Seguindo a tradición de cada Nadal en Negreira, este sábado 24 de decembro imos a ascender ao cumio do monte da Pena e poñer alí, un belén navideño. Trátase dun roteiro de sendeirismo de 10 quilómetros de nivel de dificultade media, aproveitando a ruta xacobea do Camiño de Fisterra ata a parroquia de San Mamede de A Pena.

 

Toda a xente interesada pódese anotar na Delegación de Cultura e Deportes, ou chamando ao número de teléfono: 981 885 886 ata este venres 23. Darémola saída ás 9:30 horas dende o Campo dá Feira e, haberá avituallamento. O regreso á vila de Negreira farase en autobús, unha vez descendido o cumio da Pena.

 

+ Nadal

 

Seguen as actividades do Nadal en Negreira. Este xoves 22 tes a oportunidade de participar no Maratón Solidario de Bike, na Piscina Municipal de Pedra Mámoa, a partir das cinco da tarde. Podes anotarte na zona de recepción, ao igual ca o venres pola tarde se queredes participar no Maratón Solidario de Zumba Kids (17:00 h) e Pilates (18:00 e 19:00 h).

 

E se vos gusta o xadrez, tamén temos un torneo este venres 23 pola tarde, de 19 a 21 horas na Casa da Cultura. Infórmate no: 633 447 674. O venres pola mañá tamén terémola visita de Papá Noel ás instalacións da Escola Infantil Municipal, a partir das 11:30 horas.

 

Para o luns 26 haberá a proxección dunha película de Nadal, ás 18:00 horas no Auditorio do Centro Sociocultural e, o martes 27 será a quenda para o teatro. A Escola Municipal ofrece varias actuacións no Auditorio, a partir das 18:00 horas.

powered by social2s

Este domingo celébrase a vixésimo sexta edición do Gran Festival do Nadal, en Negreira, baixo a dirección de Manuel Figueira e a organización conxunta do Concello e maila Sociedadde Cultural e Folclórica Veiga do Cotón, cuxo inicio está fixado para as seis da tarde no Auditorio do Centro Sociocultural.

 

Trátase dunha das citas máis carismáticas da programación de Nadalo, a cal conta coa participación desinteresada de asociacións, clubes, escolas municipais e artistas quenes mostrarán as súas habilidades enriba do escenario. A entrada é de balde, até compretar o aforo existente.

 

Este vai sela orde de actuacións:

1)   Banda Ateneo Musical de Negreira, con Xota Feiticeira, Pepa e Muiñeira de Chantada, coa dirección de Raúl Martín Niñerola.

2)   Escola Municipal de Baile Galego, con Muiñeira Redonda e Danza das patelas.

3)   Academia English Wonderland de Negreira, con Happy Christmas, coa dirección de Susana Salvante.

4)   Club kárate Akai Ryu, cunha exhibición de catas, coa dirección de Ainhoa Rodríguez.

5)   Escola Municipal de Pandeireta, con Chiqui Chiqui de Lourido, coa dirección de Sonia Nieto.

 

Entrega de agasallos aos grupos participantes

 

6)   Break Dance con Vella Escola, de Noia. 1º pase. Dirixe Raúl Asensi.

7)   Alejandro García (pianista), con Minueto de Sonata KV 282 e Nocturno Opus 72.

8)   Escola Municipal de Ximnasia Rítmica, coa actuación de Valería Torreira, campiona galega de conxunto 2016 en categoría infantil promoción e, de Alba Varela, campiona provincial e cuarta no Campionato Galego 2016. Dirixe María Fernández.

9)   Grupo de Danzas Tradicionais Veiga do Cotón, con Muiñeira carballesa e Muiñeira de Zas.

10)  Break Dance con Vella Escola, de Noia. 2º pase.

 

powered by social2s

Os Servizos Sociais do Concello de Negreira informan dos requisitos para participar no Programa de Termalismo Social do Imserso no vindeiro ano. O desenvolvemento do programa efectuarase durante o período comprendido entre o mes de febreiro e decembro de 2017.

