En clave de cine mudo e circo, a comedia Fair Play evoca os tolos anos 20. Circo xestual e malabares para todos os públicos. Dous elegantes gentleman disputarán esta tarde (18:00 horas), no Auditorio de Negreira, un partido de tenis en varios sets, ou cando menos intentarano. Deportividade si, xogo limpo tamén, cabaleirosidade por suposto… pero que gañe o mellor!!

O espectáculo de malabares Fair Play, que chega da man da compañía Pistacatro Produtora de Soños, pecha a programación de Nadal lanzada dende a Concellaría de Cultura, con actividades para compartir en familia. A participación é de balde ate compretalo aforo de público dispoñible.

powered by social2s

Isabel Martínez-Risco Valdivieso, coñecida como Isabel Risco, nada na Coruña, é unha actriz e cómica galega que comezou no teatro universitario en 1997. Exerceu de presentadora de galas, contadora de contos e traballou na radio. Aínda que é máis coñecida como actriz na pequena pantaia, xa que dende o ano 2000 ademáis da súa actividade teatral ininterrompida, desenvolveu unha intensa presenza na TVG.

En 2004 debutou concursando en ¨O rei da comedia¨, e colaborou en ¨Máxima audiencia¨. ¨Zapping Commando¨, déullelo seu primeiro papel protagonista, e a partir de aí, a súa vertente cómica abriulle as portas doutros diversos títulos da TVG. En 2009 colaborou humorísticamente con Víctor Fábregas como ¨A estrana parella¨, no programa Luar. Tamén actuou para curtametraxes, como a italiana "Retorno a San Andrés", ou películas como "Los muertos van deprisa".

 

Traballou como actriz secundaria e protagonista en series como Padre Casares, A vida por diante, O Nordés, ou Air Galicia, e outros programas como El Show de los Tonechos, En pé de Festa, Land Rober ou Tourilandia.

Premios e recoñecementos: Premio Mestre Mateo, entregado en 2014, á mellor intérprete feminina de reparto, por Era visto!.

powered by social2s

Por Decretos de Alcaldía nº 4/2016 e nº 5/2016, de data, ámbolos dous do día 12 de xaneiro de 2016, o Concello de Negreira informa que apróbaronse as Bases para a formación de listaxes de agarda do persoal laboral temporal seguinte:

 

-  Educador/a Infantil da Escola Infantil Municipal.

- Coidador/a Infantil da Escola Infantil Municipal.

 

O prazo de presentación  de solicitudes é o de cinco (5) días hábiles a contar desde o venres día 15 de xaneiro, atopándose o contido íntegro das referidas Bases na Secretaría Municipal.

powered by social2s

Este mércores fóronlle entregados aos Servizos Sociais comunitarios do Concello de Negreira, os máis de dous mil quilos de alimentos da campaña solidaria emprendida a finais do mes de outubro pola Asociación de Amas de Casa de Negreira para axudar ás familias con menos recursos do municipio.

En total foron 2.044 quilos de produtos non perecedeiros coma aceite, pastas, lentellas ou galletas, doados polos negreireses, ao que hai que engadirlle, a doazón de leite entregado pola cooperativa Feiraco (40 caixas), xunto coa aportación da firma de estética Ana Mancebo, quen doou cincoenta litros de leite. As encargadas da campaña agradeceron en Radio Negreira, o esforzo que todos os anos realiza a parroquia de Portor, cuxa recaudación de alimentos entregan ás amas de casa.

 

Soledad de la Fuente, presidenta do colectivo promotor da campaña que por terceiro ano consecutivo lévase a cabo en Negreira, salientou a boa colaboración dos veciños e veciñas, á vez que agradeceu ó pobo de Negreira por sumarse a este tipo de iniciativas solidarias que non abundan e, que dixo, permitiu axudar a 90 persoas do noso concello, dentro das listaxes que manexan dende Servizos Sociais.

 

Xa nas pasadas festas do Nadal fixeron entrega aos Servizos Sociais comunitarios de 200 quilos de carne, doados por carnicería Suso.

powered by social2s

O Concello de Negreira promove por quinto ano consecutivo, a súa «Gala do Deporte», a celebrarse o venres día 29 deste mes, dende as 21:00 horas no Auditorio do Centro Sociocultural. Antes, un xurado deberá definir quenes van ser os galardoados correspondentes ó ano recén rematado, estando composto por un representante de cada un dos sete clubes federados existentes no noso concello, xunto cos técnicos de Deportes, o director de Radio Negreira, e mailo concelleiro de Deportes, este último con voz pero sen voto.

 

Relación de premios:

1. Mellor deportista do ano 2015

2. Mellores deportistas promesas do 2015 (masculino e feminino)

3. Mellor equipo ou clube do ano 2015

4. Recoñecemento á traxectoria deportiva

5. Recoñecemento ó patrocinador, ou colaborador co deporte

6. Recoñecemento a clubes pola súa antigüidade

7. Recoñecemento especial do xurado

powered by social2s