A Banda de Música Ateneo de Negreira, baixo a dirección de Raúl Martín Niñerola, ofrece este sábado, día 27 de novembro, ás 19:00 horas, no Auditorio do Centro Sociocultural, o seu tradicional concerto con motivo da festividade de Santa Icía, patroa dos músicos, que inclúe o seguinte programa:
• Cielo Andaluz - Pascual Marquina• La Storia - Jacob de Haan• Pilatus: Mountain of Dragons - Steven Reineke• The Ghost Ship - J. Alberto Pina• Abba Gold - Arranxo Ron Sebregts• Holiday in Rio - Arranxo Steve McMillan
Seguindo a tradición da Banda Ateneo de Negreira, neste concerto presentaranse oficialmente os novos músicos que se incorporan á Banda:
José Carballeira (tuba)Antonio Carballeira (trompeta)José Manuel Mallón (trombón)Xosé Mosquera (percusión)
Imaxe: Banda de Música Ateneo de Negreira