O Centro de Información á Muller (C.I.M.), do Concello de Negreira, promove unha semana (do 21 ó 26 de novembro) chea de actividades para conmemorar o 25 de novembro, o Día Internacional contra a violencia de xénero. Estas actividades foron presentadas este xoves nos estudos de Radio Negreira pola concelleira delegada da Muller, Mar García Vidal, e polas responsábeis do centro, Rosa Fuentes, directora e avogada, e Natalia Suárez, psicóloga.

 

Programa de actividades

 

Luns 21. Obradoiros para adolescentes sobre o uso saudable das novas tecnoloxías no IES Xulián Magariños.

 

Martes 22. Charla sobre o uso seguro das novas tecnoloxías. Aberta a todo o público pero especialmente para os país e as nais. No Auditorio da Casa da Cultura, ás 19:00 horas.

 

Xoves 24. Contacontos para alumnado de Primaria, ás 10:30 horas no Auditorio do Centro Sociocultural, a cargo de Caxoto con “Contamos coa igualdade”.

 

Venres 25. Acto a cargo da Asociación de Empresarios de Negreira (ENE), ás 19:00 horas, no Auditorio do Centro Sociocultural.

 

Sábado 26. Quinta Andaina contra a violencia de xénero. Xuntanza ás 09:30 horas no Centro Sociocultural. Ás 10:00 horas saída da camiñada polos paseos fluviais ata a Área recreativa de Cobas, e regreso a Negreira.

 

A veciñanza de Negreira pode anotarse desde o venres 18 de novembro no Centro de Información á Muller, na área de Servizos Sociais, ou ben chamando aos números de teléfono: 881 035 155 ou 881 035 154. Regalaremos unha camiseta conmemorativa ás 150 primeiras persoas inscritas.

 

Ao remate (ás 13.00 horas), entregaranse os premios do VI Concurso de Relatos e Cartaces gráficos contra a violencia de xénero, convocado entre os escolares dos centros educativos do concello.

 

powered by social2s

O Goberno Municipal do Concello de Negreira inicia este venres 18 de novembro, unha rolda de visitas ás distintas parroquias do concello para informar aos veciños/as, das actuacións feitas ata o momento e das previsións de actuacións que se van a facer.

 

Asemesmo, escoitarase e tomarase nota de todo aquilo que teñan que dicir os/as cidadáns.

 

A primeira das reunións terá lugar este venres, ás 21 horas, no Local Social da parroquia de Santa Cruz de Campolongo. Xa na vindeira semana, concretamente o venres día 25 visitarase a parroquia de Portor, tamén ás nove da noite.

powered by social2s

O ciclismo galego homenaxeará este domingo cunha Marcha Cicloturista en Negreira, a Jesús Mancebo Rojo, falecido o pasado día 1 de setembro nun atropelo mortal á altura da parroquial de Brandomil, no concello de Zas, mentres practicaba a súa gran paixón, o ciclismo. 

 

O percorrido de 41 quilómetros (Negreira-Brandomil-Negreira), terá a súa saída ás 10:30 horas desde a Praza das Brañas, previa concentración de tódolos participantes. Leerase un manifesto a favor do respeto aos ciclistas nas estradas baixo o lema: "Non máis mortes de ciclistas. ¡Basta xa!”. Tamén está previsto que se depositen flores no lugar onde tivo lugar o tráxico atropelo. 

 

Ao acto de presentación que tivo lugar no Auditorio de Negreira asistía o presidente da Federación Galega de Ciclismo, Juan Carlos Muñiz, ademáis de Ezequiel Mosquera, ex ciclista profesional, xunto con Amable Suárez, presidente do Club Ciclista Negreira, e mailo alcalde negreirés, Jorge Tuñas Caamaño, nun acto presentado por Francisco Lens, secretario do club local.

 

Polo de agora son máis dun cento os cicloturistas inscritos, pero o prazo está aberto ata o mediodía deste venres neste enlace: Marcha Ciclo Turista Negreira 2016

 

Ademais, durante a marcha repartirase a cada participante un chaleco de alta visibilidade da campaña #eufagomever promovida pola Delegación do Goberno, a Conselleria de Infrastructuras, a DXT, Garda Civil de Tráfico, Secretaría Xeral para o Deporte e a propia Federación Galega de Ciclismo.

powered by social2s

Hoxe comeza en Negreira o 29 Congreso de Enciga, a Asociación de Ensinantes de Ciencias de Galicia, polo cal suspenderanse as actividades lectivas as dúas últimas horas do xoves 17 e toda a mañá do venres 18 de novembro.

 

O IES Xulián Magariños acolle ata o sábado aos máis de 250 participantes no XXIX Congreso de Enciga, coordinado polos profesores do centro, Adelino Pose Reino e Francisco Rañal Loureiro, e que conta coa colaboración do Concello de Negreira.

 

O Congreso de Enciga vai ser inaugurado ás 19:45 horas nun acto de benvida aos máis de 250 participantes, a desenvolverse no Auditorio do Centro Sociocultural, e tralo cal terá lugar a conferencia inaugural impartida polo doutor José Benlliure Anaya, catedrático da área de Física Atómica, Molecular e Nuclear da Universidade de Santiago de Compostela baixo o título de: Dos núcleos ás estrelas e o seu impacto social.

 

Pódese consultar aquí todo o programa do XXIX Congreso de Enciga que este venres inclúe visitas a distintos lugares de interese da nosa área de influencia como son: O comprexo industrial de Feiraco; unha explotación gandeira de Mazaricos; Central Hidroeléctrica do Tambre; Pranta de Tratamento de Residuos de Lousame; Central Loxística do Sergas; paraxe natural de Pontemaceira; Pazo do Cotón; Paseo fluvial do Barcala e Torres de Altamira.

 

powered by social2s

O Concello de Negreira rematou o proxecto de eficiencia enerxética na iluminación do Pabellón de Pedra Mámoa, no que se realizaron traballos de sustitución das luminarias de vapor de sodio de alta presión por unhas de alta eficiencia, co conseguinte aforro no consumo eléctrico.

 

A inversión total foi de 12.426.70 euros dos cales 7.857,45 foron de axuda pública.

powered by social2s