Posúe cinco núcleos de poboación: Alvite, Niñavelle, Pedreiras, Pesadoira e Santo Tomé. Limitada polas montañas a parroquia ocupa o val do río Donas. A súa poboación dedicada a agricultura e a industria madeireira emigrou masivamente a Sudamérica e Centro Europa.