O Concello de Negreira organiza unha Festa de Entroido para o mes de febreiro con varias novidades, en donde as orquestras e o Concurso de disfraces serán os grandes protagonistas.
O Venres 17 contaremos coa FILLOEIRA DE LESTEDO, o artiluxio ideado por Orlando Vázquez que é capaz de facer 1.200 filloas por hora. Estará na Praza do Concello dende as 17:00h ás 22:00h. Pola tarde haberá inchables e xogos para os nenos e pola noite a partir das 23:00 h contaremos coa Orquestra Olympus e o Dj Marcos Magán.
Para o sábado 18 terá lugar o DESFILE DE CARROZAS E COMPARSAS, coa concentración as 16:00 h no Campo da Feira, ás 17:00 h. comenzará o desfile dende a Carreira de San Mauro. A partir das 20:30 h. terá lugar a entrega de premios e a actuación do grupo CLAXXON na Praza do Concello.
Xa para o luns 20 terá lugar a FESTA INFANTIL DE ENTROIDO, onde haberá talleres, inchables e sorteos entre os nenos/as disfrazados.
Venres 17 febreiro:
FILLOEIRA DE LESTEDO
ACTUACIÓN orquestra OLYMPUS + DJ MARCOS MAGÁN
Sábado 18 de febreiro:
CONCURSO DE CARROZAS E COMPARSAS
CARROZAS COMPARSAS IND./PARELLAS GRUPOS 1º 1.000 € 1º 1.000 € 1º 100 € 1º 200 € 2º 500 € 2º 500 € 2º 80 € 2º 150 € 3º 200 € 3º 200 € 3º 50 € 3º 100 € 4º 100 € 4º 100 €
1º accésit 60 € 1º accésit 60 € 2º accésit 60 € 2º accésit 60 € Premio simpatía “JUAN VARELA AREOSO”: 60 €
Lúns 20 de febreiro:
FESTA INFANTIL DE ENTROIDO
Este programa de asistencia sanitaria gratuita “Coidados porta a porta”, está dirixido a persoas maiores de 55 anos que residan no noso concello e ofrece servizos de estimulación da memoria, podoloxía e audioloxía.
Van a ser catro xornadas en que a unidade móbil da Consellería de Sanidade, vai a estar no Campo da Feira: días 7, 8, 9 e 10 de febreiro.
É necesario reservar cita previa nos seguintes números de teléfono:
- 622 748 283
- 623 546 992
Servizos que oferta:
- Estimulación da memoria:Probas de valoración cognitiva, actividades de estimulación cognitiva, funcional, envellecemento activo e promoción da autonomía persoaI.
- Podoloxía: Valoración do estado dos pés, corte e limpeza de unllas, eliminación de durezas.
- Audioloxía:Exploración do oído, prevención da xordeira.
Pleno ordinario de xaneiro
A Corporación municipal de Negreira celebra o luns, día 9 de xaneiro de 2023, sesión ordinaria do Pleno, a partir das 20:00 horas, e coa seguinte Orde do día:
1º.- Aprobación, se procede, das actas seguintes:
- Acta da sesión ordinaria de data 11 de xullo de 2022.
- Acta da sesión ordinaria de data 12 de setembro de 2022.
- Acta da sesión extraordinaria e urxente de data 28 de setembro de 2022.
- Acta da sesión extraordinaria de data 21 de outubro de 2022.
2º.- Dar conta dos Decretos de Alcaldía emitidos dende o último Pleno Ordinario: do nº 272/2022 ó nº 306/2022, ambos inclusive.
3º.- Aprobación provisional, se procede, da modificación da Ordenanza fiscal reguladora do imposto sobre o incremento de valor dos terreos de natureza urbana.
4º.- Recoñecemento extraxudicial de créditos.
5º.- Rogos e preguntas.
A primeira sesión plenaria de 2023 comezou gardando os concelleiros e concelleiras, un minuto de silencio en memoria de quen fora alcalde do Concello en dúas etapas (1995-2007 e 2011-2013), José Blanco Pazos, quen finou o pasado 24 de decembro de 2022. Igualmente, este minuto de silencio foi tamén polo veciño José Silva Lens, atopado morto en tráxicas circunstancias tras varios días de búsqueda. O portavoz do Partido Popular, Rubén Suárez Carballo, pediu que a Corporación municipal condenase os feitos ocorridos durante o enterro de José Blanco Pazos. O mandatario, Manuel Ángel Leis Míguez, reiterou que cando lle foi trasladado o malestar polo propio Suárez Carballo, xa dixo que condenaban tales feitos “fose o ex-acalde ou fose calquera outra persoa, pois para nós non teñen ningún tipo de lóxica, nin de sentido, nin de aceptación”, indicou o rexedor.
En canto aos asuntos que formaban parte da Orde do día do pleno ordinario, deuse luz verde por unanimidade, á aprobación provisional, da modificación da Ordenanza fiscal reguladora do Imposto sobre o incremento de valor dos terreos de natureza urbana, coa exposición pública de 30 días.
O pleno municipal tamén prestou aprobación, coa abstención dos cinco concelleiros do Partido Popular, ao punto cuarto da Orde do día relativo a: Recoñecemento extraxudicial de créditos, por un importe total de 823.349 € en concepto de facturas non recoñecidas na contabilidade municipal de 2022 e que deben ser incluidas para o seu abono en 2023. O portavoz do PP, Rubén Suárez Carballo, expresou que con respecto aos exercicios de 2020 e 2021 “hai un aumento considerable do gasto, e que leva camiño do que vostedes nos criticaban en 2015”, ao tempo que criticou conceptos de gastos como en “publicidade e comunicación institucional por un importe mensual de 1.492 euros”, que segundo o alcalde, correspóndese cunha firma que edita o xornal municipal, a través dun contrato menor por doce meses.
O alcalde negreirés, Manuel Ángel Leis Míguez, subraiou en resposta ao Partido Popular, que “moitas das facturas corresponden a gastos enerxéticos como con Naturgy, ou mesmo da xestión dos residuos con Sogama”, e asegurou que os proveedores locais “están cobrando prácticamente nos prazos que marca a lei, aínda que poderían quedar algunhas facturas por esgotamento de crédito en determinadas partidas”, segundo afirmou o mandatario negreirés.
Por último, salientar que pola vía de urxencia, foi aprobada unha proposta do Goberno municipal para prorrogar a suspensión do pago de dúas taxas municipais, cuxa exención fora aprobada polo Pleno en 2021 por considerarse beneficioso para a veciñanza. Trátase das taxas pola expedición de documentos administrativos e pola licenza de apertura de establecementos ou pola actividade de control posterior daquelas actividades sometidas a comunicación previa.
O Concello de Negreira informa que por decreto de Alcaldía, autorízase a ampliación dos horarios xerais de peche dos establecementos abertos ao público, dos espectáculos públicos e das actividades recreativas, en aplicación do disposto no artigo 17 da Lei 10/2007, de 27 de decembro, de Espectáculos públicos e actividades recreativas de Galicia, en relación coa Orde de 23 de outubro de 2020.
Autorízase a ampliación de dúas horas dos horarios límite de peche establecidos para cada categoría do local; na madrugada do domingo, día 25 de decembro de 2022 e maila madrugada do día 1 de xaneiro de 2023, festividades de Nadal e Aninovo, respectivamente.
Datos adxuntos:
Páxina 5 de 240