A Corporación municipal de Negreira celebra o mércores, día 8 de febreiro de 2023, unha sesión extraordinaria do Pleno, a partir das 20:00 horas, coa seguinte Orde do día:
1º.- Plan provincial de cooperación ás obras e servizos de competencia municipal (Plan único de concellos) “POS+ 2023”.
2º.- Plan provincial de cooperación ás obras e servizos de competencia municipal (Plan único de concellos) “POS+ ADICIONAL 1/2023 Gastos sociais extraordinarios”.
As operadoras de telefonía móbil continúan a ofrecer en Negreira servizos móbiles de nova xeración, 4G e 5G, nas bandas de 700 e 800MHz. Esta nova tecnoloxía permitirá á veciñanza gozar de servizos de datos móbiles de alta velocidade, mellorará a cobertura no interior de edificios e ampliará a extensión xeográfica.
As tres principais operadoras de telefonía móbil: Movistar; Vodafone e Orange, avanzan que nas vindeiras semanas realizarán o proceso de implantación dos servizos de telefonía móbil de nova xeración, 4G e 5G, sobre as bandas de 800 e 700 MHz, respectivamente, o que permitirá á cidadanía gozar de conexións móbiles de alta velocidade cunha mellor cobertura no interior dos edificios e maior extensión xeográfica.
Para garantir a compatibilidade da nova tecnoloxía coa televisión dixital terrestre (TDT), Llega700 é a entidade posta en marcha polos operadores para solucionar calquera afectación na recepción do sinal de televisión.
Principais vantaxes
Coa nova rede móbil abriuse a porta a innovadores servizos e aplicacións,ademais de proporcionarsignificativas melloras tanto na velocidade de descarga, como de envío de datos (fotos, música ou contidos audiovisuais de alta definición) ou permitir sacar o máximo partido a aplicacións en liña, como os videoxogos.
Compatibilidade
De cara a garantir a compatibilidade, Llega700 presta unha serie de servizos gratuitos tales como un procedemento correctivo tralo acendido das estacións, polo cal Llega700 encargarase de atender aos usuarios afectados, xestionando e resolvendo posibles afectacións sen coste algún.
Para xestionar estes servizos, están a disposición dos cidadáns un número de teléfono de atención gratuito (900 833 999) e unha páxina web: www.llega700.es
Infórmase á veciñanza que a Unidade Móbil 7 de Inspección Técnica de Ciclomotores desplazarase ao concello de Negreira na seguinte data e ubicación:
- O martes, día 7 de marzo. De 9:00 a 13:30, e de 15:15 a 18:00 horas
- Ubicación: Campo da Feira
Para solicitar cita previa:
- Por teléfono: 902 30 90 00
- A través da web: www.sycitv.com – Cita previa
A admisión de vehículos con características particulares estará condicionada á posibilidade de realizar as operación de inspección regulamentarias.
O alcalde, Manuel Ángel Leis Míguez, representou a Negreira este pasado sábado na sexta gala dos Premios Youtubeiras, a correspondente ao ano 2022 e celebrada na localidade de Carballo. O premio rede galardoa a cancel A Lobeira today e, o premio do Público foi para o vídeo Bembibre coas Tanxugueiras, obra de Xabi Gómez.
Ademais, o galardón á Canle recoñeceu a Toxío, mentres que o de Youtubeira/o do ano foi para Neeumatiko e o de Youtubeira/o revelación recaeu en Histérikas histórikas. E o galardón ao mellor vídeo foi para Eduardita, de Piratas sne parche , mentres que a canle Falemos do Reino de Galicia conseguiu o premio Calidade Lingüística e Pinguado-Laura Veiga fíxose co galardón Pioneiro.
Youtubeiras é unha iniciativa organizada polos servizos de normalización lingüística dos concellos de Ames, A Baña, Carballo, O Grove, Moaña, Negreira, Pontevedra, Rianxo, Ribadeo, Rois, Santiago de Compostela e Teo, das universidades da Coruña, Santiago e Vigo e da Deputación da Coruña.
Saber máis: https://bit.ly/3kNaDJz
A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, a través do dictame da Dirección xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, argumenta a negativa para continuar coa súa tramitación en varias circunstancias. A máis determinante, o alto nivel de ocupación en canto a número de aeroxeradores existentes neste territorio situado nos límites dos concellos de Negreira, Mazaricos e Santa Comba. Din os informes, que de construirse crearía o chamado efecto pantalla ou de barreira para a avifauna e para o mantemento do hábitat natural da zona. A declaración de impacto ambiental desfavorable data do pasado día 19 de xaneiro dos actuais.
O parque eólico Alvite tiña proxectado nove aeroxeradores, con 40,5 megawatts de potencia e un investimento de 32 millóns de euros por parte da empresa promotora, Green Capital Power, do grupo madrileño Capital Energy.
Sen embargo, as boas novas non son completas, pois non sucede o mesmo co proxecto do parque eólico Alvite II, no que a directora xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, María Sagrario Pérez Castellanos, resolve asinando unha declaración de impacto ambiental (D.I.A.) favorable, considerando que o proxecto “é ambientalmente viable sempre que se cumpra, ademais do recollido no estudo de impacto ambiental e a restante documentación avaliada, o condocionado que figura ao longo do documento”, e que foi emitido o venres, día 20 de xaneiro.
Anteriormente, tamén foron informados favorablemente outros dous parques eólicos con afectación no noso territorio. Trátase dos proxectos Banzas (nove aeroxeradores) e compartido con Outes e Mazaricos, e Troitomil (cinco aeroxeradores), maiormente en territorio da Baña, e con afectación dun aeroxerador en Negreira.
Páxina 4 de 240