A Corporación Municipal de Negreira celebrará sesión extraordinaria e urxente o día 13 de febreiro de 2015 ás 17.00 horas no Salón de Plenos do Concello, conforme a Orde do Día que se relaciona a continuación :
Punto Primeiro.- Xustificación da urxencia da convocatoria.
Punto Segundo.- Aprobación, se procede, do Convenio de colaboración entre os concellos da Baña, Santa Comba, Negreira e Val do Dubra para a solicitude conxunta dunha subvención á Xunta de Galicia para a realización dun Obradoiro de Emprego.
Punto Terceiro.- Aprobación, se procede, do Convenio de colaboración entre os concellos da Baña, Santa Comba, Negreira e Val do Dubra para a solicitude conxunta dunha subvención á Xunta de Galicia para a realización dun Plan Integral para o Emprego.
Negreira, 12 de febreiro de 2015.
Alcalde-Presidente
Juan J. Rey Maceira