DON JORGE JESÚS TUÑAS CAAMAÑO, ALCALDE-PRESIDENTE DO CONCELLO DE NEGREIRA, (A Coruña)
FAI SABER:
Que con motivo da próxima celebración das Eleccións a Cortes Xerais 2015, a celebrar o día 20 de decembro de 2015 , procede a realización das tarefas necesarias para que o Censo Electoral se axuste á realidade, consonte ó disposto pola lexislación vixente.
A tal fin, se sinala como prazo de exposición pública das listas do Censo Electoral o comprendido entre o 2 e o 9 de novembro próximo, ámbolos dous días inclusive.
A consulta e eventual reclamación contra as referidas listas efectuaranse na Secretaría Xeral do Concello de luns a venres en horario de 9:00 horas ata 14:00 horas.
Para calquer aclaración ou información adicional sobre o particular, pódese comunicar telefónicamente cos números 981 21 74 39/ 981 21 74 26 e 901 101 900.
O que se fai público para xeral coñecemento
Negreira, a 29 de outubro de 2015
Alcalde-Presidente
Jorge J. Tuñas Camaño