doa0504172.jpgAxencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS), fai un chamamento especial para doar sangue do grupo sanguíneo A negativo (A-), xa que as reservas están baixas, en vésperas das vacacións de Semana Santa. As reservas de Cero positivo (0+), Cero negativo (0-), e A positivo (A+), están en niveis normais, segundo informa ADOS.

 

Co fin de facilitar as doazóns de sangue, a Axencia de Doazón de Órganos e Sangue despraza este xoves 6 de abril a Negreira, unha unidade móvil que permanecerá nas inmediacións do Centro de Saúde, en horario de 10 a 14, e de 16 a 21 horas.

 

Lembramos que para doar sangue é necesario almorzar, e despois de xantar agardar 2 horas. En Galicia precisamos 500 doazóns cada día.

 

#Súmatedoasangue

powered by social2s

inform_clausura1.jpgO Servizo de Voluntariado Social do Concello de Negreira vén de clausurar o seu Obradoiro anual de informática para adultos que foi impartido ao longo dos últimos meses nas dependencias da Casa da Cultura, a cargo dos voluntarios, José Ángel Nouche e Alicia Varela, ésta última, alumna do Ciclo Superior de Sistemas Informáticos en Rede, do IES Xulián Magariños.

 

O alcalde, Jorge Tuñas Caamaño, xunto co director do instituto, Adelino Pose Reino, e maila técnica do Voluntariado Social, Laura Plata, encargáronse da entrega de diplomas a tódolos asistentes a este periodo de formación que se prolongou dende o pasado mes de setembro.

 

inform_clausura2.jpg

powered by social2s

mamatrabajo4.jpgA Xunta abre o prazo de solicitude da prestación económica de pagamento único por fillas e fillos menores de 3 anos. A orde do 24 de marzo de 2017 pola que se establecen e regulan as bases ten por obxecto establecer as bases e convocatoria para a concesión da prestación familiar.

 

Devandita convocatoria ten aberto o prazo de solicitude dende hoxe día 4 de abril até o 29 de maio, ambos os dous incluídos, nos Servizos Sociais Comunitarios, na Casa do Concello.

 

Contía da axuda

 

A prestación consistirá nun pagamento único por cada filla ou fillo menor de tres anos sen que a mesma filla ou fillo poida dar lugar a máis dunha prestación en virtude desta convocatoria.

 

A contía será a seguinte:

•       Cando sexa a primeira filla ou fillo: 360 euros.

•       Cando sexa a segunda filla ou fillo: 1.200 euros.

•       Cando sexa a terceira ou terceiro e sucesivos: 2.400 euros.

 

Máis información aquí.

powered by social2s

guarderia3.jpgO Concello de Negreira ten aberto o prazo para a renovación de matrícula e de solicitude de novo ingreso, de nenos e nenas de 0 a 3 anos, na Escola Infantil Municipal para o curso 2017-2018.

 

O prazo de renovación e solicitudes de novo ingreso vai dende o día 1 ó 30 de abril, debéndose presentar as solicitudes no Rexistro Xeral, na Casa do Concello, en horario de 9 a 14 horas.

 

A documentación necesaria pódese consultar no seguinte Bando da Alcaldía.

 

powered by social2s

Fase Final Comarcal de fútbol sala 2017.jpgO Pavillón Municipal de Pedra Mámoa acolleu a Fase Final Comarcal da Liga Escola Barcala-Xallas-Muros, de onde sairon os tres equipos que participarán na Fase Final Intercomarcal do programa Xogade, a celebrarse no 29 de abril, e con Negreira de novo como sé, nos pavillóns de Pedra Mámoa e o de San Vicente, no veciño Concello da Baña.

 

En categoría Alevín, o equipo do Negreira B resultou campión ao vencer na final 7-2 ao conxunto de Brión B, logo de superar en semifinais 1-3 ó Negreira A. Os de Brión pasaron á final tras impoñerse na tanda de penaltis ao Santa Comba tralo 3-3.

 Alevíns.jpg

                               

En categoría Infantil, a vitoria na final correspondeu ao equipo de Brión 6-3 sobre o Mazaricos.

                        

 Infantil Brión.jpg

 

Na categoría Benxamín, resultou vencedor o equipo da Escola Deportiva Os Miúdos, de Muros, logo gañar na final por un axustado 4-3 a Brión, quenes en semifinais deron a sorpresa ao derrotar nos penaltis ó equipo de Negreira tralo empate a dous goles no marcador. Na outra semifinal, venceu Os Miúdos 7-1 a Mazaricos.

 

                           Os Miúdos.jpg

 

En canto á categoría Prebenxamín, categoría que non participa na Fase Final Intercomarcal, non chegou a xogarse pola incomparecencia do equipo do Concello de Santa Comba que debía disputar a final da tarde ante o equipo de Negreira. Finalmente, xogou un amigable entre os dous equipos da Escola Deportiva co resultado final de 4-1 para o Negreira A.

 

                                 Prebenxamín.jpg

 

Entrega de premios

 

Ao remate da xornada que contou cun gran ambiente nas bancadas de Pedra Mámoa, entregáronse os trofeos por parte do alcalde de Negreira, Jorge Tuñas Caamaño; o concelleiro de Deportes e Xuventude, José Daniel Casal Leis; a concelleira de Educación e Servizos Sociais, María Jesús Veiga Hortas, e maila concelleira de Emprego, Muller, Agricultura e Medio Ambiente, María del Mar García Vidal. 

powered by social2s