A Corporación Municipal de Negreira celebrará sesión ordinaria o día 9 de novembro de 2015 ás 20.00 horas no Salón de Plenos do Concello, conforme a Orde do Día que se relaciona a continuación :
Punto Primeiro.- Aprobación, se procede, da acta do Pleno extraordinario de data 13 de xullo de 2015.
Punto Segundo.- Dar conta dos Decretos de Alcaldía emitidos dende o último Pleno Ordinario: Do nº 138/2015 ó nº 164/2015, ambos inclusive.
Punto Terceiro.- Toma de posesión do Concelleiro electo don Fernando Grille Blanco.
Punto Cuarto .- Modificación da composición das Comisións Informativas Permanentes.
Punto Quinto.- Designación de Vogais, titular e suplente, na Mancomunidade de Concellos do Tambre.
Punto Sexto.- Convalidación do Convenio de colaboración entre os concellos de A Baña e Negreira para as obras de proxecto reforma das instalacións de alumeado público dos concellos de A Baña e Negreira
Punto Sétimo.- Aprobación provisional, se procede, da modificación das tarifas dos servizos municipais de abastecemento de auga potable e depuración.
Punto Oitavo.- Aprobación inicial, se procede, da modificación orzamentaria nº 29/2015
.Punto Noveno.- Expediente de aprobación da Conta Xeral do Orzamento correspondente ó exercicio 2014.
Punto Décimo.-Rogos e preguntas.
Negreira 5 de novembro de 2015.
Alcalde-Presidente
Jorge J. Tuñas Caamaño
DON JORGE JESÚS TUÑAS CAAMAÑO, ALCALDE-PRESIDENTE DO CONCELLO DE NEGREIRA, (A Coruña)
FAI SABER:
Que con motivo da próxima celebración das Eleccións a Cortes Xerais 2015, a celebrar o día 20 de decembro de 2015 , procede a realización das tarefas necesarias para que o Censo Electoral se axuste á realidade, consonte ó disposto pola lexislación vixente.
A tal fin, se sinala como prazo de exposición pública das listas do Censo Electoral o comprendido entre o 2 e o 9 de novembro próximo, ámbolos dous días inclusive.
A consulta e eventual reclamación contra as referidas listas efectuaranse na Secretaría Xeral do Concello de luns a venres en horario de 9:00 horas ata 14:00 horas.
Para calquer aclaración ou información adicional sobre o particular, pódese comunicar telefónicamente cos números 981 21 74 39/ 981 21 74 26 e 901 101 900.
O que se fai público para xeral coñecemento
Negreira, a 29 de outubro de 2015
Jorge J. Tuñas Camaño
Páxina 54 de 60