O debuxo realizado polos nenos e nenas de 2 a 3 anos da Escola Infantil Municipal de Negreira, será o que ilustre o cartaz da programación do Concello polas festas de Nadal, ao ser o debuxo gañador do Concurso de Cartaces do Nadal, cuxo premio entregarase o vindeiro día 5 de xaneiro durante a celebración da festa posterior á Cabalgada dos Reis Magos, no pavillón do CEIP O Coto, e cando tamén se entregarán os tres premios do concurso de decoración navideña. O premio consiste nun vale agasallo por valor de 90 euros.

Noraboa e Bo Nadal !!

powered by social2s

Este domingo 15 comezan as actividades do programa de Nadal en Negreira co Festival da Escola Municipal de Teatro, ás seis da tarde no Auditorio do Centro Sociocultural, coas representacións dos distintos grupos da escola que dirixe Sandra Lesta:

 

- Uvas 2020 - alumnos de Infantil e 1º Primaria

 

- Tendas navideñas - usuarios da Fundación de Discapacitados

 

- O espíritu navideño - alumnos de 2º de Primaria

 

- Axentes do Nadal - alumnos de 3º e 4º de Primaria

 

- Fin de ano en Lugo e Badulaque - de 5º e 6º de Primaria

 

 - Contos de Nadal (Charles Dickens) - alumnos de Secundaria

 

 

O mércores 18 teremos a Videoconferencia con Papá Noel, ás 13 horas no Telecentro, e pola tarde, a partir das 18:30 horas o acto do fallo do oitavo Premio de Poesía Xosé Manuel López Ardeiro, no Auditorio. Actuará o grupo Oîma.

 

O venres 20 teremos a visita de Papá Noel á Escola Infantil Municipal, ás 12 horas, e videoconferencia con Papá Noel, no Telecentro, así como a Audición da Escola de Música, ás 18:30 horas no Auditorio; seguida ás 21 horas da segunda Gala de Fútbol de ADN.

 

O sábado 21 pola tarde, dende as 18 horas e no Auditorio, celébrase o vixésimo noveno Gran Festival de Nadal, con entrada de balde.

 

O domingo 22 pola mañá, de 11 a 13 horas na Casa da Cultura, teremos o Torneo de Xadrez do Nadal.

powered by social2s

A Asociación ¨Los pueblos más bonitos de España¨ remitiu ao Concello de Negreira, unha comunicación formal informando que na súa Asemblea Nacional celebrada o pasado día 30 de novembro de 2019 en Puebla de Sanabria (Zamora), o noso concello foi admitido como novo membro da asociación, unha vez aceptada a candidatura de A Ponte Maceira como un dos pobos máis fermosos de España, polo que a partir de agora traballaremos xuntos para mellorar e conseguir os obxectivos que nos marquemos no futuro.

 

Attachments:
Download this file (Comunicacion.pdf)Comunicación
powered by social2s

Informámos da convocatoria dunha reunión que terá como tema central a tratar, a Concentración parcelaria de Aro-Campelo e Gonte, sobre prazos para a tala de madeira, entre outros asuntos de relevancia, así como outras cuestións de interese veciñal, o mércores día 11 de decembro, ás 20:30 horas e no Local Social da parroquia de Aro.

 

Debido á importancia dos temas a tratar, dende o Concello de Negreira animamos a toda a veciñanza a que asista e participe activamente na devandita reunión, co fin de dar voz a todos e buscar o benestar xeral.

powered by social2s

 

A Dirección Xeral da Policía Nacional comunicou ao Concello de Negreira, as datas do vindeiro ano nas que o Equipo Móvil da Comisaría da Policía Nacional de Santiago de Compostela se desprazará ata Negreira para a renovación do Documento Nacional de Identidade, que son as seguintes:

 

 

A listaxe para cada renovación sempre está aberta ata chegar ao límite de prazas, que son 45 por cada día de realización do documento, e que para apuntarse é necesario ou ben chamr ao Concello (Tlf. 981 885 250), ou ben persoarse nas Oficinas Xerais, na primeira pranta.

powered by social2s