Posúe nove núcleos de poboación: Bellalta, Curuxido, Liñaio, Maio Grande, Maio Pequeno, Pontevedra, Reibó, Trece e Vilar. Ten montes coma o Bellalta e o Millar de 400 m . de altitude. E o río Tambre e dous dos seus afluentes: o río Pequeno e o Corzán atravesan a parroquia. Dous significativos templos sonche dignos de visitar nesta terra; un o da aldea de Pontevedra coñecido coma a capela de O Bo Suceso e o outro é a igrexa parroquial, que garda no seu interior unha cruz de prata do orfebre compostelán Sebastián Filipe fechada entre os anos 1581 y 1584. A parroquia tamén posúe restos prehistóricos coma unha mámoa de tres grandes pedras. E a antiga ponte chamado de Ons, intimamente relacionada coa lenda xacobea, conservouse sobre o río Tambre ata o século XVII no que foi substituído por un novo mais seguro.