Negreira colabora coa campaña solidaria #súmatedoasangue.

 

En apoio á Axencia Galega de Doazón de Sangue e Órganos (ADOS), dende o consistorio nicrariense impúlsase a participación nas campañas de doazón de sangue, que no verán se atopan con maiores dificultades. Así, procúrase sensibilizar da importancia deste acto solidario e tratar de garantir unha participación axeitada para cubrir as necesidades dos hospitais. 

 

Nos vindeiros días o Concello distribuirá unha carta informativa entre a veciñanza para solicitar a súa colaboración. Recordamos que poden doar sangue as persoas entre 18 e 65 anos que pesen máis de 50 quilos. Na nosa vila poerán facelo o martes, 8 de agosto, cando unha unidade móbil de doazón de sangue estará situada diante do Centro de Saúde en horario de 9.30 a 14.30 e 16.00 a 21.00 horas. Nese día, ademais, persoal sanitario revisará a saúde das persoas que se acheguen antes de levar a cabo a doazón.

 

Os hospitais galegos precisan preto de 10.000 doazóns de sangue cada mes para atender a todos os doentes. Negreira acadou 64 doazóns por cada 1.000 habitantes en 2016 e o obxectivo é manter a participación nas cifras que recomenda a Organización Mundial da Saúde (40 a 60 doazóns por cada 1.000 habitantes).

 

Dende o Concello de Negreira faise un agradecemento especial ás persoas que participan cada ano nas campañas de doazón de sangue. Grazas a este xesto solidario, os hospitais atenden aos enfermos de cancro e leucemia e levan a cabo, cada día, unha media de 2.700 urxencias, 500 intervencións cirúrxicas e 3 transplantes de órganos e tecidos. 

powered by social2s

O Concello de Negreira quere convidar ás familias de Negreira con fillos e fillas menores de 15 anos, a asistir ao XXXIV Trofeo Manolo Martín de fútbol que se vai disputar o martes 8 de agosto no Estadio Abanca – Riazor, de A Coruña, entre o Fabril e mailo Real Madrid Castilla, a partir das 18:30 horas.

Arsenio Iglesias será o encargado de realizar o saque de honra, e toda a recadación irá destinada á recuperación do santuario da Virxe da Barca, en Muxía.

As entradas para os maiores de 15 anos terán un custo de cinco euros. O Concello informa que os sub15 teñen acceso de balde mediante o convite que poderán retirar na Delegación de Cultura e Deportes, na primeira pranta da Casa da Cultura de Negreira.

powered by social2s

 

O Concello de Negreira programa unha ruta de sendeirismo que subirá ata o mirador do Cotro, en Campolongo.

 

 Terá lugar o sábado, 5 de agosto, con saída ás 9.30 da mañá. O percorrido, dun nivel de dificultade media, conta cuns 10 quilómetros . Logo de subir ao mirador, farase o retorno en autobús, chegando sobre as 13h a Negreira.

 

Máis información no departamento municipal de Cultura e Deportes.

powered by social2s