 

Normativa:

·                         Orde SSI/1688/2015, de 30 de xullo, pola que se regula o Programa de Termalismo do Instituto de Maiores e Servizos Sociais. (BOE nº 190 do 10/08/2015). Novidades da nova Orde

 

·                         Resolución de 5 de diciembre de 2016, do Instituto de Maiores e Servizos Sociais, pola que se convocan prazas no Programa de Termalismo para pensionistas. (BOE nº 300 de 13/12/2016)

 

Requisitos das/dos usuarias/os

 

1. Poderán participar no Programa de Termalismo, as personas residentes en España, que reúnan algún dos seguintes requisitos:

a.      Ser pensionista de xubilación ou incapacidade permanente do Sistema de Seguridade Social español.

b.      Ser pensionista de viuvedade con cincuenta e cinco ou máis anos de idade do Sistema de Seguridade Social español.

c.       Ser pensionista por outros conceptos ou perceptor de prestacións ou subsidios de desemprego, con sesenta ou máis anos de idade do Sistema de Seguridade Social español.

d.      Ser asegurado ou beneficiario do Sistema da Seguridade Social español, con sesenta e cinco ou máis anos de idade.

2. As persoas usuarias de praza deben reunir os seguintes requisitos:

a.      Non padecer alteracións de comportamento que poidan alterar a normal convivencia nos establecementos, ni padecer enfermidade transmisible con risco de contaxio.

b.      Poder valerse por si mesmo para as actividades da vida diaria.

c.       Precisar os tratamentos termais solicitados e carecer de contraindicación médica para a recepción dos mesmos.

d.      Acadar, de conformidade coa baremación establecida, a puntuación que lle permita acceder a un dos balnearios e quendas solicitadas. Ponderaranse as seguintes variables:

o                        Grao de necesidade de recibir os tratamentos termais.

o                        Situación económica dos solicitantes.

o                        Idade dos solicitantes.

o                        Que non disfrutara da praza en anos anteriores.

o                        Se o/a solicitante e membro dunha familia numerosa.

o                        Outras circunstancias excepcionais non contempladas nas variables anteriores.

3. Igualmente, poderán participar no programa as persoas de nacionalidade española, que residan no estranxeiro, sempre que perciban unha pensión do Sistema de Seguridade Social español e conten coa idade exixida no parágrafo 1 anterior, ou sexan asegurados ou beneficiarios do Sistema da Seguridade Social, con idade igual ou superior a 65 anos, e  en todos os supostos, reúnan o resto dos requisitos exixidos ás persoas usuarias no parágrafo 2 anterior.

4. Tamén poderán ser adxudicatarios das prazas, como acompañante, o cónxuxe ou a parella de feito ou persoa coa que se constitúe unha unión estable e de convivencia con análoga relación de afectividade á conxugal, sen necesidade de que estes reúnan algún dos requisitos exixidos no parágrafo 1 e, en todo caso, cumprindo os requisitos previstos no parágrafo 2.

Asimesmo, poderán ser adxudicatarios de praza, os fillos con discapacidade, en grao igual ou superior ao 45 %, sempre que a quenda o disfruten cos seus pais e se aloxen na mesma habitación.

 

Prazas e quendas convocadas:

 

Convócanse 208.500 prazas para participar no Programa, a desenvolver nas quendas e balnearios que se relacionan no anexo I, onde tamén se especifica o tipo de tratamento termal a impartir por cada balneario, asi como o prezo a pagar polos participantes e acompañantes, por praza e quenda.

Sen perxuizo do anterior, a oferta de prazas poderá incrementarse, sen necesidade de nova convocatoria, coas que resulten dos novos contratos que formalice o Imserso no ano 2017 cos establecementos termais.

As quendas, que poderán ter unha duración de 12 días (once pernoctacións) ou de 10 días (nove pernoctacións) cada un, realizaranse en réxime de pensión completa e comprenderán desde as doce horas do día de chegada ata as doce horas do día de salida.

O desenvolvemento do programa efectuarase durante o período comprendido entre o mes de febreiro e o mes de decembro de 2017.

 

Servizos

 

·                         Aloxamento e manutención en réxime de pensión completa e en habitacións dobres de uso compartido.

·                         Tratamentos termais que comprenderán: recoñecemento médico ao ingresar no balneario; o tratamento termal que, en cada caso, prescriba o médico do balneario; o seguimento médico do tratamento con informe final.

·                         Actividades de lecer e tempo libre ofertadas gratuítamente polo balneario.

·                         Póliza colectiva de seguro turístico.

·                         Transporte por conta do balneario, nos casos que se expresan no anexo I, dende a localidade máis achegada ao balneario hasta a estación termal ao comezar a quenda e o regreso, ao rematar mesmo.

·                         En todo caso, os beneficiarios das quendas realizarán os desprazamentos aos establecementos termais, así como o de regreso aos seus domicilios, directamente polos seus propios medios.

 

Forma de pago das prazas

 

O Imserso contribuirá, mediante achega directa ao establecemento termal, ao financiamento do custe das prazas con unha achega media por praza de 170,63 euros, oscilando o seu importe entre 128,70 euros e 214,50 euros, en función do tipo de quenda e o seu mes de desenvolvemento.

