Foto taboleiro

Ao amparo do Regulamento de protección do medio natural, de limpeza pública e recollida de lixo, o Concello de Negreira lembra ás diferentes Asociacións e Empresas adicadas aos servizos funerarios, unha serie de puntos que deben ser do seu interese:

O artigo 7, que fai referencia ás limitacións da publicidade na vía pública e nos equipamentos públicos, di o seguinte:

 

1.- Non está permitido realizar actos de propaganda ou publicidade que comporten o reparto ou lazamento de cartaces, follas ou calquera outro elemento impreso nas vías e espazos públicos ou en calquera cousa ou obxecto que      non sexa nos buzóns interiores dos edificios ou vivendas.

2.- Tampouco está permitido realizar actos de propaganda ou publicidade que comporten pegar, prender ou pendurar cartaces, facer pintadas e pór folletos nas fachadas dos edificios públicos ou no mobiliario e no equipamento urbano (por exemplo, en farolas, marquesiñas, árbores, etc...). A tal efecto, o Concello habilitou espazos para a colocación da propaganda ou publicidade.

 

E para dar cumprimento a esta normativa, o Concello de Negreira lembra que na Vila existen taboleiros habilitados a tales efectos. Para o bo uso dos mesmos e a boa convivencia entre os interesados en facer publicacións, recoméndase usar o tamaño de folla A4. Igualmente, comunícase que en cada parroquia existe un taboleiro, pero que se van a incrementar para dar a maior cobertura posible.
Por outra banda, cómpre lembrar que se considerará responsable das infraccións por incumprimento do establecido no Regulamento a quen promova ou xestione, o acto obxecto da regulación, ou ás entidades a prol das que se faga publicidade.

 

No mesmo sentido, o Capítulo V do Regulamento, recolle o procedemento sancionador por actos contra o mesmo, recordando que a denuncia por incumprimento pode ser iniciada de oficio, ou a petición de calquera persoa que denuncie ante o Concello, o non cumprimento das obrigas establecidas no devandito Regulamento.

 

powered by social2s

O alcalde-presidente do Concello de Negreira, Manuel Ángel Leis Míguez, a través dun Bando da Alcaldía, fai saber que con motivo da próxima celebración das Eleccións ao Parlamento de Galicia, a celebrar o domingo 5 de abril de 2020, procede a realización das tarefas necesarias para que o Censo Electoral se axuste á realidade, consonte ó disposto pola lexislación vixente.

 

Para tal fin, se sinala como prazo de exposición pública das listaxes do Censo Electoral, o período comprendido entre os luns 17 e mailo luns 24 de febreiro de 2020, ámbolos dous días inclusive.

 

A consulta e eventual reclamación contra as referidas listaxes debe efectuarse na Secretaría Xeral do Concello de Negreira, de luns a venres, en horario de 9:00 a 14:00 horas.

 

Para calquera aclaración ou información adicional sobre esta exposición, pódese comunicar telefónicamente cos números: 981 21 74 39 / 981 21 74 26 e 901 101 900.

 

Attachments:
Download this file (Bando-censo.pdf)Bando censo.pdf
powered by social2s

Este sábado 15 de febreiro celébrase na Praza do Concello, baixo unha carpa con calefacción, a primeira edición da Festa do lacón con grelos, que baixo a organización da Sociedade Deportiva Negreira conta coa colaboración do Concello de Negreira. A preparación do menú corre a cargo do chef, José Manuel Mallón ¨Furri¨, e comezará a partir das nove da noite, cun prezo por asistente de 20 euros e cuxos tickets poden retirarse na tenda Bambino Moda, ou a calquera membro da directiva.

 

O evento incluirá un baile posterior coa actuación do dúo Rosán, aberto a toda a veciñanza, polo que a organización anima á participación nunha velada para dinamizar a vida social de Negreira en vésperas da celebración das festas de Entroido que terán lugar dende o venres 21 ao luns 24 de febreiro.

powered by social2s

Os alcaldes solicitaron unha xuntanza urxente de cara a coñecer os detalles do procedemento da licitación do servizo público de transporte regular de viaxeiros de uso xeral por estradas, toda vez, que o proceso de licitación das novas liñas de transporte metropolitano da área de Santiago de Compostela está aberto para a presentación de ofertas dende o pasado 15 de xaneiro ata o 21 de febreiro

 

Dito procedemento púxose en marcha sen terse practicada notificación algunha aos concellos afectados, e coas notificacións das resolucións das alegacións con posterioridade. Considerase fundamental concertar unha xuntanza para coñecer toda a información relevante dun servizo tan importante como é o do transporte metropolitano nestes concellos.

 

O alcalde de Ames, José Miñones, a concelleira de Mobilidade de Teo, Iría Otero, o alcalde de Brión, José Luís García, o alcalde de Oroso, Manuel Mirás, e o alcalde de de Negreira, Manuel Ángel Leis, acaban de remitirlle unha carta ao director xeral da Dirección Xeral de Mobilidade, Ignacio Maestro Saavedra, solicitándolle unha xuntanza urxente de cara a coñecer os detalles do procedemento da licitación do servizo público de transporte regular de viaxeiros de uso xeral por estradas.

 

O proceso de licitación das novas liñas de transporte metropolitano da área de Santiago de Compostela está aberto para presentación de ofertas dende o pasado 15 de xaneiro ata o 21 de febreiro. Dito procedemento púxose en marcha sen terse practicada notificación algunha aos concellos afectados, e coas notificacións das resolucións das alegacións con posterioridade.

 

Estes cinco concellos da área de Compostela demandan maior información por parte da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, especialmente no referente ás alegacións presentadas das que os Concellos non teñen coñecemento algún.

 

Os concellos informan que a publicación dos anteproxectos de explotación para a información pública tivo lugar a finais do mes de xullo cun prazo de alegacións que coincidía en pleno mes de agosto con moitos dos técnicos das Administracións en período de vacacións, o que propiciou que moitos deles non puidesen presentar alegacións.

 

Reunión previa

Ademais, os concellos recordan que na xuntanza da Comisión de Seguimento do mes de marzo de 2019 a Delegación de Mobilidade comprometeuse a reunirse cos concellos previamente á publicación dos anteproxectos, tal e como quedou recollida na acta, sen que ditas reunións tivesen lugar.

 

Todos reiteran a necesidade da posta en funcionamento deste agardado servizo, que se esperaba que estivese en marcha para finais de 2019 e que agora se atopa máis preto co proceso de presentación de ofertas.

powered by social2s

Debido aos traballos de limpeza anual do depósito de auga potable do servizo de abastecemento do Concello de Negreira, infórmase que o xoves día 13 de febreiro, dende as 23:00 horas, ata as 6:00 horas do venres 14 de febreiro, producirase un corte no fornezo de auga da traída municipal que afectará a toda a rede de Negreira, a cal considerarase en presión a tódolos efectos.

 

Para calquera consulta pódese chamar aos seguintes números de teléfono do Servizo Municipal de Augas:

 

* 626 986 941

* 981 881 569

powered by social2s