logo_deputacion.jpgO Concello de Negreira informa que está aberto o prazo para a presentación de solicitudes para optar ás axudas que concede a Deputación da Coruña dentro do seu programa de subvencións a entidades sen ánimo de lucro para a realización de actividades culturais durante o ano 2018.

 

Os beneficiarios poderán ser:

 

Entidades de natureza cultural

Entidades de natureza veciñal (asociacións de veciños)

Entidades de natureza socioeducativa

Entidades de natureza social e/o asistencial

 

O prazo para a solicitude de dita convocatoria rematará o vindeiro 27 de abril do presente ano, ás 14:00 horas.

 

Para máis información e asesoramento, os interesados poden dirixirse á Axencia de Desenvolvemento Local, na primeira pranta da Casa do Concello.

powered by social2s

Comunícase aos interesados na reestructuración parcelaria da zona de Aro - Campelo e Gonte, que, nas datas e lugares indicados, o persoal técnico atenderá as consultas dentro da fase de enquisa previa ao acordo.

 

Local Social de Aro:

Propietarios de Aro: 4, 5, 6, 9 e 10 de abril.

Propietarios de Campelo: 11, 12, 13 e 16 de abril.

Propietarios de Gonte: 17, 18, 19 e 20 de abril.

Horario: 10:00 a 14:00 h.

 

Ao longo do período establecido, entregarase ás persoas titulares o correspondente documento resumo, no que se relacionan as fincas de reemprazo que se lles asignarán, e quedarán expostos os planos que tamén se poderán ver na web da Xunta de Galicia, a través do seguinte enlace:

 

http://mediorural.xunta.gal/nc/areas/infraestructuras/concentracions_parcelarias/publicacions/ 

 

Durante devandito prazo, as persoas afectadas poderán achegar, por escrito, as alegacións que estimen oportunas.

powered by social2s

azul2.jpgO Concello de Negreira segue dando pasos para converterse nun municipio referente na ardua tarefa da inclusión das persoas. O último, sumándose neste ano 2018 por primeira vez, á campaña de sensibilización "Light it up blue" (ilumínao de azul), unha campaña de carácter internacional pola que edificios e monumentos emblemáticos de todo o mundo tínguense de azul, en apoio e solidaridade co colectivo de persoas con Trastorno do Espectro do Autismo (TEA) e as súas familias.

 

A iniciativa consistiu na iluminación de azul da fachada da Casa do Concello, o luns 2 de abril entre as nove e as doce da noite, no Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo, no que Radio Negreira sensibilizou a veciñanza sobre o autismo falando con Elena Pérez, coordenadora do Servizo de Promoción da Autonomía Persoal (SPAP), da asociación Aspanaes, de Santiago, xunto con Raquel Quintáns e Ainhoa Rodríguez, veciñas de Negreira e que promoveron o proxecto para colocar un total de 304 pictogramas en edificios e instalacións públicas de Negreira, logrando a adaptación cognitiva dos espazos mediante debuxos e a súa descrición en castelán e inglés.

 

#ilumínalodeazul

powered by social2s

curso_prot_civil.jpgDurante tres fins de semana consecutivas do mes de abril, Negreira acolle un curso sobre incendios forestais e urbáns dirixido a agrupacións de voluntarios de Protección Civil. Desenvolverase os días 7/8; 14/15 e 21/22 de abril, sendo impartidos en módulos teórico-prácticos por persoal cualificado na Casa da Cultura, e no parque empresarial de Cobas.

 

Coa colaboración do Concello de Negreira e maila Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Negreira, trátase dun curso descentralizado, promovido e financiado pola Academia Galega de Seguridade (AGAS), Emerxencias 112 Galicia e maila Asociación Provincial de Voluntarios de Protección Civil.

powered by social2s

escolainfantil280318.jpgO Concello de Negreira ten aberto o prazo para a renovación de matrícula e de solicitude de novo ingreso, de nenos e nenas de 0 a 3 anos, na Escola Infantil Municipal para o curso 2018-2019.

 

O prazo de renovación de matricula vai dende o día 1 ó 15 de abril, e para novos ingresos será dendo o 1 ó 30 de abril. Deben presentar as solicitudes no Rexistro Xeral, na Casa do Concello, en horario de 9 a 14 horas.

 

A documentación necesaria pódese consultar a continuación.

 

powered by social2s