Dous equipos do IES Xulián Magariños participan este sábado no Pazo da Cultura, de Pontevedra, na Fase de Zona da presente edición do Club de Debate, unha actividade financiada polos nove concellos participantes, entre eles o Concello de Negreira que financia os gastos de desprazamento do alumnado, coordinadores e familiares.

 

Na organización e celebración do Club de Debate para este curso colaboran nove concellos: Negreira; Ames; Santiago; Pontevedra; Oleiros; Ferrol; Rois; Teo e Carballo, a través do Servizos de Normalización Lingüística, e que se dividen en tres zonas con fases de zona previas á final.

 

Nesta semifinal participan nove equipos, de 3º e 4º de ESO e de 1º de Bacharelato. Son o IES Luís Seoane, o IES Torrente Ballester, o IES Sánchez Cantón, o IES de Ponte Caldelas e mailo colexio San Narciso, de Marín, todos eles de Pontevedra, así como o CPPI Os Dices, de Rois e o CPI Eusebio Lorenzo Baleirón, de Dodro, quenes participan con cadanseu equipo, mentres que o Xulián Magariños faino con dous equipos. Clasifícanse para a Final de Santiago de Compostela (6 de maio), os dous primeros.O tema a debate é: ¨Debemos acoller as persoas refuxiadas¨, que cada equipo deberá defender a favor, pero tamén en contra. Os dous equipos do IES Xulián Magariños están coordinados polas profesoras María Blanco e Ana Barrientos, contando tamén coa colaboración de nais como María José Carballo.

 

 

Este xoves estiveron no programa O Faladoiro, de Radio Negreira (107.0 FM), unha representación dos estudantes participantes xunto coa súa coordinadora, María Blanco. No seguinte enlace podedes escoitala entrevista. PULSA AQUÍ.

powered by social2s