As persoas usuarias, e no seu caso os acompañantes, abonarán o custe das plazas da seguinte forma:

1.      Con antelación á súa incorporación no balneario e nos  prazos que se determinen na notificación de concesión de praza, abonarán, en concepto de gastos por reserva de plaza, 40 euros, por praza adxudicada.

2.      A diferencia entre o custe da praza e a cantidad abonada en concepto de reserva, ao ingreso no establecemento termal.

 

Documentación:

 

Se a temporada pasada a persoa solicitou praza e reunía os requisitos para participar no programa, o IMSERSO remitiralle por correo un modelo simplificado para a renovación da súa solicitude.

Se accede por primeira vez ao Programa ou volve a solicitalo logo de non telo feito no ano 2015, deberá formalizar nova solicitude e informe médico:

·                         Solicitude. A Declaración sobre o estado de saúde efectúaa o propio solicitante e, no seu caso o seu cónxuxe. Non precisa ir ao médico para que a cumprimente.

 

Lugar de presentación:

 

Cumplimentación telemática da solicitude. Consulta de trámites

·                         Servizos Sociais Comunitarios

·                         Centros dependentes da Consellería de Politica Social (centros sociocomunitarios, clubes da terceira idade, etc.)

·                         Xefaturas Territoriais da Consellería de Política Social

 

Prazo de presentación:

 

Para participar no proceso de adxudicación de praza:

1.      Para as quendas dos meses de febreiro a agosto, ambos inclusive: ate o día 13 de xaneiro de 2017

2.      Para as quendas dos meses de setembro a decembro: ate o día 12 de maio de 2017.

Para a súa inclusión na Lista de Agarda de prazas, para cubrir as prazas que vaian quedando vacantes por renuncias ou outras circunstancias:

1.      Para as quendas dos meses de febreiro a agosto, ambos inclusive: ate o día 12 de maio de 2017.

2.      Para as quendas dos meses de setembro a decembro: ate o día 31 de outubro de 2017.

Sen perxuízo de que as persoas solicitantes poidan formular a súa solicitude nos prazos e termos establecidos anteriormente, coa finalidade de simplificar trámites, remitiranse comunicacións singulares a todas as persoas solicitantes que, reunindo os requisitos da convocatoria do ano 2016, os seus expedientes estén completos.

 

Máis información:

 

·                         Balnearios participantes 2017

·                         Folleto informativo

·                         Web IMSERSO 

·                         Teléfonos: 901 109 899 / 900 406 080

 

 

powered by social2s

O debuxo elaborado polos nenos e nenas da clase de 3 anos C de Infantil, do Colexio O Coto, é o gañador do Concurso de Cartaces do Nadal que servirá para anunciar a programación navideña e felicitar as festas no Concello de Negreira.

 

 

Nosa noraboa a todos eles e a súa profesora polo traballo realizado, cuxo premio consiste nun vale agasallo por valor de 100 euros para cambiar en comercios de Negreira. Este galardón vailles ser entregado na tarde do día 5 de xaneiro durante a celebración da Gran Cabalgada dos Reis Magos, na recepción que as súas Maxestades ofrecerán aos nenos e nenas do noso concello, no Pavillón do CEIP O Coto. 

powered by social2s

A Asociación Deportivo-Cultural Bttavernas, coa colaboración do Concello de Negreira, promove por segundo ano consecutivo unha quedada solidaria este sábado, a partir das 10.00 horas e con saída dende o Instituto Xulián Magariños. A actividade, non competitiva, constará de dúas rutas: unha corta de 22 quilómetros de dificultade media e, outra de 28 quilómetros de maior dificultade. Van transitar por camiños do monte de Bergando ata Pontemaceira, onde haberá un avituallamento, para logo emprender o regreso cara Negreira.

 

Jorge Fernández Cobas, presidente da directiva da asociación Bttavernas, sinalaba para Radio Negreira que este sábado confían en superar os 80 participantes da pasada edición, velai que fan un chamamento solidario para quenes queiran sumarse a unha iniciativa mediante a cal non hai inscrición económica, senón que débese entregar un quilo de alimentos non perecedeiros a modo de inscrición. Toda a axuda recada vai destiñada ás familias de Negreira con precariedade económica, entregándoselle aos Servizos Sociais Comunitarios para o seu reparto final.

 

As persoas interesadas deben anotarse na seguinte ligazón www.bttavernasnegreira.blogspot.com

powered by social2s