A Unidade Móbil 7 de inspección técnica de ciclomotores da empresa Supervisión e Control, S. A., achegarase a Negreira o próximo día 22 de febreiro (luns), de 9:00 a 13:30 horas, permanecendo instalada no Campo dá feira.

Para solicitar cita previa:

 

· Por teléfono: 902 30 90 30

· Na web: sycitv.com

powered by social2s

Na pasada fin de semana desenvolveuse unha xornada dirixida a mulleres vítimas da violencia de xénero, os filloe e fillas destas e a calquera afectado pola lacra social deste tipo de violencia. As actividades comezaron o venres pola tarde, na que durante duas horas organizaronse obradoiros para os nenos/as, onde unha terapeuta ocupacional desenvolveu con eles traballos en artes plásticas.

Unha actividade desenvolvida e organizada polo Centro de Información da Muller (C.I.M.), do noso Concello e, promovida pola Secretaría de Igualdade da Xunta, na que o sábado abordouse cos nais, unha Xornada lúdico terapéutica e de convivencia.

 

Nesta edición participaron un total de 40 persoas entre uns e outros, nas que recibiron asesoramento e apoio psicolóxico, terapeuta e profesional, sendo escoitadas e informadas por José Ramón Rosales, da Policía Nacional, experto en temática da violencia de xénero e, por Natalia Vázquez Pita, terapeuta ocupacional, encargada dos máis pequenos.

 

Esta actividade contou coa participación das concelleiras de Muller e Igualdade, Mar García Vidal, e de Servizos Sociais e Educación, María Jesús Veiga Hortas, respeitivamente.

powered by social2s

Este luns 18 de xaneiro, Negreira acolleu a celebración da Fase comarcal, dentro do Campionato Escolar de campo a través 2016 cun alto número de participantes dos centros escolares da nosa zona de influencia. Dende Val do Dubra, A Baña, Ames, Santa Comba, Mazaricos ou Valga. En total foron máis de 1.000 xóvenes atletas que desafiaron ao mal tempo para asistir as carreiras das distintas categorías, nas inmediacións do IES Xulián Magariños.

Un total de 8 probas entre categoría masculina e feminina e, distancias entre os 500 m. dos benxamíns ata o 2.500 m. dos cadetes, onde sobresairon os escolares de Negreira cuns resultados que non puideron ser mellores.

En categoría benxamín feminino, vitoria para Salma Bassami e, en categoría masculina, terceiro posto para Daniel Forján, ámbolos dous do CEIP O Coto. En alevín masculino, Javier Muiño acadou o terceiro posto nunha proba moi disputada.

En categoría infantil feminino, Inés Tuñez, do Atletismo Negreira e nun apretado sprint final quedou cuarta clasificada, e en homes, o atleta Salama Loutfi, do IES Xulián Magariños deixou patente a súa superioridade e gañou con solvencia a súa carreira.

En canto a cadetes, foi Azziz Saidi, do Atletismo Negreira e representando ao instituto nicrariense, quen arrasou na súa categoría, demostrando que está entre os mellores atletas galegos da súa idade.

Tamén cabe salientar os resultados dos participantes do CIP San Vicente, de A Baña, quenes en categoría infantil e cadete tamén se auparon aos primeiros postos.

Os atletas de Negreira quedan clasificados para a Fase intercomarcal que se celebrará entre finais de xaneiro e primeiros de febreiro, nunha localidade aínda por confirmar.

powered by social2s

Este sábado celébrase o XXIII Trofeo de kárate «Vila de Negreira», a partir das 16:00 horas no Pavillón Municipal de Pedra Mámoa, promovido pola Asociación Deportiva O Coto, en colaboración co Concello de Negreira.

Na presente edición contarase con máis de 200 competidores con idades comprendidas entre os 4 e os 18 anos, pertencentes a 25 clubs de toda Galicia e da comunidade de Castela e León. A cita é coma sempre unha gran festa do kárate, con especial protagonismo para os máis novos, xa que son poucas as ocasións nas cales poden participar nun campionato de kárate.

powered by social2s

O alcalde do Concello de Negreira, Jorge Tuñas Caamaño vén de asinar hoxe unha convocatoria pública para unha xuntanza que terá lugar este xoves día 21 de xaneiro, ás 21:00 horas, no Auditorio da Casa da Cultura, coa fin de tratar diversas cuestións relacionadas coa organización das festas de San Cristovo do vindeiro mes de xullo.

Considerase de vital importancia a asistencia de veciños/as, comerciantes, hostaleiros e empresarios «para poder oir tódalas opinións e ideas a fin de que poidamos celebrar unhas festas o mellores posibles, tanto para os establecementos como para os/as veciños/as e tódolos/as visitantes que se acheguen a nosa vila», tal e como reza a convocatoria asinada polo alcalde.

powered by social2s