Vella

 

O venres día 7 haberá no Parque do Coto unha mostra da mellor cultura urbana a nivel deportivo, artístico e musical. Dende as 12:00 e ata á 01:00, haberá mostras de graffitis e obradoiros de parkour, skate, street football, así coma sesións de DJs e espectáculos levados a cabo por profesionais. Ademais, terá lugar a obra de teatro "C'est pas possible", pensada para un público infantil.

 

A xornada rematará cos concertos de Opera Breaks, un conxunto que mestura ópera, rap e breakdance, Granjahr Family, de estilo reggae, e Fo Records, un grupo de trap nicrariense.
Todas as actividades serán levadas a cabo en distintas zonas do parque e con aforo limitado, seguindo as normas sanitarias vixentes. Será obrigatorio o uso de máscara, e todos os aparellos necesarios para os obradoiros serán desinfectados despois de cada uso.


HORARIO


12:00 a 15:00 - Mostra de graffitis
17:00 - Parkour Park, Skate Park, Street Football
17:00 a 18:30 - Sesión DJ, Show Scratch
16:30 a 20:00 - Parkour, Breakdance, Beatbox, DJ
20:00 - Espectáculo infantil "C'est pas possible"
21:15 - Ópera Break´s
23:00 – Concertos dos grupos Granjahr Family e Fo Records

 

horarios wakau 2020

powered by social2s

foto proclamacion ponte maceira 2020

O acto oficial celebrado o pasado sábado 1 de agosto estivo presidido polo alcalde de Negreira, Manuel Ángel Leis Míguez e mailo presidente da Asociación “Los Pueblos más bonitos de España”, Francisco Mestre Acosta, quenes destaparon o cartel que acredita que o núcleo de A Ponte Maceira é un dos pobos máis bonitos de España, incorporándose este 2020 a esta prestixiosa rede.

 

Este acto contou coa participación do deputado provincial responsábel da área de promoción económica, Blas García Piñeir; o alcalde do Concello de Ames, José Miñones Conde; o alcalde da Baña, José Antonio Pereira Gil; a alcaldesa de Mondoñedo, Elena Candia López e o secretario xeral de Política Lingüística, en representación da Consellería de Cultura, Valentín García Gómez.

 

Trala súa inclusión na rede o pasado mes de xaneiro, o acto de proclamación tivera que ser adiado por mor da pandemia ata a primeira fin de semana de agosto. Ademáis das intervención das autoridades e destapada do cartaz, o acto tamén contou coa música do grupo de gaitas "Jaitas Blue" de Noia e o cuarteto de arpas "Lula vai".

 

A velada rematou cunha tirada de fogos de artificio, nunha fermosa e máxica noite de lúa chea coa ponte iluminada vestindo as súas mellores galas para a ocasión.

 

A Ponte Maceira convértese desta maneira no terceiro pobo de Galicia en recibir tal recoñecemento e, o primeiro na provincia da Coruña.

 

Enlace a galería de imaxes

powered by social2s

ardeiro29072020

O poeta noiés Manuel López Rodríguez, gañador do VIII Certame de Poesía "Xosé M. López Ardeiro", recollía o pasado luns no Auditorio da Casa da Cultura de Negreira os 300 exemplares que formaban parte do premio do certame do que resultou gañador co poemario "Desde onde non nace".

 

O acto tivo lugar coa presencia do propio gañador e mailo alcalde Manuel Ángel Leis Míguez así como o secretario xeral de Políticas Culturais, Anxo Manuel Lorenzo Suárez, cuxo departamento colabora coa organización do certame de poesía na súa promoción e coa edición do poemario.

 

O acto foi conducido por Xosé Antonio Ponte Far, membro do xurado, quen tamén fixo a presentación do “IX Certame de Poesía Xosé M. López Ardeiro” que ao igual que en anteriores edicións, será publicado por parte da Xunta de Galicia, a través da Dirección Xeral de Políticas Culturais, facéndolle entrega dun lote de exemplares ao autor ou autora, ademais dun premio en metálico de 700 euros. Haberá tamén un segundo premio que constará de 300 euros.

 

Os traballos, escritos en lingua galega, deberán ser orixinais e inéditos e cunha extensión mínima de 350 versos e máxima de 700. Cada persoa poderá participar cunha única obra, e para iso deberá presentar unha copia impresa e outra dixital na Delegación de Cultura e Deportes do Concello de Negreira.

