Con motivo da próxima celebración das Eleccións a Cortes Xerais 2016, a celebrar o día 26 de xuño de 2016, procede a realización das tarefas necesarias para que o Censo Electoral se axuste á realidade, consonte ó disposto pola lexislación vixente.

A tal fin, se sinala como prazo de exposición pública das listas do Censo Electoral o comprendido entre o 9 e o 16 de maio próximo, ámbolos dous días inclusive.

A consulta e eventual reclamación contra as referidas listas efectuaranse na  Secretaría Xeral do Concello de luns a venres en horario de 8:00 horas ata 15:00 horas.

Para calquer aclaración ou información adicional sobre o particular, pódese comunicar telefónicamente cos números 981 21 74 39/ 981 21 74 26 e  901 101 900.

powered by social2s

Arredor dunhas setecentas persoas participan este sábado 7 de maio, no XXI Encontro dos Maiores que promove o Concello de Negreira, baixo unha gran carpa instalada no Campo da Feira, e cuxos actos comezarán cun concerto da Banda Ateneo de Negreira, baixo a dirección de Raúl Martín Niñerola, a partir das 13.15 horas, continuando cunha misa que se celebrará na Capela do Cotón. Acto seguido, comezará o xantar de confraternidade.

 

Ao longo da tarde contarase coa animación musical do dúo Meigas do Son, quenes amenizarán o baile dos participantes, ao tempo que haberá un recoñecemento para as dúas persoas (muller e home), de maior idade participantes.

Como tódolos anos haberá un servizo de buses que percorrerán as distintas zonas do concello para recoller aos participantes nos lugares de costume, para unha vez rematado o encontro regresar de volta. É requisito imprescindible que cada veciño/a presente o convite no momento de acceder á carpa.

powered by social2s

A Unidade Móbil de Inspección Técnica de Vehículos Agrícolas desplazarase ao concello de Negreira nas seguintes datas:

 

1 – Do 27 ó 28 de xuño, no campo da festa de Pesadoira, na parroquia de Alvite.

2 – Do 29 de xuño ó 1 de xullo, no campo da feira de Negreira.

O horario de atención será de 09:00 a 13:30 horas, e de 15.15 a 18:00 horas, agás o día 1 de xullo que será o horario só de mañá.

Para solicitar cita previa, pódese chamar por teléfono ó 902 30 90 00, ou ben a través da web: www.sycitv.com, no apartado de cita previa.

NOTA: A admisión de vehículos con características particulares estará condicionada á posibilidade de realizar as operacións de inspección regulamentarias.

powered by social2s

O Concello de Negreira brindoulle hoxe unha recepción oficial a Óscar Quintana Lourido, o Mellor Camareiro do Ano 2016 en España, ao gañar a final deste certame no Salón ‪‎Alimentaria, o pasado 28 de abril, en ‪‎Barcelona.

 

Óscar, natural da aldea de Bellalta, na parroquia de Liñaio, séntese orgulloso dos seus inicios e, aceptou este convite para no seu día libre como xefe de sala no restaurante Culler de Pau, cunha estrela Michelín, no Grove, achegarse a Negreira, onde foi felicitado polo alcalde, Jorge Tuñas Caamaño, e mailo concelleiro de Obras, Urbanismo, Parques e Xardíns, entregándolle unha figura polos éxitos na súa dilatada carreira como profesional do sector da restauración, especializado na atención ó cliente na sala. Todo un recoñecemento para quen demostrou selo mellor en tres elementos básicos que debían demostrar os catro aspirantes: Coñecemento do sector; destreza técnica e habilidades de comunicación.

Óscar Quintana achegouse tamén aos estudos de Radio Negreira para falárnos da súa recente conquista no concurso Mejor Camarero do Ano 2016, e onde destacou da súa profesión, especialmente «a capacidade de transmitir felicidade e de mostrar os grandes valores da arte do servizo; a xenerosidade, a hospitalidade, a amabilidade, a cultura do detalle, o sorprender ao cliente e o facer que se senta especial e único».

O concurso Camarero del Año é unha iniciativa que pretende poñer en valor e mostrar non só as destrezas dos profesionais, senón tamén «ese valor engadido adaptado ás demandas do mercado actual que aporta o profesional», segundo él mesmo salientou na entrevista ofrecida á emisora municipal. 

powered by social2s

O Concello de Negreira programa un concerto do grupo de cámara Minuetto, co gallo da festividade das Letras Galegas 2016 mediante unha actuación que terá lugar na Praza do Concello, o vindeiro 17 de maio, a partir das 13:00 horas.

 

Devandita actuación vai a incluir unha lectura de poemas do poeta barcalés, Xosé M. López Ardeiro, entre peza e peza musical, polo que faise un chamamento a todos aqueles que queirades participar coa lectura de poemas seus, a que o comuniquédes previamente na Delegación de Cultura, na primeira pranta da Casa da Cultura, ou ben chamando ao número de teléfono: 981 885 886.

A iniciativa trata así, de apoiar o acordo plenario da Corporación Municipal de Negreira para a candidatura das Letras Galegas 2017 adicadas ó poeta Ardeiro, solicitude que o Concello de Negreira debe trasladar ó plenario da Real Academia Galega.

Banda Ateneo

As actividades das Letras Galegas 2016 en Negreira terán a súa continuidade, o sábado día 21 de maio, cun concerto especial da Banda Ateneo de Negreira, ás 20:00 horas, no Auditorio de Negreira, interpretando música de Andrés Álvarez, Simón García, Alejandro Montes e Raúl Martín Niñerola, director da Banda.

powered by social2s