A Xunta de Goberno Local do Concello de Negreira, vén de adxudicar este luns 10 de xaneiro, o proxecto para instalar unha rede de saneamento ao núcleo de Negreiroa, que é o máis próximo e onde se atopa a estación depuradora de augas residuais (EDAR) da comarca de Barcala.
Este proxecto está incluído dentro do Plan Único de Concellos POS+2021 e estaba orzamentado en 95.295 euros.
Os traballos de excavación de zanxas, de instalación da rede de saneamento e, de formigonado final; foron adxudicados á empresa Mantido SL, por un montante final de 78.333 euros e cun prazo de execución de 60 días.
Imaxe: Arquivo Concello de Negreira
Para saber máis sobre este Plan, podedes visitar esta páxina web: https://www.pactodelosalcaldes.eu/es/ ou descargar o informe en PDF.
Attachments: PACES Concello de Negreira.pdf
O Concello de Negreira considerou necesario pedir un cribado o día de onte, 4 de xaneiro do 2022, para a pobación menor de 20 anos, debido a que considera entre outras causas, a difícil situación que está a vivir coa inminente volta ás aulas do alumnado.
A recomendación de realizarse un test de antíxenos para poder incorporarse ao curso escolar é entendible pero pouco práctica. É case imposible conseguilos nos lugares habilitados para vendelos, e tamén para algunhas familias e bastante difícil afrontar o custo dos mesmos, xa que subiron o seu prezo e tamén teñen que desprazarse á outros concellos para poder adquirilos.
Dende o Goberno municipal, consideramos esencial que os rapaces/as vaian seguros aos centros educativos, e coa realización das probas sería unha boa forma de garantir que o virus non se extenda e provoque outra subida masiva dos casos.
Polo tanto, remitiuses unha petición á Xerencia do Servizo Galego de Saúde, solicitando un cribado no mesmo concello como así se fixo nos cribados anteriores, agardando en breves que teñamos unha resposta afirmativa para así axudar a mitigar dita pandemia e volver a lograr que os rapaces/as continúen seguros a súa educación.
Debido a elevada incidencia de casos de covid19 en Negreira e nos concellos da contorna, e agardando un descenso dos datos de contaxio, o Concello de Negreira decidiu aprazar unha semana o reinicio das actividades das Escolas Culturais e Deportivas ata o luns, día 17 de xaneiro, en previsión dunha melloría da incidencia.
Con esta medida preténdese evitar cambios nos grupos e tamén mellorar a inmunidade infantil co avance da vacinación entre os menores de 5 a 11 anos.
Animamos á xente a aproveitar a vindeira semana para facer actividades deportivas e/ou lúdicas o aire libre, sempre seguindo as medidas sanitarias en vigor.
A Corporación Municipal de Negreira celebrará o luns, día 10 de xaneiro de 2022, ás 20:00 horas, unha sesión do Pleno, con carácter ordinario, conforme á seguinte orde do día:
1º.- Aprobación, se procede, da acta da sesión ordinaria de data 8 de novembro de 2021.
2º.- Dar conta dos Decretos de Alcaldía emitidos dende o último Pleno Ordinario: do nº 274/2021 ó nº 296/2021, ambos inclusive.
3º.- Cesión do contrato administrativo de xestión do servizo público, na súa modalidade de concesión, da piscina cuberta e climatizada do Concello de Negreira.
4º.- Aprobación inicial, se procede, do Regulamento de organización e funcionamento da Escola Infantil Municipal do Concello de Negreira.
5º.- Aprobación inicial, se procede, da modificación da Ordenanza de plantacións e corta de árbores.
6º.- Aprobación inicial, se procede, da modificación Regulamento do “Programa Negreira Concilia (madrugadores e merendas), Diververán, Campamento Urbano Respira e Nadal Lúdico
7º.- Aprobación provisional, se procede, da modificación da Ordenanza reguladora dos prezos públicos pola prestación do servizo do Programa Negreira Concilia (Madrugadores e Merendas), Diververán, Campamento Urbano Respira, Nadal Lúdico e Divernadal.
8º.- Aprobación inicial, se procede, da modificación orzamentaria número 1/2022.
9º.- Recoñecemento extraxudicial de créditos.
10º.- Proposta de acordo que formula o Grupo Municipal do P.P. para a elaboración dunha Ordenanza municipal de ordenación do mobiliario urbano.
11º.- Rogos e Preguntas.
Páxina 46 de 260