 

O prazo para participar xa está aberto e esténdese até o 7 de decembro de 2020. A entrega de premios será o día 18 dese mesmo mes, coincidindo co 13º aniversario do pasamento do poeta de Logrosa, Xosé Manuel López Ardeiro.

 

Cartel IX Certame de Poesia X. Manuel Lopez Ardeiro

Triptico exterior IX Certame de Poesia X. Manuel Lopez Ardeiro

Triptico interior IX Certame de Poesia X. Manuel Lopez Ardeiro

powered by social2s

Tambre2020

Os concellos de Negreira, A Baña e Val do Dubra organizan por segundo ano consecutivo o Verán no Tambre, un programa con tres rutas de sendeirismo nas proximidades do río Tambre, coas que se visitarán paisaxes únicas e enclaves singulares que forman parte da historia da zona.

 

O 8 de agosto, xuntarémonos na praza da feira de Negreira para percorrer a coñecida Ruta dos tres Pazos, con 15,5 Km circulares, pasando polo paseo fluvial do río Barcala, o refuxio de Covas, o monte Bergando, a eterna Ponte Maceira e os tres grandes pazos que hai no concello: o do Cotón, o de Baladrón e o de Albariña, todos eles a pouca distancia do Tambre

.
O 29 de agosto, partiremos da área recreativa de Fiopáns (A Baña) para facer a Ruta da Ribeira do Tambre cos seus 11 Km entre ida e volta. Subindo o río ao deixarmos atrás o Portalaxe coas súas pontellas, percorreremos camiños de pescadores e de labregos, e deixarémonos levar por un inmenso bosque de galería con carballos centenarios (como o de Cancelos) e muíños que contribuíron a escribir a nosa historia.


O 5 de setembro achegámono á Ruta do Remuíño, con 13 Km entre ida e volta; partimos do colexio de Portomouro (Val do Dubra), para subir río arriba pasando a impoñente ponte de Portomouro, a pequena aldea abandonada de As Novais e os restos da súa vella capela, bosques autóctonos e a histórica fábrica do Remuíño, pioneira desta zona na transformación da enerxía hidráulica en electricidade a mediados do S. XX.


As saídas serán ás 09:00 e cómpre inscribirse previamente no número de teléfono 650 796 956 para calquera das tres rutas.


Debido á situación sanitaria actual, haberá prazas limitadas, e cada persoa poderá inscribir un máximo de 4 persoas.


É imprescindible o uso de máscara e seguir as recomendacións sanitarias vixentes.

 

Attachments:
Download this file (Tambre2020.jpg)Cartel Tambre 2020
powered by social2s

obradoiros emprego

O Concello de Negreira será o promotor do “Programa de Emprego Mocidade 2020” xunto cos Concellos da Baña, Santa Comba e Val do Dubra.

 

Contase coa colaboración da Consellería de Economía, Emprego e Industria para a realización dun programa dirixido ás persoas mozas incluídas no ficheiro do Sistema Nacional de Garantía Xuvenil, con 16 prazas distribuídas nas seguintes área formativas; Fábrica de Albanelería, e Actividades Auxiliares en Viveiros, Xardíns e Centros de Xardinería, con 8 prazas para cada especialidade.

 

Este programa de emprego terá unha duración de 1 ano e a preselección tanto do persoal docente como de participantes farase na Oficina de Emprego Santiago Norte, onde serán preseleccionados aqueles que xa están inscritos no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil e que  demanden algún dos seguintes servizos; Escolas Taller, Casa de Oficios, Taller de Emprego, e outros programas de emprego formación dual.

 

Quen aínda non estea inscrito poderá facelo dirixíndose a citada oficina, e pedindo cita previa no seguinte link; https://emprego.xunta.es/citaprevia

 

A tramitación da oferta realizarase na maior brevidade posible, xa que a previsión de inicio será a mediados de setembro.

 

Para máis información a cerca deste proceso poden poñerse en contacto coas oficinas de emprego de cada Concello participante.

Concello de Negreira: 881 03 51 50
Concello de Val do Dubra: 981 88 90 00
Concello da Baña: 981 88 67 77
Concello de Santa Comba: 981 88 00 75

 

powered by social2s