Posúe cinco núcleos de poboación: Abeanca, A Barca, A Chancela de Arriba, Fontán e Logrosa. Regan estas terras o río Tambre e o seu afluente o río Barcala. Na Chancela estaban colocadas dúas estatuas indíxenas de granito procedentes do castro de Negreira e dúas aras adicadas a Xúpiter que actualmente se encontran entre os fondos do Instituto de Estudos Galegos Pai Sarmiento.